Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031321 - Historia da Filosofía Moderna (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Rodriguez Camarero, Luis.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    - A filosofía moderna na súa xénese, desenvolvemento e especificidade.
    - A influencia do nacemento e desenvolvemento da Nova Ciencia nas filosofías modernas.
    Contidos
    1.- O racionalismo de Descartes.
    A Nova Ciencia e a orixe do racionalismo. O problema do método: a intuición e a dedución. O proceso da dúbida metódica. Res cogitans e Res extensa: o problema do dualismo. A física cartesiana: o mecanicismo e a crise do finalismo. A hipótese do animal máquina. Mecanicismo e comprensión natural do Mundo. O estudo físico das paixóns e a moral.
    2.- A filosofía tráxica de Pascal.
    Pascal versus Descartes. A concepción do home nos "pensamentos": a crítica da concepción cartesiana. A relixiosidade tráxica: a necesidade de apostar pola existencia de Deus.
    3.- A filosofía de Spinoza.
    O método: a definición real e a dedución. A contraposición entre as ideas do entendemento e as ideas da imaxinación. A concepción do "Deus sive Natura" a través do entendemento. A crítica das ideas xerais e abstractas. A concepción dos homes como seres modais: a ruptura coa concepción cartesiana. A nova concepción da liberdade humana e a negación da liberdade como libre arbitrio. O "conatus" e o estudo xeométrico das paixóns. A xeometría do desear cego e do desexar racional. A saúde ou salvación.
    4.- O racionalismo de Leibniz.
    O eclecticismo relixioso e filosófico. A "Mathesis universalis" e a restauración da lóxica aristotélica. Mónada versus átomo: dinamismo versus mecanicismo. As calidades ou accións internas das mónadas. A teoría da armonía preestablecida. A gradación dos seres e a revalorización dos animais. As verdades de razón e as verdades de feito: a liberdade humana. A micrografía e a concepción ideal-racional da natureza: o optimismo leibniziano. Os límites do optimismo: a composibilidade e o problema do mal.
    5.- O empirismo de Locke.
    As orixes do empirismo: F. Bacón, Sydenham, Locke. Os trazos fundamentais do empirismo de Locke. A crítica do innatismo. A análise das ideas. A análise empírica das ideas de sustancia material, sustancia espiritual e do concepto clásico da causalidade. A reflexión política: a tolerancia.
    6.- O inmaterialismo de Berkeley.
    A análise do "esse est percipi aut percipere". A teoría da visión. O inmaterialismo e a teoría da Ciencia.
    7.- Empirismo e Ilustración en Hume.
    A análise das ideas e as súas consecuencias. Os principios da asociación da imaxinación e memoria. A análise crítica dos conceptos de sustancia material, sustancia espiritual e do concepto clásico da causalidade. A memoria e a comprensión natural do pensamento e da conciencia do home. A revalorización da natureza dos animais. A natureza das paixóns humanas e a fundamentación da ética.
    8.- O materialismo ilustrado francés.
    A crítica da Relixión. A crítica da concepción dualista da natureza humana. A comprensión natural do mundo físico e do mundo da vida.
    9.- Diderot e a Ilustración.
    Diderot e a Enciclopedia. A evolución do seu pensamento. A memoria e a comprensión natural do pensamento e da conciencia dos homes. As ciencias da vida e a concepción da natureza. O pensamento moral e político.
    10.- Kant e a Ilustración.
    O período pre-crítico. El período crítico: "La Crítica de la Razón Pura". "La Crítica de la Razón Práctica". "La Crítica del Juicio".

    Bibliografía básica e complementaria
    - N. Abbagnano, Historia de la Filosofía, Montaner y Simón, Barcelona.
    - E. Brehier, Historia de la Filosofía, Ed. Tecnos, Madrid, 1998.

    -Para cada tema, ao longo do curso, darase unha bibliografía específica.

    Competencias
    - Coñecemento a fondo da materia.
    - Aprender a relacionar e diferenciar as concepcións dos autores estudados.
    - Coñecemento das principais influencias dos desenvolvementos das ciencias sobre o pensamento filosófico moderno.
    - Mellorar a capacidade de análise de textos, de diálogo e de debate.
    Metodoloxía da ensinanza
    - Clases teóricas: clase maxistral aberta ao diálogo e a participación.
    - Clases interactivas: análise de textos con participación do alumno/a.
    Sistema de evaluación
    - Avaliación continua: asistencia, participación (exposicións de traballos, debates, comentarios), exames parciais. Exame final, no caso de non superar a avaliación continua.
    - A presentación de traballos será voluntaria e poderían incrementar a cualificación final, sempre e cando se houbera superado a parte teórica, ata un máximo de dous puntos. Todos os traballos para ser avaliados terán que ser defendidos persoalmente.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Créditos teóricos: 45 horas.
    - Créditos prácticos: 15 horas.
    - Traballo persoal do alumno: 90 horas.
    - Total horas de traballo: 150 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    - Asistencia obrigatoria a clase. A asistencia a clase é fundamental para a comprensión da materia.
    - Preparación das actividades de seminario.
    - Estudo continuo da materia.