Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031322 - Teoría do Coñecemento II (Metafísica e Teoría do coñecemento) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
BARCIA GONZALEZ, FRANCISCO JAVIER.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Obxectivos:

    -Comprendelas diferentes formas de coñecemento, presentándoas de maneira sistemática e baixo unha formulación, en absoluto histórica pois para estas cuestións existen outras materias específicas no actual Plan de Estudios, senón estrictamente conceptual.
    -Determina a situación e competencias da teoría do coñecemento no seo do discurso filosófico.
    -Comprender o valor do coñecemento, a estructura e as formas básicas do coñecer.
    -Desenvolver algunhas das cuestións fundamentais do coñecemento, realizando as diversas actividades detalladas no apartado que describe a metodoloxía da asignatura.

    Contidos
    TEMA 1: Esencia e valor do coñecemento: qué é e qué significa coñecer.
    TEMA 2: Estructura do coñecemento: especies do coñecemento.
    TEMA 3: Orixe e límites do coñecemento: o suxeito do e no coñecemento.
    TEMA 4: Posibilidade do coñecemento: o problema das categorías (sustancia, causa, a priori)
    4.1.- Aproximación ao problema da xustificación
    -As virtualidades do coñecemento empírico: percepción e inducción
    4.2.- Aproximación ao problema da fundamentación
    -As virtualidades da conciencia: mente - corpo / intencionalidade - a priori.
    TEMA 5: Conclusión: Finalidade do coñecemento: ¿a verdade?
    5.1.- Teorías da verdade - Teorías do coñecemento
    5.2.- Verdade - Certeza - Evidencia - Creenza
    5.3.- Coñecemento e Verdade: intuición - abstracción
    5.4.- Conclusión: Cara unha definición de verdade: eu, mundo e outras mentes.
    5.5.- Corolario: ¿Epistemoloxía para escépticos?

    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica:
    -Entregaránse unha serie de textos básicos para o seguimento da materia.
    -Para cada un dos temas tratados recomendarase bibliografía específica que o alumno debe traballar para desenvolver personalmente e en profundidade os devanditos temas.

    Bibliografía xeral:
    BLASCO, Joseph LLuís: Teoría del conocimiento, Universidad de Valencia, 2004.
    RÁBADE, S.: Teoría del conocimiento, Madrid, G. del Toro, 1996.
    CASSIRER, E.: El problema del conocimiento (4vols.), México, FCE, (ed. varias).
    DANCY, J.: Introducción a la epistemología contemporánea, Madrid, Tecnos, 1995.
    GARCÍA-BARÓ, M.: Introducción a la teoría de la verdad, Madrid, Síntesis, 1999.
    SANFÉLIX, V.: Mente y conocimiento, Madrid, 2003.
    VILLORO, Luís: Creer, saber, conocer, México, Siglo XXI, 1982.

    Competencias
    -Capacidade para enfrentarse ao discurso abstracto e ao traballo conceptual.
    -Capacidade argumentativa, tanto analítica como sintética.
    -Destreza para a análise de conceptos: contextualización, exposición, redacción, interpretación, explicación, crítica, comprensión… .
    -Capacidade para argumentar e construir diferentes perspectivas sobre os problemas estudiados en relación aos conceptos fundamentais do programa.
    -Destreza para a investigación: búsqueda e selección bibliográfica, análise do estado actual da cuestión e formulación de preguntas e hipóteses.
    -Capacidade para o traballo en equipo.

    Metodoloxía da ensinanza
    Para a consecución dos obxectivos pretendidos realizaremos as seguientes actividades:

    a) Seminario: Elaboración en grupo dun pequeno traballo de investigación que articule o problema fundamental da verdade nalgún filósofo clave do ámbito epistemolóxico.
    Procedimento: Explícase en folio adxuntoa entregar na primeira sesión de clase.

    b) Prácticas: Traballo cooperativo de asimilación, síntese e explicación de diversos conceptos claves para a epistemoloxía. Preténdese conseguir unha base conceptual sólida que permita unha maior comprensión da materia, e un manexo técnico do “discurso teórico” (-do que se dará conta no exame oficial-), imprescindible para calquer estudiante de filosofía e futuro investigador.
    Procedimeento: Explicaráse na primera sesión de prácticas, que terán lugar en sesións de 60 minutos.

    c) Clases Teóricas: Presentaremos os contidos básicos do Programa, que o alumno terá que completar coa bibliografía que se vaia detallando e facilitando ao longo do curso. Realizaránse preferentemente en sesións de 120 minutos.

    Sistema de evaluación
    A avaliación da aprendizaxe, conforme á metodoloxía proposta, será continuada xa que valorarán as actividades que se vaian realizando ao longo do cuatrimestre, tanto prácticas como de seminario:

    a) Seminario: O traballo de investigación desenvolvido (-a súa exposición, redacción e procedimentos de elaboración-) puntuaráse sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 30 % na nota final. (Esta puntuación só se computará se o alumno obtén ao menos unha calificación mínima de 4,5 puntos sobre 10 no exame oficial da materia). A redacción definitiva do devandito traballo pode entregarse improrrogablemente ata as 14:00 horas do día do examen oficial da materia. Existirá modalidade non-presencial para aqueles alumnos que non poidan cumprir cos requisitos da modalidade presencial: afrontar unha pregunta máis no examen oficial.

    b) Prácticas: A asistencia e aproveitamento das sesións prácticas puntuarase cun máximo de +0,2 puntos cada unha sobre a nota final. (Esta puntuación só se computará se o alumno consegue ao menos unha calificación de 4,5 sobre 10 no exame oficial).

    c) Clases Teóricas: Os contidos do programa da materia serán obxecto de examen oficial, o cal puntuarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 70 % na nota final, coa fin de comprobar os coñecementos do alumno e a súa capacidade para articular cuestións nas condicións características dos exámenes presenciais. Neste exame valoraránse especialmente: a capacidade de argumentación, a bagaxe conceptual (-de ahí a importancia de aproveitar as prácticas-) na súa correcta aplicación ás cuestións formuladas ou textos a comentar, a profusión bibliográfica e finalmente a capacidade de crítica como demostración do dominio do tema desenvolvido. (Só se procederá a calcular a media se o alumno obtén unha calificación de ao menos 4,5 puntos sobre 10).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de traballo persoal para o alumno é o máximo sinalado polos créditos da materia.
    Recomendacións para o estudo da materia
    -É preciso ir desenvolvendo as prácticas e o seminario diariamente si se quer obtener un bo resultado de investigación, así como unha aquilatada bagaxe conceptual. Por iso, cómpre realizar semanalmente avances na redacción do traballo para cumprir o tempo de reflexión necesario para a aprendizaxe.
    -Recoméndase asistir continuadamente ás clases, tanto teóricas como prácticas e utilizar o horario de tutorías para resolver calquer asunto referido a calquera dos módulos da materia.

    Observacións
    Non hai.