G5031325 - Filosofía da Linguaxe II (Filosofía da Linguaxe e da Mente) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
- Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1) Prestar atención ás discusións filosóficas que se orixinaron a partir dos autores que propiciaron o xiro lingüístico na filosofía e o nacemento da Filosofía Analítica (G. Frege, B. Russell, L. Wittgenstein e J.L. Austin), coa súa consideración de que os problemas filosóficos eran problemas lingüísticos, que se resolvían ou disolvían mediante a análise lóxica; e, se houbera tempo, considerar as achegas dalgúns dos continuadores desta tradición (R. Carnap e W.O. Quine). Estas discusións trataban de establecer as conexións entre verdade, coñecemento, lóxica e linguaxe, atendendo deste xeito a cuestións ontolóxicas e epistemolóxicas e empregando a lóxica como ferramenta de análise e solución de certos problemas filosóficos.
2) Presentar un dos principais enfoques semánticos no estudo sistemático da linguaxe, a saber, a Filosofía Analítica, e os seus principais representantes da primeira metade do século XX: dende a aceptación do significado como entidade abstracta ata as críticas a reificación do significado, sen que por isto último perda sentido a idea de significado dunha expresión como contribución significativa ao conxunto da oración da que forma parte.
3) Capacitar aos estudantes para analizar críticamente algúns dos textos fundamentais en filosofía analítica da linguaxe.
4) Capacitar aos estudantes para traballar por si mesmos as cuestións sinaladas e desenvolver, se cabe, as súas propias liñas de pensamento ao respecto.
ContidosTEMA I: A SEMÁNTICA DE G. FREGE
1. Frege: etapas do seu pensamento. Frege como lóxico, matemático e filósofo da linguaxe.
2. Teorías sobre a identidade. Modo de designación, modo de determinación, modo de presentación.
3. Sentido e referencia. Principio de intercambiabilidade salva veritate e principio de composición.
4. Sentido e referencia de expresións singulares, predicativas e oracións.
5. Sentido e referencia no discurso habitual, no discurso directo e no discurso indirecto.
6. Caracterizacións e funcións do sentido. Sentido e representación. Sentido e ton.
7. Características do pensamento. Pensamento e verdade. Pensamento e linguaxe.
TEMA II: B. RUSSELL: O ATOMISMO LÓXICO E A TEORÍA DAS DESCRICIÓNS DEFINIDAS
1. O atomismo lóxico. A forma lóxica. Feitos, proposicións, particulares. A influencia de Wittgenstein.
2. Coñecemento por familiaridade e coñecemento por descrición.
3. O predominio do referencialismo: a análise das descricións definidas e dos nomes propios.
TEMA III: L. WITTGENSTEIN: O TRACTATUS E AS INVESTIGACIÓNS FILOSÓFICAS
1. Lóxica e filosofía: os límites da expresión do pensamento.
2. O deseño ontolóxico: obxectos, estados de cousas, feitos, mundo, realidade.
3. A doutrina da figura. A linguaxe: a teoría da proposición.
4. O espazo lóxico: o posible e o verdadeiro. Dicir e amosar.
5. O abandono dos supostos do Tractatus. Os “xogos da linguaxe”, os “aires de familia” e as “formas de vida”.
6. A doutrina do significado como uso. Os abusos do referencialismo. A importancia das regras. 7. A filosofía como descrición dos usos lingüísticos.
TEMA IV: J. AUSTIN: COMO FACER COUSAS CON PALABRAS
1. Actos de fala. Acto fonético. Acto fático. Acto rético.
2. Emisións constatativas vs. emisións realizativas.
3. Doutrina dos infortunios.
4. Actos locucionarios, ilocucionarios e perlocucionarios.
TEMA V: R. CARNAP: O POSITIVISMO LÓXICO DA FILOSOFÍA DA LINGUAXE
1. Carnap e o Círculo de Viena.
2. A teoría verificacionista do significado.
3. A crítica á metafísica.
4. A filosofía como sintaxe lóxica.
5. Empirismo, ontoloxía e semántica.
6. Verdade lóxica e verdade fáctica.
7. Intensión e extensión.
TEMA VI: A TEORÍA CONDUTISTA DO SIGNIFICADO: W. O. QUINE
1. Dous dogmas do empirismo.
2. A teoría condutista do significado. Significado estimulativo.
3. Oracións ocasionais, oracións permanentes, oracións observacionais.
4. A tradución radical e a súa indeterminación.
5. O criterio do compromiso ontolóxico.
Bibliografía básica e complementaria1) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
a) Obrigatoria
ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1986.
AUSTIN, J.L.: Cómo hacer cosas con palabras, Paidós: Barcelona, 2004.
CARNAP, R.: Autobiografía intelectual, Paidós: Barcelona, 1992.
b) Textos para analizar
FREGE, G.: "Sobre sentido y referencia", en Estudios sobre semántica, pp. 49-51. También en La búsqueda del significado, L.M. Valdés Villanueva (ed.), pp. 24-45.
RUSSELL, B.: “Conocimiento directo y conocimiento por descripción”, Misticismo y lógica, Edhasa: Barcelona, 1987, pp. 209-230.
WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
WITTGENSTEIN, L.: Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988.
AUSTIN, J.L.: “Emisiones realizativas”, en L.Ml. Valdés Villanueva, La búsqueda del significado, Técnos: Madrid, 1999, pp. 415-430.
CARNAP, R.: "Empirismo, semántica e ontología", en J. Muguerza, La concepción analítica de la filosofía, vol. II, pp. 401-419.
QUINE, W.O.: “Dos dogmas del empirismo”, en L.Ml. Valdés Villanueva, La búsqueda del significado, pp. 220-243.
2) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (Opcional)
FONTES
CARNAP, R.: “Filosofía y sintaxis lógica”, en J. Muguerza, La concepción analítica de la filosofía, vol. I, Alianza: Madrid, 1974, pp. 294-337.
- "La superación de la metafísica mediante el análisis lógico del lenguaje", en A.J. Ayer, El positivismo lógico, 1965, pp. 66-87.
DAVIDSON, D.: De la verdad y de la interpretación, Gedisa: Barcelona, 1990.
- Mente, mundo y acción, Paidós/ICE-UAB: Barcelona, 1992.
- Verdad y conocimiento: una teoría de la coherencia”, en D. Davidson, Mente, mundo y acción, Paidós: Barcelona, 1992, pp. 73-97.
FREGE, G.: "El pensamiento", Investigaciones lógicas, Tecnos: Madrid, 1984, pp. 49-85.
- Estudios sobre semántica, Ariel: Barcelona, 1973.
- Investigaciones lógicas, Tecnos, Madrid, 1984.
KRIPKE, S.: "Identidad y necesidad", en L.M. Valdés Villanueva (Ed.), La búsqueda del significado, Tecnos: Madrid, 1991, pp. 98-130.
- El nombrar y la necesidad, UNAM: México, 1985.
QUINE, W.O.: Desde un punto de vista lógico, Ariel: Barcelona, 1963.
- La relatividad ontológica y otros ensayos, Tecnos: Madrid, 1974.
- La búsqueda de la verdad, Crítica: Barcelona, 1992.
RUSSELL, B.: La evolución de mi pensamiento filosófico, Alianza, 1982.
- "La filosofía del atomismo lógico" y "Sobre las proposiciones: qué son y qué significan", ambos en Lógica y conocimiento, Taurus: Madrid, 1981, pp. 245-449.
- "Conocimiento directo y conocimiento por descripción", Misticismo y lógica, Edhasa: Barcelona, 1987, pp. 209-230.
WITTGENSTEIN, L.: Tractatus Logico-Philosophicus, Alianza: Madrid, 1973.
- Los cuadernos azul y marrón, Tecnos: Madrid, 1976.
- Investigaciones filosóficas, Crítica: Barcelona, 1988.
- Cartas a Russell, Keynes y Moore, Taurus: Madrid, 1979.
COMPLEMENTARIA
ACERO, J.J.: Filosofía y análisis del lenguaje, Cincel: Barcelona, 1985.
- Lenguaje y filosofía, Octaedro: Barcelona, 1993.
DOXIADIS, A.; PAPADIMITRIOU, C.H.; PAPADATOS, A.; e DI DONNA, A., Logicomix, Sinsentido: Madrid, 2011.
FERNÁNDEZ IGLESIAS: La semántica de Davidson, Visor: Madrid, 1990.
GARCÍA-CARPINTERO, M.: Las palabras, las ideas y las cosas, Ariel: Barcelona, 1996.
GARCÍA SUÁREZ, A.: Modos de significar, Tecnos: Madrid, 1997.
HIERRO S. PESCADOR, J.:Principios de filosofía del lenguaje, Alianza: Madrid, 1986.
- Significado y verdad. Ensayos de semántica filosófica, Alianza: Madrid, 1990.
FRAPOLLI, Mª.J.e ROMERO,E.: Una aproximación a la filosofía del lenguaje, Síntesis: Madrid, 1998.
PICARDI, E.: Teorías del significado, Alianza: Madrid, 2001.
VALDÉS VILLANUEVA, L.Ml.: La búsqueda del significado, Tecnos: Madrid, 1999
Competencias1) Adquirir os coñecementos que permitan ter a competencia para desenvolver unha discusión acerca do significado e dos principais problemas filosóficos ontolóxicos e epistemolóxicos cos que está relacionado.
2) Fomentar as destrezas de análise e síntese a través da análise e do comentario de textos e a lectura de libros.
3) Potenciar a discusión e expresión oral das ideas a través da presentación de textos polo alumnado.
Metodoloxía da ensinanza Docencia expositiva: clases teóricas de exposición maxistral, abertas á intervención e o debate.
Docencia interactiva: desenvolvemento das actividades programadas na parte interactiva do programa da materia:
(i) análise de textos;
(ii) lectura, recensión, presentación e debate de, a lo menos, dous libros dos propostos no programa;
(iii) redacción dun ensaio e presentación voluntaria na aula.
Titorización en grupos: Programación e organización dos traballos correspondentes á análise de textos, e a redacción e presentación de ensaios.
Sistema de evaluaciónA avaliación constará de dúas partes: a) un exame ao final do curso sobre o temario correspondente á parte de docencia expositiva e b) a avaliación correspondente á parte de docencia interactiva, que inclúe as análises de textos, as recensións e a redacción dun ensaio.
a) Docencia expositiva: o exame consistirá nunha serie de preguntas relativas ao programa da materia. A cualificación obtida neste exame suporá o 50% da cualificación global.
b) Docencia interactiva: proporciona o 50% restante da cualificación; dividida no 25% correspondente á análise dos textos, e o outro 25% correspondente conxuntamente ás recensións e o ensaio.
O procedemento avaliador para os créditos correspondentes á docencia interactiva son o control periódico das análises de textos e as correccións de traballos (recensións e ensaio).
A cualificación global da materia obtense facendo a media entre a cualificación conseguida no exame correspondente á docencia expositiva e a cualificación correspondente á docencia interactiva. Para aprobar a materia é condición necesaria acadar a puntuación de 5 como mínimo tanto na avaliación da docencia expositiva como na da docencia interactiva. Na cualificación final terase en conta a asistencia e participación na dinámica da clase.
No caso de non superar a materia na convocatoria de xuño, todas as cualificacións obtidas que sexan 5 ou superiores a 5 conservaranse para a convocatoria de xullo.
Tempo de estudo e traballo persoalDocencia expositiva: 22.5 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia a clase) e 20 de seguimento e preparación da docencia expositiva (lectura e repaso diaria do visto na clase, preparación de esquemas e estudio regular da materia).
Docencia interactiva: 20/21 horas de traballo presencial do alumno ou alumna (asistencia as clases e participación activa nas mesmas; e presentación dos libros) e 55 horas de preparación das actividades de lectura de libros e recensión dos mesmos, da análise de textos e do ensaio.
Actividades titoriais: 3 horas para a organización e programación das análises de textos.
Exame: 3 horas para a realización do exame final.
Estudo: 30 horas para a preparación do exame final.
Total: 51 horas de traballo presencial e 105 de traballo persoal.
Recomendacións para o estudo da materia1. Asistencia diaria ás clases.
2. Lectura diaria, previa ou posterior á clase, dos temas que se van tratando nas aulas.
3. Lecturas das fontes.
4. Estudio sistemático e regular dos temas da materia.
5. Utilización das horas de atención ao alumnado para resolver dúbidas, problemas e todo tipo de preguntas relacionadas coa materia.
ObservaciónsAo comezo do curso o alumnado disporá dun programa detallado da materia, coas referencias bibliográficas pertinentes para a preparación de cada un dos temas e tamén coas datas nas que terán lugar a entrega dos traballos e os exames de xuño e xullo.
Así mesmo, o alumnado poderá dispoñer ao comezo do curso do conxunto dos temas escritos dos que trata o programa da materia, acompañado de esquemas que facilitan a súa comprensión.
PENALIZACIÓNS
A entrega dos traballos (recensións e ensaio) fóra do prazo sinalado conlevará a penalización de 1 punto en cada caso.