G5031226 - Historia da Filosofía Medieval (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Analise histórico-crítico da filosofía medieval desde as suas circunstancias históricas e culturais específicas.
-Aprendizaxe de análise de textos.
-Coñecemento de recursos bibliográficos e informáticos sobre a materia.
-Manexo de fontes.
-Aprendizaxe do léxico ou terminoloxía elemental.
-Habituarse a exposicións orais de traballos de investigación sobre escritos e autores de época.
Contidos1.- Os pais gregos e a filosofía: apoloxetas, gnosticismo do século II e adversarios, a escola de Alexandría, dos capadocios a Teodoreto, de Dionisio a Xoan Damasceno
2.- Os pais latinos e a filosofía: dos apoloxistas a San Ambrosio, platonismo latino do século IV, de Boecio a Gregorio Magno, Igrexa e sociedade e cultura patrística latina.
3.- O renacemento carolinxio do século X: transmisión da cultura latina, Xoán Escoto Eríxeuna, de Heirico de Auxerre a Gerberto de Aurillac.
4.- A filosofía do século XI: dialécticos e teólogos, Roscelino e o nominalismo, Anselmo de Cantorbery, cristianismo e sociedade.
5.- A filosofía do século XII: a escola de Chartres (de Bernardo de Chartres a Xoán de Salisbury), Pedro Abelardo e adversarios, a mística especulativa, Alano de Lila e Nicolás de Amiens, o universo mental do século XII, sacerdocio e realeza e balance do século XII.
6.- As filosofías orientais; filosofía árabe (pensamento aristotélico e platónico: Alkindi, Alfarabí, os Irmans da Puereza, Avicena, Algazel, Avenpace, Abentofail, Averroes) e filosofía xudea (de Isaac Israli ate Avicebrón e Maimónides).
7.- A influencioa greco-árabe no século XIII e a fundación das Universidades: influencia greco-árabe, fundación das Universidades, literatura e filosofía.
8.- A filosofía do século XIII: de Guillermo de Alvernia a Enrique de Gante, de Alexandre de Hales a Raimundo Lulio, de Roberto Grosseteste a Juan Peckham, de Alberto Magno a Dietrich de Freiburg, de Tomás de Aquino a Xil de Roma, do peripatetismo ó averroismo, sabiduría e sociedade e balance do século XIII.
9.- A filosofía do século XIV: Duns Escoto e os realistas do século XIV, de Xacobe de Metz a Guido Terrena, Guillerme de Ockham, o movimento ockhamista, averroismo político e filosófico, misticismo especulatibo de Xoan Eckhart e a escola renana, Xoan Gersón e balance de século XIV..
10.- O paso de Idade Media ó Renacemento: retorno das Letras a Italia e a Francia, de Petrarca Robert Gaguin
Bibliografía básica e complementariaManual de referencia:
Étienne Gilson: "La filosofía en la Edad Media: desde los orígenes patrísticos hasta el fin del siglo XIV". Madrid: Gredos, versión española de Arsenio Pacios y Salvador Caballero, 1958 (1ª ed.).
Haberá na Fotocopiadora do Centro, a disposición dos alumnos, 3 dossiers, correspondentes os 3 controis.
Contaremos co apoio maxistral do Prof. César L. Raña Dafonte.
Competencias1.- Coñecer os contidos específicos da materia.
2.-Madurar na análise e comprensión de obras representativas do periodo.
3.-Familiarizarse co léxico filosófico medieval.
4.-Familiarización con traballos de investigación sobre autores de época.
5.-Exposición e defensa dos resultados de ditos traballos.
Metodoloxía da ensinanza -Clases teóricas, con exposición maxistral aberta a intervención e debate dos alumnos, e prácticas, con preparación e realización de actividades complementarias de todo tipo, desde lecturas, documentación, pesquisa, seminarios, exposicións, debates, comentarios, exerecicios, traballos de investigación.
-Seminarios complementarios: medievo e arte, medievo e ciencia, medievo e literatura, opcionais.
Sistema de evaluaciónCriterio Xeral:
Evaluación continua: asistencia e participación, actividades realizadas (exposicións, debates, comentarios, exercicios traballos, etc.), exercicios escritos.
Examen final, en caso de no superar a evaluación continua.
Haberá 3 probas parciais ou controis: 1º) Do Neoplatonismo ate Anselmo de Aosta; 2º) Do 'Renacemento do século XII ata Pedro Lombardo e Xoan de Salisbury.; 3º) filosofía dos séculos XIII e XIV. Preguntas temáticas. Haberá 3 niveles de avaliación: 1º) Moi ben; 2º) Ben; e 3º) Insuficiente.
Para aprobar, só é necesario ter un 1º) ben (nota cuantitativa: 5) ou 2º) moi ben (nota cuantitativa, b).
Para obter un notable será necesario facer un traballo sobre autor ou escola (20 folios, pero sen exposición oral), que pode ser: 1º) ben (equivale a un 7) ou 2ª moi ben (equivale a un 8, en puntuación numérica).
Para obter un sobresaínte, será necesario prresentar un traballo sobre un texto de época (20 folios, con exposición oral), que poderá ser calificado como 1º ben (equivale a un 9) ou 2º) moi ben (equivale a un 10, equivalente cuantitativo ou numérico).
Para obter Matrícula de Honra será necesario presentar un traballo de investigación, extensión 20 folios e exposición oral, das "Confesións" de S. Agostiño, Madrid: Alianza, 1990.
Os traballos serán sempre individuaís. Só podrán prresentarse durante o curso. Resérvase a nota deles para a convocatoria de Xullo, ou outras, en caso de suspenso. En caso de apreciar plaxio nos traballos de investigación (corta/pega), o alumno suspenderá a materia de forma irrevocable e informarase ó Decanato da incidencia, por se procedera apertura de Expediente disciplinario, o para que tome as medidas procedentes e que lle competen.
Tempo de estudo e traballo persoalClases teóricas 20 horas, seguimento (lecturas e documentación, etc.), 25 horas.
Clases prácticas, 20 horas; preparación, incluido traballo de investigación, 35 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaSeguir a dinámica de clase, incluindo os 10 exercicios escritos que eximen da avalidación final. Se quedara algún bloco sen superar, na avalidación complementaria podería recuperarse.
Recoméndaselle ó alumno elixa canto antes, na primeira semana de curso, o texto medieval a leer e resumir para exposición oral e traballo de investigación, consusltando sempre o seu profesor.
Recoméndase tamén que revise, como apoio, bibliografía complementarias, en especial "historias da filosofía do periodo medieval", desde Reale e Antiseri ate Ramón Rafael Guerrero. Preguntar ó profesor.
ObservaciónsO alumno debe entregar, na primeira semana de clase, a ficha correspondente, con datos actualizados, incorporando dirección electrónica se a tivese e número de móvil, ou teléfono fixo de contacto, se o tivese. Sen ficha non se pode proceder a cualificación do alumno. É un requisito formal académico imprescindible para facelo.