Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031229 - Antropoloxía simbólica (Antropoloxía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Antropoloxía Social
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
MARIÑO FERRO, JOSE RAMON.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Coñecer o concepto de símbolo e doutros conceptos próximos.
    Coñecer as principais contribucións á teoría do símbolo ao longo da historia da Antropoloxía e cencias relacionadas (psicoanálise, historia das relixións, historia da arte...)
    Recoñecer os significantes nunha determinada cultura como paso para entender o significado simbólico
    Coñecer a linguaxe simbólica, nos seus distintos ámbitos de cultura: alimentación, xénero, estructurta social, filosofía, arte, mito, relixión.
    Coñecer a linguaxe simbólica en distintas culturas.
    Aplicar eses coñecementos ao entendemento das crenzas e as chamadas supersticións da cultura tradicional
    Aprender a utilizar eses coñecementos para interpretar a linguaxe simbólica na sociedade contemporánea.

    Contidos
    Bloque I: Conceptos e teorías
    1º Símbolo e termos afíns
    2º Teorías sobre simbolismo
    Bloque II: Simbolismo e arte
    3º Simbolismo e artes plástica
    4º Simbolismo e literatura oral
    Bloque III: Simbolismo e filosofía elemental
    5º Filosofía elemental
    6º Alquimia
    7º Medicina humoral
    8º Astroloxía
    Bloque IV: Simbolismo e relixión
    9º Pureza-impureza ritual
    10º Simbolismo e bruxería
    11º Simbolismo e medicina relixiosa
    12º Simbolismo e festas e romarías.

    Bibliografía básica e complementaria
    ELÍAS, N. 2000 Teoría del símbolo. Un ensayo de antropología cultural, Barc. Península
    LEACH, E. 1976 Cultura y comunicación, La lógica de la conexión de los símbolos, Madrid, Siglo XXI, 142 pp.
    MARIÑO FERRO, X. R. 1997 “El lenguaje simbólico: el bestiario como ejemplo”, En Función simbólica de los ritos, Checa, F.- Molina, P. (Eds.) Barcelona, Icaria, pp. 293-314
    MORRIS, Ch. 1962 Signos, lenguaje y conducta, Buenos Aires, Losada.
    ORTNER, S. 1973 “On Key Symbols”, Aman Anthropologist, vol. 75, nº. 5, pp. 1338-1345.
    REYNOSO, C.1987 Paradigmas y estrategas en antropología simbólica, Buenos Aires. Búsqueda
    VALLVERDÚ, Jaume
    2008 Antropología simbólica, Barcelona, UOC, 192 pp.

    Competencias
    Introducirse no traballo de campo propio da Antropoloxía, no ámbito da antropoloxía simbólica.
    Elaboración de fichas de investigación.
    Elaboración de breves traballos de investigación, aplicando aquelas técnicas de investigación propias do traballo de campo aprendidas no primeiro curso na asignatura de Introducción á Antropoloxía:
    - elección do tema de investigación
    - rol do antropólogo
    - selección de informantes
    - selección do introductor na comunidade
    - implicación do antropólogo na comunidade...
    - o acceso
    - relacións de campo
    - entrevista
    - documentos
    - bibliografía de apoio
    - elaboración de fichas de investigación
    - proceso de análise
    - escritura etnográfica

    Metodoloxía da ensinanza
    Bloque 1:
    Facerse con algúns artigos decisivos no estudo do simbolismo, para poder participar máis activamente nos debates da aula. Neste bloque non haberá traballo de campo.
    Traballo en pequeno grupo, que consistiría en lecturas dos autores máis representativos e exposición maxistral ao resto da aula.
    Bloque 2:
    O profesor seleccionará unha serie de símbolos, preferentemente os que comparten a arte medieval e a cultura popular, que considere representativos para exemplificar a gran riqueza da linguaxe simbólica e amósara así practicamente com se fai unha investigación neste campo.
    O alumnado buscará en diferentes lugares (bibliotecas, internet, igrexas galegas, museos, obras de literatura medieval, literatura de tradición oral, ..) e en diferentes contextos aqueles símbolos previamente seleccionados. Unha vez feito isto na aula procederase a expoñer publicamente os materiais reNestes temas, que aínda seguen vivos nun amplo grupo da nosa poboación, a participación dos alumnos será máis activa. Partindo dunha determinada crenza o alumnado realizará un pequeno traballo de campo que entregarán por escrito onde ademais de aportar os datos do teme de investigación serviralle para concretar as técnicas dun traballo de campo en antropoloxía. collidos e a partir de aquí farase unha análise da figura e do contexto onde foi atopado exemplificando así a formación da linguaxe simbólica a partir de símbolos concretos.
    Bloque 3:
    Combinaremos a exposición e debate na aula coa busca de material bibliográfico e on-line. Lectura previa de artigos e libros sobre os temas antes de tratalos nas aulas. Proporase un sinxelo traballo de campo.
    Bloque 4:
    Nestes temas, que aínda seguen vivos nun amplo grupo da nosa poboación, a participación dos alumnos será máis activa. Partindo dunha determinada crenza o alumnado realizará un pequeno traballo de campo que entregarán por escrito onde ademais de aportar os datos do teme de investigación serviralle para concretar as técnicas dun traballo de campo en antropoloxía.

    Sistema de evaluación
    -Asistencia e participación:
    Participación activa na clase
    Participaciòn nos debates
    Lectura dos materiais
    Participación no taballo de grupo
    Peso: 15%

    -Elaboración e presentación dos traballos:
    Valoraráse:
    Presentación e estrutura
    Documentación
    Aportacións persoais
    Peso: 25%

    -Asistencia ás titorías:
    Preparación da materia
    Actitude activa
    Peso: 15%

    -Conceptos da materia:
    Dominio dos conceptos
    Actitude crítica
    Aportacións reflexias e creativas
    Exame
    Peso: 50%
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades Horas pr. Factor Horas trab. autónomo Total


    Clases maxistrais 22 1 22 44

    Actividades de aula 13 1,5 19,5 32,5

    Elaboración de traballos 2 10 20 22

    Exame 2 4 6 8

    Titoracións 4 0,5 2 6

    Total 43 69,5 112,5

    Recomendacións para o estudo da materia
    Farase unha avaliación inicial onde se pretende recoller as impresións do alumnado sobre as crenzas, costumes, símbolos que forman parte da nosa tradición co fin de percibir a valoración que lles merecen. Ao final de curso farase o mesmo cuestionario como avaliación final.