G5031230 - Filosofía da linguaxe I (Filosofía da Linguaxe e da Mente) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
- Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDOCENCIA EXPOSITIVA:
1. Comprender as propiedades fundamentais da linguaxe en tanto facultade que nos caracteriza como especie-específica. Responder ás preguntas de que é, quen a ten e como se desenvolve no marco da gramática xenerativo-transformacional de Chomsky. Comprender o papel da recursividade na capacidade humana de xerar infinitas oracións. Entender á creatividade lingüística como factor diferenciador da linguaxe humana dós sistemas de comunicación animal.
2. Comprender o papel da forma (a sintaxe) na caracterización da linguaxe e ás gramáticas formais de Chomsky como diferentes restriccións para xerar distintos tipos de oracións. Entender a dualide xerar-recoñecer, mostrando a isomorfía que hai entre as gramáticas formais xeradoras e os diferentes tipos de autómatas recoñecedores. Comprender o papel da forma na evolución da linguaxe humana desde o pronunciamento de palabras illadas ata a construcción de oracións articuladas.
3. Mostrar algúns aspectos da orixe da linguaxe human e a súa diferenciación dos sistemas de comunicación animal.
DOCENCIA INTERACTIVA:
1. Estimular o pensamento propio dos alumnos, propiciando, a través de preguntas de resposta curta, que reflexionen sobre algún tema da docencia expositiva. Trátase de que se acostumen a escribir e a reflexionar de seu sobre asuntos fundamentais da materia e a defendelos na aula.
DOCENCIA PRÁCTICA:
Iniciar ós alumnos na realización dun traballo breve de investigación, a imitación do que debería ser un artígo científico para unha revista. Propiciar a súa presentación e defensa na aula de modo equivalente ao que sería a presentación dunha contribución científica a un congreso.
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA:
1. Introducción:
1.1 A Filosofía da Linguaxe e a súa xustificación. As ciencias da linguaxe. Filosofía da linguaxe vs. Filosofía da lingüística.
2. Unha teoría da linguaxe: A gramática xerativo-transformacional de Chomsky
2.1. Presupostos: Da taxonomía á teoría. Linguaxe, lingua e fala. Sistema e norma. Competencia e actuación. A creatividade da linguaxe. Teoría xeral e gramáticas particulares.
2.2 Gramática xerativa: Os rasgos definitorios da linguaxe. Os universais lingüísticos. O modelo chomskiano de gramatica xerativo-transformacional. A gramática como sistema xerador. Gramática transformacional. Extensións da teoría estándar. Semántica xerativa. Recursividade e creatividade: a recursividade como factor que distingue á linguaxe humana da comunicación animal.
3. Linguaxe e forma. O papel da forma na evolución.
3.1 Gramáticas formais e autómatas: Linguaxes formais. Gramáticas, tipos de gramáticas e clases de oracións que xeran. Autómatas e tipos de oracións que recoñecen.
3.2 Protolinguaxe e linguaxe. O papel da estructura e os vínculos funcionais entre as palabras: Linguaxe e protolinguaxe. A emerxencia da protolinguaxe. As primeiras palabras e por qué non foi doado xuntalas. O altruismo recíproco como precursor da estructura argumental. O papel das gramáticas formais na separación da linguaxe humana dos sistemas de comunicación animais.
DOCENCIA INTERACTIVA:
4 preguntas de resposta curta sobre temas escollidos da docencia expositiva
DOCENCIA PRACTICA
Realización dun traballo (en torno a 10 páx.) sobre algún dos temas vistos na docencia expositiva.
Bibliografía básica e complementaria1. BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Calvin,W. H. & Bickerton, D., Lingua ex Machina. La conciliación de las teorías de Darwin y Chomsky sobre el cerebro humano. Gedisa, 2001.
Chomky, N., Aspectos de la teoría de la sintaxis, Gedisa, 1999.
Chomsky, N. & Miller, G., El análisis formal de los lenguajes naturales. Alberto Corazón editor, Madrid, 1972.
Fitch W. T. & Hauser M. D., ‘Computational constraints on syntactic processing in a nonhuman primate’. Science, 303, 2004, 377–380.
Gentner, T. Q. et al., 'Recursive syntantic pattern learning by songbirds', Nature, 440, 1204-1207.
Hauser, M. D. & Chomsky, N. & Fitch, W. T., ‘The Faculty of Language: What Is It, Who Has It, and How Did It Evolve?’, Science, vol. 298, 2002, 1569-1579.
Hierro Sánchez-Pescador, J., Principios de Filosofía del Lenguaje, Alianza editorial, 1980.
López, A., El origen del lenguaje. Tirant Lo Blanch, Valencia, 2010
Nique, C., Introducción metódica a la gramática generativa. Cátedra, 1985.
Pinker, S., El instinto del lenguaje. Como crea el lenguaje la mente. Alianza, 1995
2. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Alfonseca, M. et al., Teoría de lenguaje, gramáticas y autómatas. ed. Universidad y cultura, 1987
Barsky, Robert F., Noam Chomsky: Una vida de discrepancia. Península, 2005
Bickerton, D., Lenguaje y especies. Alianza Editorial, 1994
Bickerton, D., Adam's tongue: how humans made language, how language made humans. Hill and Wang, 2009.
Chomsky, N., El Conocimiento del lenguaje : su naturaleza, origen y uso / Noam Chomsky. Alianza, 1989.
Chomsky, N., Conversaciones con Noam Chomsky : entrevistas con Mitsou Ronat. Granica, 1978.
Chomsky, N., El Lenguaje y el entendimiento. Seix-Barral, 1977
Chomsky, N., Lingüística cartesiana : un capítulo de la historia del pensamiento racionalista. Gredos, 1972.
Chomsky, N., El lenguaje y los problemas del conocimiento, A. Machado libros, 2002.
Chomsky, N., 'Bioligüistica y capacidad humana', Forma y función, 19 (2006), 57-71
Corbalis, M., The recursive mind:the origins of human language, thought, and civilization. Princeton U. P., 2011
Di Sciullo, A. M.. et al., The Biolinguistic Enterprise, The MIT Press, 2011.
Hawthorne, J., Philosophy of language, Blackwell, 2008
Kelley, D., Teoría de autómatas y lenguajes formales. Prentice Hall, D.L. 1995
Larson, R. K. et al., The evolution of human language. Biolinguistic Perspectives. Cambridge U. P., 2010.
Lepore, E., Smith, B. C., The Oxford handbook of philosophy of language, Oxford University Press, 2006
López García, A., Fundamentos genéticos del lenguaje, Cátedra, 2002
Smith, N., Chomsky. Ideas e ideales. Cambridge University Press, 2001.
CompetenciasCOMPETENCIAS TEÓRICAS:
1. Distinguir os rasgos diferenciadores da linguaxe humán, separandoa dos sistemas de comunicación animal.
2. Ser quen de xustificar o estudo da linguaxe en termos dunha teoría científica, distinguindo unha teoría da linguaxe dos meros estudos sobre as linguas, facendo fincapé nas capacidades explicativas e predictivas da mesma.
3. Ser quen de distinguir as gramáticas da xerarquía de Chomsky, de xustificar a súa necesidade e de aplicalas a xeración de oracións. Distinguir diferentes tipos de autómatas e a súa equivalencia coas gramáticas.
3. Saber xustificar a aparición da linguaxe en termos de explicar por qué non basta coas palabras e se necesitan oracións para expresar pensamentos complexos.
4. Ser quen de amosar as analoxías e diferenzas entre a linguaxe natural e as linguaxes artificiais.
5. Ser quen de distinguir a linguaxe humán dos sistemas de comunicación animais.
COMPETENCIAS PRÁCTICAS
1. Ser que de diseñar gramáticas formais.
2. Ser quen de facer algunhas pequenas aplicacións ó procesamento da linguaxe natural usando as gramáticas DCG.
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA EXPOSITIVA: clases teóricas de exposición abertas á intervención e ó debate. Preguntas por parte do profesor sobre os contidos expostos.
DOCENCIA INTERACTIVA: Realización de 4 redaccións curtas de resposta a outras tantas preguntas. Eventualmente, defensa e discusión da contestación na aula.
DOCENCIA PRACTICA: Realización dun traballo breve (aprox. 10 páx.) de investigación e, si procede, defensa na aula.
TITORIZACIÓN EN GRUPOS: Programación e organización do traballo correspondente á parte interactiva e práctica.
Sistema de evaluación- As clases teóricas consistirán na presentación e discusión dos distintos temas correspondentes a cada apartado do programa. As clases teóricas serán avaliadas coa realización dun examen.
- As clases interactivas consistirán na realización de 4 traballos de redacción nos que se contestarán a outras tantas preguntas sobre temas que se teñan exposto na clase. Cada resposta ocupará un máximo de 2 folios. As clases interactivas serán avaliadas cualificando esos traballos e, eventualmente, a súa defensa na aula.
- As clases practicas consistirán na realización dun traballo sobre algún dos apartados do temario. A realización do traballo será optativo ou voluntario. As clases prácticas serán avaliadas cualificando o traballo e, eventualmente, a súa defensa na aula.
A nota final será a suma destas tres actividades según as porcentaxes que se citan de seguido:
Clases teóricas: 35%
Clases interactivas: 35%
Clases prácticas: 20%
Asistencia as titorias e actitude na aula: 10%
Normas a ter en conta:
- Quen falte a clase máis de 3 veces sin xustificar non poderá optar á avaliación continua.
- Non será obxecto de avaliación continua quen non entreguen as tarefas acordadas nos prazos establecidos.
- Para o plaxio de traballos ou copia nos exames, o alumno deberá ter en conta o artigo 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", aprobada no Consello de Goberno da USC o 15 de xuño de 2011, e que di: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
Tempo de estudo e traballo persoalDOCENCIA EXPOSITIVA:
20 horas de traballo presencial das/dos alumnas/os (asistencia á clase). 25 de seguimento e preparación da docencia expositiva (preparación de esquemas, resumos, etc.)
DOCENCIA INTERACTIVA:
12 horas de traballo documental das/dos alumnas/os e 17 horas de preparación da redacción dos diferentes traballos.
DOCENCIA PRÁCTICA:
20 horas de documentación e 5 de redacción do traballo final.
Titorización en grupos: 3 horas
Exame: 3 horas
Estudo: 45 horas para a preparación das probas escritas
TOTAL: 48 horas de traballo presencial e 102 de traballo persoal.
Recomendacións para o estudo da materia1. Actitude activa nas aulas.
2. Seguimento ao día da materia.
3. Asistencia ás titorías.
4. Ler, pensar, debatir e escribir.
ObservaciónsÓ principio do curso podería completarse a información que eiquí se proporciona, engadindo novas bibliográficas ou outras consideracións que o profesor estime oportuno.