G5031225 - Lóxica elemental (Lóxica e Retórica) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
- Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA pretensión deste programa para a materia de LÓXICA ELEMENTAL concrétase nos obxectivos seguintes:
1. Alcanzar un coñecemento inicial de qué se entende por Lóxica e cal é o seu interese en xeral
2. Dominio na dedución en argumentos expresados nunha linguaxe dun sistema de dedución natural de enunciados e nunha linguaxe dun sistema de dedución natural de primeiro orde.
3. Capacidade de re-expresar a forma lóxica de expresions declarativas re-expresándoas conforme ao aparello lóxico dun linguaxe formal proposicional ou de primeiro orde.
4.Capacidade para determinar o valor semántico dunha fórmula ben formada dunha linguaxe formal dada unha semántica apropiada.
5.Capacidade para establecer unha semántica apropiada para os distintos tipos de expresións dunha linguaxe formal.
6.Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico. En particular, saber facer análise lóxico de textos filosóficos e non filosóficos.
7.Saber explicar eses coñecementos e estar en condicións de aprender a ensinalos.
8. Mellora das capacidades e destrezas argumentativas.
9. Capacidade para organizar a información, tomar decisións,expor e resolver problemas.
10. Saber ampliar e desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
Contidos1. Primeiras nocións teóricas
As nocións de consistencia e satisfacibilidade
A relación de consecuencia lóxica e a validez dos argumentos
A relación de independencia lóxica e a invalidez dos argumentos
Que é unha proba?
Palabras, ideas e cousas. Oracións, proposicións e feitos
Uso e mención; linguaxe e metalinguaxe
Sistemas lóxico-formais
Exercicios
2. Semántica e estratexias de formalización da lóxica clásica de enunciados
Introdución
Unha linguaxe formal da lóxica clásica de enunciados
Semántica para unha linguaxe da lóxica clásica de enunciados
Estratexias de formalización
Exercicios
3. Lóxica clásica de enunciados: sistemas lóxico-formais
Sistema de dedución natural para a lóxica clásica de enunciados (SDNE)
Demostración da validez:
Estratexias para a resolución de exercicios de dedución no SDNE
Demostración da invalidez:
Interpretacións e táboas semánticas
Exercicios
4. Lóxica clásica de primeira orde: semántica e estratexias de formalización
Introdución
Unha linguaxe formal (LPO*)
Algunhas nocións de teoría de conxuntos
Semántica
Estratexias de formalización
Exercicios
5. Lóxica clásica de primeira orde. Sistemas lóxico-formais
Sistema de dedución natural para a lóxica clásica de primeiro orde (SPO*)
Demostración da validez:
Estratexias para a resolución de exercicios de dedución no SPO*
Demostración da invalidez:
interpretacións, modelos e contra-modelos, táboas semánticas
Exercicios
6. Nocións de metalóxica:
Consistencia
Completud
Decidibilidade
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
(*) : Textos especialmente recomendables para o seguimento da materia.
Badesa, C., Jané, I., e Jansana, R.,(1998), Elementos de Lógica Formal, Ariel: Barcelona.
Beth, E. W., (1975) Las paradojas de la lógica, Cuadernos Teorema, Valencia.
Beth, E. W., (1955) Entrañamiento semántico y derivabilidad formal. Cuadernos Teorema, Univ. de Valencia Valencia. (Versión original: "Semantic Entailment and Formal Derivability", Mededelingen der Koninklijke Nederladse Akademie van Wetenschappen, Afd. letterkunde, n. s., vol 18, nº13, pp. 309-342.)
Bochenski, I. M., (1985) Historia de la lógica formal, Ed. Gredos, Madrid. (Versión orixinal: Formale Logik, Friburgo y Munich, 1956).
Castrillo, P., (1989) La estructura de los condicionales, UNED, Madrid.
Deaño, A.,*(1974) Introducción a la lógica formal, Alianza, Madrid.
Deaño, A., (1980) Las concepciones de la lógica, Tecnos, Madrid.
Díaz, J.A.,* (2000),Iniciación a la Lógica, Ariel, Barcelona.
Falguera, J. L. - Martínez, C., *(1999) Lógica clásica de primer orden: estrategias de deducción, formalización y evaluación semántica (2 vols.), Trotta, Madrid.
García-Trevijano, Carmen, *(1993) El arte de la lógica, Tecnos, Madrid.
Gardner, M., (1983) Paradojas, ¡ajá!, Ed. Labor, Barcelona. (Versión orixinal: Aha! Gotcha: Paradoxes to puzzle and delight)
Garrido, M.,*(1995) Lógica simbólica, Tecnos, Madrid.
Garrido, M. (Ed.) (1989) Lógica y lenguaje. Tecnos, Madrid.
Haack, S., (1982) Filosofía de las lógicas, Ed. Cátedra, Madrid. (Versión orixinal: Philosophy of Logics, 1978, Cambridge Univ. Press, Cambridge).
Huertas, A., e Manzano, M., 2004, Lógica para principiantes, Alianza Editorial, Madrid.
Kneale, W. e M., (1972) El desarrollo de la lógica, Tecnos, Madrid. (Versión orixinal The development of Logic, The Clarendon Press, Oxford, 1961).
Marraud, H. e Navarro, P.,*(1988) Sistemas deductivos tipo Gentzen, Colección Cuadernos de Apoyo, Univ. Autónoma de Madrid, Madrid.
Mates, B., (1987) Lógica matemática elemental, Tecnos, Madrid. (Versión orixinal Elementary Logic, Oxford Univ. Press, Oxford, 1965.)
Nidditch, P. H., (1987) El desarrollo de la lógica, Cátedra, Madrid.
Pérez Sedeño, E., (1991) Ejercicios de Lógica, S. XXI.
Pizarro, F., (1986) Aprender a razonar, Ed. Alhambra, Barcelona.
Quine, W. O., (1962) Los métodos de la lógica, Ariel. (Versión orixinal Methods of Logic, Rinehart and Winston, Inc., 1950).
Quine, W. O., (1972) Lógica Matemática, Revista de Occidente, Madrid. (Versión orixinal: Mathematical Logic, Harvard Univ. Press 1940).
Sagüillo, J. M. (2008): El Pensamiento Lógico-Matemático. Elementos de heurística y apodíctica demostrativa. Ediciones Akal. Madrid
Smullyan, R. M., (1981) ¿Cómo se llama este libro? o El enigma de Drácula y otros pasatiempos lógicos, Cátedra, Madrid. (Versión orixinal: What is the name of this book?, Englewood Cliffs, New York, Prentice Hall, 1978).Smullyan, R. M., (1983) ¿La dama o el tigre?, Ed. Cátedra, Madrid. (Versión orixinal: The lady or the tiger? and other puzzles, Alfred A. Knopf Inc.)
Suppes, P., *(1981) Introducción a la lógica simbólica, Ed. Continental, México. (Versión orixinal Introduction to Logic, Van Nostrand, 1957).
Tarski, A., (1951) Introducción a la lógica simbólica, Espasa Calpe, 1951.
Zalabardo, J. L., (2002) Introducción a la teoría de la lógica, Alianza editorial: Madrid.
Competencias1. Dominio na dedución de argumentos expresados na linguaxe do Sistema de Dedución Natural de Enunciados (SDNE) e do Sistema de Dedución Natural de predicados ou sistema de primeiro orde (SPO)
2. Capacidade de captación da forma lóxica de expresións declarativas reexpresándoas conforme co aparato lóxico dunha linguaxe formal (xa sexa o SDNE ou o SPO, segundo o caso).
3. Capacidade para determinar o valor semántico dunha fórmula ben formada dunha linguaxe proposicional dada unha valuación.
4. Capacidade para determinar o valor semántico dunha fórmula ben formada dunha linguaxe de primeira orde dada unha posible realización e unha asignación.
5. Ser capaz de definir unha posible realización e unha asignación na que un conxunto de fórmulas ben formadas serían verdadeiras ou falsas.
6. Capacidade de facer análise lóxica de textos filosóficos.
Metodoloxía da ensinanza A docencia desta materia consistirá en explicacións por parte da profesor nas que se tratarán os aspectos teóricos, así como a resolución de exercicios-problemas paradigmáticos, e requirirase que os/as alumnos/as matriculados/as interveñan tanto en diálogos de análise de cuestións teóricas, coma na resolución de exercicios correspondentes ás diversas partes do programa.
Sistema de evaluaciónA avaliación para a cualificación dos coñecementos adquiridos farase do seguinte xeito:
1) O 70% da nota total virá dado polas cualificacións obtidas nos 2 exames parciais sobre os contidos do programa estes exames serán eliminatorios da materia para a convocatoria de xaneiro, pero non para a de xullo. Quen non superase algún dos exames parciais antes mencionados, terá que recuperalos no exame final na data sinalada pola facultade en xaneiro. Se non os recuperase nese exame final de xaneiro, terá que presentarse en xullo con toda a materia. Na convocatoria de xullo a avaliación farase integramente a partir do exame cuxa data ten sido fixada polo decanato da facultade
2) Valorarase o traballo realizado polo alumno ao longo do cuadrimestre co 30% da nota total. Este traballo quedará plasmado na realización de pequenas probas (obrigatorios) y/ ou boletins de exercicios a realizar semanalmente. Ás correccións faranse na clase (coa colaboración dos/as alumnos/as) e por parte da profesora encargada da materia.
Tempo de estudo e traballo persoalTraballo presencial Horas do alumno/a
Clases teóricas 20
Clases prácticas 20
Actividades tutoriales 3
Exame final 2
Total 45
Traballo persoal do alumno/a
Seguimento (lecturas, documentación, etc.) 25
Preparación (lecturas,realización de exercicios) 35
Estudo 45
Total 105
Recomendacións para o estudo da materiaTraballo continuo e dende o primeiro día.
Superar a materia esixe adquirir destrezas e habilidades (saber como) e isto non se pode improvisar
.Traballar con seriedade, individualmente ou en grupo, na adquisición do aparato conceptual antes de proceder a realizar os exercicios.
Acudir á clase é fundamental.