Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031324 - Filosofía da Ciencia I (Filosofía da Ciencia) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
  • Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
FALGUERA LOPEZ, JOSE LUIS.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Obxectivos e competencias relacionadas cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia.

    De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
    - Que os estudantes posúan e comprendan os coñementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
    - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
    - Coñecer as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.

    De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
    - Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.


    2. Obxectivos e competencias relacionadas co dominio das ferramentas de aprendizaxe ou de formación.

    De xeito xeral:
    - Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
    - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou en outros
    campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
    - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica
    social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos en relación coa Filosofía da Ciencia.
    - Que saiban explicar eses coñecementos e estar en condiciones de aprender a ensinalos.
    - Que saiban ampliar e podan desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
    - Que saiban aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
    - Que melloren a capacidade para analizar e sintetizar, argumentar racionalmente, reflexionar e deliberar.
    - Que saiban expresarse, comunicar, debater e dialogar.
    - Que desenvolvan a capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.


    De maneira mais específica:
    - Que os estudantes adquiran ou melloren as destrezas na análise de problemas e de textos.
    - Que mellore as capacidades e destrezas argumentativas.
    - Que melloren as capacidades e destrezas expositivas e expresivas (oral e escrita).


    3. Obxectivos e competencias vinculadas a valores ou actitudes

    De xeito xeral:
    - Que os estudantes na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, e os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
    - Que desenvolvan o razoamento crítico e o compromiso ético.
    - Que desenvolvan o sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
    - Que desenvolvan a capacidade de reacción e o espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.


    De maneira mais específica:
    - Adquisición de destrezas para o debate público, a tolerancia e os valores cooperativos e democráticos.

    4. Competencias transversais

    - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras (en especial inglés).
    - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.


    Contidos
    1. Descritores da materia no Plano de Estudios

    Estudo dos principais fitos na historia da Filosofía da Ciencia, desde os precedentes da institucionalización desta disciplina –institucionalización coincidente co xurdimento do neopositivismo– ata o xurdimento das propostas historicistas –con aportacións como as de Toulmin, Hanson e Kuhn (1ª fase)–.

    2. Estrutura dos bloques de contidos

    BLOQUE I: Introductorio

    Tema 1: Ciencia, metaciencia e filosofía da ciencia.


    BLOQUE II: Enfoques clásicos

    Tema 2: Concepción neopositivista.

    Tema 3: Concepción popperiana.


    BLOQUE III: Enfoques historicistas (1ª parte)

    Tema 4: Toulmin e a concepción clásica da ciencia.

    Tema 5: N. R. Hanson: observación e teorías.

    Tema 6: A concepción kuhniana da ciencia (1ª fase).


    BLOQUE I:

    A. Sentido do bloque
    O presente bloque ven dado por un único tema que a modo de introdución sirve para presentar a materia.

    B. Epígrafes
    Tema 1: Ciencia, metaciencia e filosofía da ciencia.
    1.1. Ciencia como actividade: produtos cognoscitivos e prácticas científicas.
    1.2. Orixe histórico da filosofía da ciencia.
    1.3. A filosofía da ciencia como disciplina metacientífica.
    1.4. Pluralismo metacientífico e especificidade da filosofía da ciencia.
    1.5. Mapa histórico da filosofía da ciencia e caracterización das distintas concepcións.
    1.6. A filosofía da ciencia como estudio da estrutura e dinámica das teorías científicas.


    BLOQUE II:

    A. Sentido do bloque
    Neste bloque trabállanse as concepcións clásicas da Filosofía da Ciencia, e dicir, os enfoques desenvoltos na primeira metade do século XX coa institucionalización da disciplina en centros universitarios de Europa e América do Norte. En concreto trátase de coñecer algunhas das ideas destacables das propostas neopositivistas e das propostas popperianas.

    B. Epígrafes
    Tema 2: Concepción neopositivista.
    2.1 Introdución histórica, introdución doutrinal e presupostos xerais da concepción neopositivista da ciencia.
    2.2 A estrutura da ciencia na concepción neopositivista.
    2.21 Estrutura axiomática das teorías científicas.
    2.211 Do positivismo lóxico ao empirismo lóxico: a linguaxe da ciencia e as súas implicacións
    epistemolóxicas.
    2.212 A versión final da concepción neopositivista: a concepción herdada.
    2.3 Eliminabilidade dos termos teóricos: o teorema de Craig e o enunciado Ramsey.
    2.4 O desenvolvemento científico no marco da concepción neopositivista: redución de teorías.

    Tema 3: Aproximación popperiana.
    3.1 Popper e o neopositivismo.
    3.2 A inducción e o problema da demarcación.
    3.21 O antiinductivismo de Popper
    3.22 O método hipotético deductivo en Popper.
    3.23 A falsabilidad como criterio de demarcación.
    3.24 Enunciados básicos e falsación.
    3.3 As teorías científicas.
    3.31 Estructura das teorías científicas.
    3.32 Carácter conxetural das teorías científicas.
    3.4 A tese do terceiro mundo e o realismo crítico.
    3.5. Desenvolvemento científico como eliminación de errores e aproximación á verdade.


    BLOQUE III:

    A. Sentido do bloque
    O bloque III dedícase ao estudio de algunhas das propostas que conforman as concepcións historicistas da Filosofía da Ciencia. En concreto, trabállanse as propostas que, entre finais da década dos 50 e inicios dos 60 no século XX, desenvolveron Toulmin, Hanson e Kuhn. A continuidade no estudo das concepcións historicistas farase na materia de Filosofía da Ciencia II.

    B. Epígrafes
    Tema 4: Toulmin e a concepción clásica da ciencia.
    4.1 Toulmin como crítico da concepción clásica da filosofía da ciencia.
    4.11 Sistematicidade semántica frente a sistematicidade sintáctica.
    4.12 Racionalidade científica e loxicidade.
    4.2 Estrutura semántica das teorías.
    4.21 Ideais de orden natural, fenómenos, leis e hipóteses.
    4.23 Explicación e comprensión científicas.
    4.24 Estatus cognoscitivo das leis e teorías: instrumentalismo.
    4.3 Dinámica das teorías e desenvolvemento conceptual.

    Tema 5: N. R. Hanson: observación e teorías.
    5.1 A observación e a linguaxe observacional.
    5.11 A “carga teórica” da observación.
    5.2 Retroducción, contexto de descubrimiento e teorías.
    5.21 As teorías como gestalts conceptuais.

    Tema 6: A concepción kuhniana da ciencia (1ª fase).
    6.1 Filosofía da ciencia e historia da ciencia.
    6.2 A historia da ciencia e a concepción acumulativa do progreso científico.
    6.3 O primeiro Kuhn.
    6.31 Ciencia normal, revolucions científicas e paradigmas.
    6.32 A inconmensurabilidade de teorías en "La estructura de las revoluciones científicas".

    Bibliografía básica e complementaria
    LECTURAS OBRIGATORIAS PREVISTAS (Se o desenvolvemento do curso o aconsellara poderase facer algún cambio):

    Tema 1:
    Lectura a facer:
    - MOULINES, C. U., Pluralidad y recursión Alianza Editorial,Madrid, 1991, Cap. I (I.1 a I.3), pp. 13 a 67.

    Tema 2
    Lecturas a facer:
    - Hempel, C. "Criterios empiristas de significación cognoscitiva: problemas y cambios", en HEMPEL, C.: La explicación científica, Paidós, Buenos Aires, 1996, cap. IV.
    - Carnap, R. "El caracter metodológico de los conceptos teóricos", en OLIVE, León y Ana Rosa PEREZ RANSANZ (compiladores): Filosofía de la ciencia: teoría y observación, México, Ed. S. XXI, 1989, pp. 71 - 115
    - Nagel, E. La estructura de la ciencia, Paidós, Buenos Aires, 1968, pp. 310-335.

    Tema 3
    Lecturas a facer:
    - Popper,K.: La lógica de la investigación científica, Madrid, Tecnos, 1962. (pp. 27-47 y 289-294).
    - Popper,K.: "Tres concepciones sobre el conocimiento humano", ensayo recogido como C. III en Conjeturas y refutaciones. El desarrollo del conocimiento científico, Buenos Aires, Paidos,1983 (pp.116-141).
    - Popper,K.: "La verdad, la racionalidad y el desarrollo del conocimiento científico", ensayo recogido como C. X en Conjeturas y refutaciones. El desarrollo del conocimiento científico, Buenos Aires, Paidos, 1983. (pp.251-289).
    - Popper,K.: "Apéndice. Algunas notas técnicas", recogido en Conjeturas y refutaciones. El - desarrollo del conocimiento científico, Buenos Aires, Paidos, 1983. (pp. 459-492).
    - Popper,K.: "Epistemología sin sujeto cognoscente", ensayo recogido como C.III en Conocimiento objetivo, Madrid, Tecnos, 1982. (pp. 106-144).

    Tema 4
    Lecturas a facer:
    - Toulmin, S. "From logical systems to conceptual populations" en R. Cohen y M. S. Buck (eds.): Boston Studies in Philosophy of Science, Vol. VIII, 1972 (pp.552-564).
    -Toulmin, S.: "Postcriptum: La estructura de las teorías científicas", en F. Suppe (ed.): La estructura de las teorías científicas, Madrid, Ed. Nacional, 1979 (pp. 656-671).

    Tema 5
    Lecturas a facer:
    - Hanson, N. R. : Patrones de descubrimiento. Observación y explica¬ción, Madrid, Alianza, 1977. Capítulos I (pp. 77-112).
    - Hanson, N. R.: Patrones de descubrimiento. Observación y explicación, Madrid, Alianza, 1977. Capítulos III (pp. 137-162).
    - Hanson, N.R.: Patrones de descubrimiento. Observación y explicación, Madrid, Alianza, 1977. Capítulo IV (pp. 163-192).

    Tema 6
    Lecturas a facer:
    - Kuhn,T.S.: La estructura de las revoluciones científicas, México, F.C.E., 2006. (o libro completo sen a “Posdata”, ou “Epílogo”, de 1969).

    ALGUNHA BIBLIOGRAFIA XERAL:
    - DIEZ, J. A. y MOULINES, C. U. (1997): Fundamentos de filosofía de la ciencia, Barcelona, Ariel.
    - ECHEVERRIA, J. (1995): Filosofía de la ciencia, Madrid, Akal.
    ------- (1999): Introducción a la metodología de la ciencia. La filosofía de la ciencia del siglo XX, Madrid, Cátedra. (ed. ampliada de ECHEVERRÍA, J. (1989)).
    - ESTANY, A. (1993): Introducción a la filosofía de la ciencia, Barcelona, Crítica.
    - HEMPEL, C. G. (1966): Philosophy of Natural Science, Englewood Cliffs, Prentice Hall. (vers. cast.: Filosofía de la ciencia natural, Madrid, Alianza, 1973).
    - LOSEE, J. (1972): A Historical Introduction to the Philosophy of Science, Oxford, Oxford University Press. (vers. cast.: Introducción histórica a la filosofía de la ciencia, Madrid, Alianza, 1976).
    - RIVADULLA, A.: (1984): Filosofía actual de la ciencia, Madrid, Ed. Nacional. (2ª. ed., Madrid, Tecnos, 1986).
    Competencias
    1. Obxectivos e competencias relacionadas cos novos coñecementos e habilidades a adquirir na materia.

    De xeito xeral, consonte ao previsto para o título de grao:
    - Que os estudantes posúan e comprendan os coñementos propios da Filosofía da Ciencia, con referencia a aportacións investigadoras recentes.
    - Que saiban aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía da Ciencia.
    - Coñecer as concepcións, os métodos propios da Filosofía da Ciencia, seguindo a súa historia e as súas formulacións contemporáneas.

    De maneira específica polo que concirne aos contidos da materia:
    - Que os estudantes alcancen una comprensión de problemas epistémicos, semánticos, ontolóxicos e de estrutura dos produtos cognoscitivos da ciencia.


    2. Obxectivos e competencias relacionadas co dominio das ferramentas de aprendizaxe ou de formación.

    De xeito xeral:
    - Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións tomadas en consideración, tanto a un público xeral como a aquel interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
    - Que estean capacitados para continuar a súa formación en Filosofía e/ou en outros
    campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
    - Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica
    social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos en relación coa Filosofía da Ciencia.
    - Que saiban explicar eses coñecementos e estar en condiciones de aprender a ensinalos.
    - Que saiban ampliar e podan desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
    - Que saiban aplicar eses coñecementos dentro e fora do ámbito filosófico.
    - Que melloren a capacidade para analizar e sintetizar, argumentar racionalmente, reflexionar e deliberar.
    - Que saiban expresarse, comunicar, debater e dialogar.
    - Que desenvolvan a capacidade para organizar a información, tomar decisións, formular e resolver problemas.


    De maneira mais específica:
    - Que os estudantes adquiran ou melloren as destrezas na análise de problemas e de textos.
    - Que mellore as capacidades e destrezas argumentativas.
    - Que melloren as capacidades e destrezas expositivas e expresivas (oral e escrita).


    3. Obxectivos e competencias vinculadas a valores ou actitudes

    De xeito xeral:
    - Que os estudantes na súa actividade profesional e actuación persoal, difundan e apliquen os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, a igualdade entre as persoas, e os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
    - Que desenvolvan o razoamento crítico e o compromiso ético.
    - Que desenvolvan o sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
    - Que desenvolvan a capacidade de reacción e o espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.


    De maneira mais específica:
    - Adquisición de destrezas para o debate público, a tolerancia e os valores cooperativos e democráticos.

    4. Competencias transversais

    - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras (en especial inglés).
    - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.


    Metodoloxía da ensinanza
    No primeiro tema do programa, que está dedicado a unha presentación xeral da materia, o profesor responsable da materia fará unha presentación xeral. Os estudantes deberán complementar dita presentación coa lectura e traballo persoalizado do texto de Moulines indicado no anterior apartado. En relación a dito texto os estudantes deberán realizar unha tarefa escrita.

    No resto dos temas o profesor responsable da materia fará unha presentación xeral inicial. Os estudantes deberán complementar dita presentación coa lectura e traballo personalizado dos textos de lectura obrigatoria. Pódeselle pedir a algúns dos estudantes que fagan unha presentación dos principais aspectos que se tratan nestes textos. En relación a ditos textos todos os estudantes deberán realizar unha tarefa escrita por tema.
    Sistema de evaluación
    VARIABLE 1
    Asistencia e participación
    CRITERIOS
    - Participación activa na clase
    - Participación nos debates
    - Lectura dos materiais
    - Participación no traballo de grupo
    INSTRUMENTO
    - Observacións e notas do profesor
    PESO
    15%
    ----------------------------------------
    VARIABLE 2
    Elaboración e presentación dos traballos
    CRITERIOS
    - Análise e co rrección do traballo; se valorará:
    . Presentación e estrutura
    . Documentación manexada
    . Aportacións persoais
    INSTRUMENTO
    - Traballos
    PESO
    25%
    ----------------------------------------
    VARIABLE 3
    Asistencia ás titorías
    CRITERIOS
    - Preparación dos materiais que se aporten
    - Actitude activa
    INSTRUMENTO
    - Observacións e notas do profesor
    PESO
    10%
    ----------------------------------------
    VARIABLE 4
    Conceptos da materia
    CRITERIOS
    - Dominio dos conceptos
    - Actitude crítica
    - Aportacións reflexivas e creativas
    INSTRUMENTO
    - Exame
    PESO
    50%



    Tempo de estudo e traballo persoal
    Actividades formativas co seu contido en horas para o/a alumno/a
    -----------------------------------------------------------------------------

    TRABALLO PRESENCIAL Horas
    DO/A ALUMNO/A

    Clases teóricas 20

    Exposicións orais dos
    estudantes 20

    Actividades titoriais 4

    Exámenes 4

    TOTAL (parcial) 48

    -------------------------------------------------------------------------------
    TRABALLO PERSOAL Horas
    DO/A ALUMNO/A

    Seguimento (lecturas,
    documentación, indagación, etc.) 65

    Estudo persoal 37

    TOTAL (parcial) 102

    -------------------------------------------------------------------------------
    TRABALLO DO/A ALUMNO/A

    TOTAL GLOBAL 150

    Recomendacións para o estudo da materia
    E imprescindible unha asistencia regular e entrega de tarefas nos prazos indicados para acadar unha avaliación continua. Os/as estudantes que non procedan a traballar deste xeito non poderán facer as probas previstas para o sistema de avaliación continua. Polo tanto, resulta imprescindible un traballo constante da materia, e concretamente das lecturas obrigatorias e tarefas previstas, ao longo do cuadrimestre.


    Observacións
    Pódese atopar unha información máis detallada na Guía Docente da materia.

    O/a alumno/a que teña máis de tres faltas non xustificadas, non será avaliado/a polo procedemento de avaliación continua.