G5031227 - Metafísica I (Metafísica e Teoría do coñecemento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materiaIntroducción á metafísica. Reflexión sobre o seu significado e reconstrución da súa problemática a partir dalgúns textos esenciais que nos remiten a dous momentos esenciais: a) a "autocomprensión" metafísica da filosofía en Grecia; b) o compromiso metafísico da filosofía moderna.
Asumindo a nosa situación intelectual —aquela a partir da cal filosofamos— como "final" pretendemos aproximarnos ao problema da METAFÍSICA no horizonte da súa "superación".
ContidosI.- “INTRODUCIÓN”
I.1.- No punto de partida: o final. A superación da metafísica
I.2.- Metafísica e historia da filosofía. A metafísica como autocomprensión da filosofía
I.3.- A metafísica (a filosofía) como “introdución”. Pensar o final. Principio e fundamento
II.- A METAFÍSICA COMO CIENCIA DO FUNDAMENTO. SER, DEUS, RAZÓN
II.0.- O enigma do movemento. Verdade e tempo
II.1.- Ser e aparencia: a idea
II.2.- Ser e devir: a substancia
II.3.- Ser e pensar: o suxeito
III.- A METAFÍSICA COMO PROBLEMA
III.0.- Da "crítica" á "superación"
Bibliografía básica e complementariaHEIDEGGER, M.:
—Einführung in die Metaphysik, Tübingen,1975 (19531) en: GA, T. 40Trad. esp. Introducción a la Metafísica, 2. ed. Barcelona 1993.
—Nietzsche, Pfullingen, Neske,1961 (1995). Trad. esp.: Nietzsche, 2. Vols., Barcelona,2000.
—Wegmarken, en GA. T.9. Trad esp.: Hitos, Madrid,2000:
—Identität und Differenz, Pfullingen, Neske, 1957. Trad. esp. Identidad y diferencia, Barcelona 1988.
—Sein und Zeit, Tübingen, 197915, "Einleitung. Die Exposition der Frage nach dem Sinn von Sein", S. 2-40.. Trad. esp. Ser y tiempo, México, FCE, 1951, 1972, "Introducción. Explicación de la pregunta que interroga por el sentido del ser" pp. 11-50.
—Kant und das Problem der Metaphysik, Bonn, 1929; en GA, T. 3., Frankfurt a. M.1991. Trad. esp. Kant y el problema de la metafísica, Madrid 1993.
—ZUBIRI, X. Los problemas fundamentales de la metafísica occidental, Madrid, 1994.
—MARTINEZ MARZOA, F.
— Historia de la filosofía, Madrid, Istmo, 1990.
— Historia de la filosofía antigua, Akal, Madrid, Istmo, 1995.
—LEYTE COELLO, A. “Ser e tempo como "primeira filosofía"” en Ensaios sobre Heidegger, Vigo, 1995, pp. 47-132.
—LEYTE COELLO, A. Heidegger, Alianza, Madrid,
CompetenciasAs propias e inseparables do pensar filosófico (capacidade para o traballo conceptual e o discurso abstracto, capacidade analítica e de síntese, capacidade argumental, etc.) e os coñecementos básicos de filosofía que se lle supoñen consonte ao momento currricular no que se ubica a materia.
A materia non é abordable dende un punto de vista meramente "escolar". A metafísica é insaciable e omnívora. A enumeración de epígrafes que configuran os nosos intereses (literatura, bioloxía, cinema, política, música, historia, matemáticas, física, artes plásticas, etc...) é interminabe. A "competencia" básica que se require do alumno á a incapacidade para indiferencia intelectual e a disposición do que dende Aristóteles se chama "vida teorética".
Metodoloxía da ensinanza Tanto as exposicións teóricas como as clases interactivas desenvolveranse sobre a base da lectura obrigatoria de textos (fontes e literatura secundaria).
Elaboración de protocolos sobre as sesións de traballo.
A indicación do profesor resume e comentario de certos textos.
Cada unha das cuestións nucleares indicadas nos contidos poderá ser obxecto dunha elaboración por parte do alumno.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua baseada na participación nas sesións de traballo.
Exames presenciais.
Exames non presenciais: o alumno terá que desenvolver e entregar nun tempo aproximado de tres días unha composición relativa ás cuestións temáticas tratadas nas clases. Sen saírnos do marco temático deseñado polo programa, pero sen ter que repetir explicitamente nngunha fórmula do mesmo.
Trátase de comprobar a comprensión e a capacidade de elaboración das cuestións propias da materia liberado das constricións características dos exames presenciais.
O alumno deberá poder comentar na clase ou nas sesións de titoría o exercicio entregado.
A ASISTENCIA Á CLASE é inexcusable. Non serán avaliados os alumnos que non asistan a polo menos o 80% das horas lectivas.
Tempo de estudo e traballo persoalCréditos teóricos: 45 horas
Créditos prácticos: 15 horas
Traballo persoal do alumno: 90 horas
Cantidade total de traballo: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaUn intenso traballo persoal de lectura crítica e reflexión, sen o cal a materia resulta inabordable.
Participación nas sesións de traballo (clases, titorías, etc.) poñendo de manifesto todos cantos problemas, dúbidas e obxecións poidan suscitar as cuestións temáticas tratadas e a interpretación dos textos, ata acadar en cada momento do curso o mínimo nivel de claridade que lle corresponde.
Lo dicho: l metafísica é omnívora e insaciable: contando sempre coa axuda e o asesoramento deo profesor, segundo as súas particulares circunstancias o alumno ha de desenvolver o traballo de estudio e documentación necesario para abordar cada unha das cuestións temáticas.
ObservaciónsAconséllase que os/as alumnos/as que teñan intención de cursar esta materia consulten os horarios para comprobar que non hai incompatibilidade con ningunha outra materia da que se vaian matricular.
De acordo coas tradicionais prácticas académicas entrarase na aula dentro do primeiro cuarto da hora. Só de maneira excepcional e por motivos de urxencia pode ser abandonada a clase antes de rematar.