G5031224 - Ética I (Ética) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
- Áreas: Filosofía Moral
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura e o comentario de textos filosóficos.
3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.
ContidosRESUMO
A materia está centrada en dous modelos éticos paradigmáticos, Aristóteles e Kant, con vixencia e proxección na filosofía moral contemporánea.
TEMARIO
I.- A ética de Aristóteles
1.- Ética e Política
2.- Ética, Dereito e Política
3.- O ben do individuo
4.- A felicidade do ser humano
5.- A felicidade, os bens e a virtude
6.- Virtude e acción
7.- Acción: voluntariedade e involuntariedade
8.- Virtudes éticas e dianoéticas
9.- Prudencia e sabedoría
10.- Felicidade, sabedoría, xustiza
11.- Xustiza: virtude e canons
12.- A amizade
II. A ética de Kant
1.- Formalismo e apriorismo
2.- A boa vontade
3.- O deber
4.- Os imperativos
5.- O imperativo categórico I (da universalidade da lei)
6.- O imperativo categórico II (da dignidade da persoa)
7.- Autonomía e heteronomía
8.- Liberdade e necesidade
9.- Os postulados da razón práctica
10.- A razón práctica
III. Outras referencias paradigmáticas
Bibliografía básica e complementaria1. Bibliografía básica
Aristóteles: Ética a Nicómaco. Madrid, ed. Centro de Estudios Constitucionales, 1985 (1949).
Aristóteles: Ética a Nicômacos. Brasília, ed. Universidade de Brasília, 1984.
Kant, I.: Fundamentación de la metafísica de las costumbres. Barcelona, Ariel, 1996.
Kant, I.: Fundamentação da Metafísica dos Costumes. Lisboa, Edições 70, 1988.
2. Bibliografía complementaria
CAMPS, V. (ed.): Historia de la ética. 1, De los griegos al Renacimiento. Barcelona, Crítica, 1988
CAMPS, V. (ed.): Historia de la ética. 2, La ética moderna. Barcelona, Crítica, 1992.
CAMPS, V. (ed.): Historia de la ética. 3, La ética contemporánea. Barcelona, Crítica, 1989.
CORTINA, A, y E. MARTÍNEZ NAVARRO: Ética. Madrid, Akal, 1998 (2ª ed).
GÓMEZ, C. y J. MUGUERZA (eds.): La aventura de la moralidad: Paradigmas, fronteras y problemas de la ética. Madrid, Alianza, 2007
GÓMEZ-HERAS, J. M.: Teorías de la moralidad: introducción a la ética comparada. Madrid, Síntesis, 2003.
HARE, R. M.: Ordenando la ética: una clasificación de las teorías éticas. Barcelona, Ariel, 1999.
HÖFFE, O.: Diccionario de ética. Barcelona, Crítica, 1994.
SINGER, P.: Compendio de Ética. Madrid, Alianza, 1995.
SOTO, Luís G.: Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles. Madrid-Barcelona-Buenos Aires, Marcial Pons, 2011.
TUGENDHAT, E.: Lecciones de ética. Barcelona, Gedisa, 2010.
Ademais, ao longo do curso, facilitarase bibliografía específica para temas e/ou cuestións concretos.
CompetenciasA) Específicas:
1.- Adquisición dos coñecementos propios da materia.
2.- Aprendizaxe das técnicas de estudo correspondentes.
3.- Desenvolvemento das capacidades de lectura, interpretación, diálogo e debate razoados e construtivos.
B) Xerais:
1.- Mellora da comunicación verbal e escrita.
2.- Desenvolvemento do sentido ético, potenciando a auto-consciencia moral e avivando a sensibilidade social ético-política.
Metodoloxía da ensinanza 1.- Docencia expositiva: explicación dos temas do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.
2.- Docencia interactiva: realización de prácticas consistentes en comentarios de temas/textos escollidos, orientados polo profesor. Habitualmente terán lugar na aula no horario fixado.
3.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.
Sistema de evaluaciónA avaliación por curso é continua e abarca a teoría (dous exames parciais) e as prácticas:
1.- Primeiro Parcial: A ética de Aristóteles. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: outubro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro).
2.- Segundo Parcial: A ética de Kant. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: novembro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro).
3.- Prácticas: pola realización de 10 comentarios, estando todos ben, poderá obterse +1; e pola de 15 comentarios ben +2. Cada comentario realizado poderá receber a cualificación global de ben (+0,1), regular (+0,05) ou mal (+0).
Os/as alunos/as suspensos/as, aqueles/as que non obteñan unha media de 5 (sumadas a teoría e as prácticas), deberán concorrer aos exames finais de xaneiro e/ou xullo. Á nota obtida nestes (de 0 a 10) será agregada a das prácticas realizadas durante o cuadrimestre (de 0 a +2) para establecer a cualificación final.
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de traballo: 150 horas (6 ECTS)
Horas presenciais semanais: 3 horas (docencia expositiva e interactiva). Aproximadamente, 45 horas no cuadrimestre.
Horas non presenciais semanais: 2 horas, recomendadas para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 30 horas no cuadrimestre.
Tempo de estudo cuadrimestral: 75 horas (traballo do/a aluno/a).
Recomendacións para o estudo da materia1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos.
2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindibelmente nas clases prácticas.
3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.