Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031326 - Historia da Filosofía Contemporánea: Século XIX (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Conde Soto, Francisco.NON
MARTINEZ CASTRO, RAFAEL VICTOR.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Alemán


  • Obxectivos da materia
    O Século XIX é a época na que a “historia da filosofía” se constitúe como saber, o momento no que o filosofar se constitúe como un saber esencialmente histórico.

    Viñamos falando de filosofía basicamente en termos de “correntes” e “autores”. Cobran agora unha particular importancia o que podemos chamar “filosofías nacionais”, os diversos ámbitos lingüisticos. Isto é particularmente relevante polo que se refire á filosofía alemana que, aínda marxinal e subordinada a principios do S. XVIII, dende finais do século e durante a primeira metade do XIX pasa a primeiro plano. A partir de Kant, sexa cal sexa o criterio que adoptemos para delimitar cronoloxicamente o período, o século XIX en boa medida está filosoficamente dominado polo apoxeo da filosofía alemana.

    O presente curso ven orientado por un dobre obxectivo: a) introducir chaves hermenéuticas para a “interpretación filosófica da época; b) comprensión da época.

    Nesa dobre perspectiva procurarase que as liñas interpretativas requeridas polas diversas correntes se entrecrucen cos diversos fenómenos que caracterizan a época: romanticismo, revolución industrial, nacionalismos, colonialismo, aparición das masas, revolucións políticas, novas ciencias (economía, bioloxía, socioloxía, xeografía, etnografía etc.), transformacións fundamentais no ámbito da matemática e a física, etc...

    Sobre estas bases o traballo interpretativo ha de responder a dúas grandes cuestións referencias: 1) de qué modo a filosofía do XIX resolve a crise da ilustración da que emerxe? e, 2): cáles son as liñas que prefiguran as correntes filosóficas do século XX?.

    Contidos
    TEMA 0.- Introducción: chaves históticas para a comprensión do século.

    TEMA I.- A filosofía alemana despois de Kant.
    I.1 A recepción de Kant.
    I.2 Fichte. O tránsito do “punto de vista trascendental” ao “punto de vista absoluto”.
    I.3 Hölderlin e a filosofía.
    I.4 Schelling e o idealismo obxectivo
    I.5. Hegel e o idealismo absoluto. A dialéctica como método.
    I.6. O caso Schopenhauer.

    TEMA II.- Os positivismos.
    II.1.- O positivismo social. Comte.
    II.2.- O positivismo utilitarista. St. Mill.
    II.3.- O posistivismo evolucionista.

    TEMA III.- A filosofía alemana despois de Hegel.
    III.1. Hegelianos a esquerda e dereita.
    III.2. K. Marx. A revolución.
    III.3. S. Kierkegaard. A existencia.
    III.4 NIETZSCHE. A tarefa de “asumir o nihilismo”.

    TEMA IV.- Panorámica das ciencias.

    TEMA V.- O prisma kantiano. Neocriticismo

    TEMA VI.-. O historicismo
    TEMA VII.- M. Weber e a metodoloxía das ciencias sociais

    TEMA VIII.- Pragmatismo

    TEMA IX.- Psicoloxismo e antipsicoloxismo.

    TEMA X.- As raíces da tradición analítica.

    Bibliografía básica e complementaria
    Traballarase con textos dos autores cuxo pensamento sexa obxecto de interpretación. Polo que atinxe á bibliografía xeral un repertorio completo non resulta abordable. Indicamos algunhas obras de referencia que den ser tidas especialmente en conta. En todo caso cada persoa, co asesoramento do profesor, pode elaborar asúa propia bibliografía tendo en conta, ademais, as posibilidades de lectura noutros idiomas.

    MARTINEZ MARZOA, F. Historia de la filosofía, Madrid, Istmo, 1990.
    MARTINEZ MARZOA, F. De Kant a Hölderlin, Madrid, 1992.
    MARTINEZ MARZOA, F. Hölderlin y la lógica hegeliana, Madrid, 1995.
    MARTINEZ MARZOA, F.; El tiempo del eterno retorno” Er: Revista de filosofía, Nº 14, 1992 (Ejemplar dedicado a: Friedrich Nietzsche)
    DUQUE, Félix; Historia de la Filosofía Moderna. La era de la crítica, Madrid, Akal, 1998.
    VILLACAÑAS, J.L. ; La filosofía del idealismo alemán. 2 vols.Madrid, Síntesis, 2001.
    VILLACAÑAS, J.L. ; La quiebra de la razón ilustrada : idealismo y romanticismo ; Madrid, Cincel, 1988.
    VILLACAÑAS, J.L. ; Historia de la filosofía contemporánea; Madrid, Cincel, 1997.
    LEYTE COELLO, A. Las épocas de Schelling, Akal, Madrid, 1998.
    LEYTE COELLO, A., «Los orígenes de la filosofía de Schelling», en: Er, Revista de Filosofía, nº 12/13, 1991, pp. 75–105.
    RIPALDA, J.M.: La nación dividida. Raíces de un pensador burgués: G.W.F Hegel, Fondo de cultura económica, Madrid 1978.
    MARRADES, J; El trabajo del espíritu; Hegel y la modernidad, Antonio Machado libros, Madrid, 2002.
    VALLS PLANA, R.; «Del Yo al Nosotros. Una lectura de la fenomenología del espíritu de Hegel. Ed. Estela, Barcelona, 1971.
    ALVAREZ GÓMEZ, M.; Experiencia y sistema : introducción al pensamiento de Hegel

    HEIDEGGER, M.: Nietzsche, Pfullingen, Neske,1961 (1995). Trad. esp.: Nietzsche, 2. Vols., Barcelona,2000.
    DELEUZE, G.; Nietzsche et la philosophie, Presses Universitaires de France, Paris, 1962.



    Competencias
    Capacidade hermenéutica para o traballo coas fontes.
    Técnicas elementais de traballo historiográfico.

    Metodoloxía da ensinanza
    O traballo de interpretación concretarase en tres grandes cuestións: 1) a recepción de Kant e o tránsito do “punto de vista trascendental” ao “punto de vista absoluto”, 2) o desenvolvemento do idealismo absoluto (estudos de FICHTE, SCHELLING, HEGEL); 3) NIETZSCHE e a significación da tarefa que propón: “asumir o nihilismo”.

    O traballo de “comprensión epocal” requerirá un esforzo persoal do alumno (co asesoramento e axuda do profesor) segundo as necesidades e requerimentos de cada cal.

    “Documentación”. O carácter electivo da “interpretación” non debe levarnos a reducir a complexidade da época, escurecendo, eliminando, ignorando, en suma, outras correntes, outros autores, outras tradicións. A tal efecto cada estudante debe levar a cabo un traballo persoal de “documentación” (co asesoramento e axuda do profesor) que lle permita construir unha visión panoramica da época

    Tanto as exposicións teóricas como as clases interactivas desenvolveranse sobre a base da lectura obrigatoria de textos (fontes e literatura secundaria).

    Segundo o ritmo do curso os alumnos terán que presentar proptocolos periódicos sobre as lecturas feitas e as cuestións tratadas.

    Cada unha das cuestións nucleares indicadas nos contidos poderá ser obxecto dun traballo en dous momentos:
    1º) Exposición teórica da cuestión sobre a base de determinados textos e con referencias bibliográficas explícitas.
    2º) Lectura comentada dos textos indicados en réxime de seminario.

    A partir destas consideracións haberá unha dobre liña de exposición teórica: a) a enfocada ás cuestións nucleares de interpretación e b) a enfocada á comprensión epocal.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continua baseada na participación nas sesións de traballo.

    Exames presenciais.

    Exames non presenciais: o alumno terá que desenvolver e entregar nun tempo aproximado de tres días unha composición relativa ás cuestións temáticas tratadas nas clases. Sen saírnos do marco temático deseñado polo programa, pero sen ter que repetir explicitamente nngunha fórmula do mesmo.

    Trátase de comprobar a comprensión e a capacidade de elaboración das cuestións propias da materia liberado das constricións características dos exames presenciais.

    O alumno deberá poder comentar na clase ou nas sesións de titoría o exercicio entregado.

    A ASISTENCIA Á CLASE é inexcusable. Non serán avaliados os alumnos que non asistan a polo menos o 80% das horas lectivas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Créditos teóricos: 45 horas
    - Créditos prácticos: 15 horas
    - Traballo persoal alumno: 90 horas
    - Total cantidad de traballo: 150 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Un intenso traballo persoal de lectura crítica e reflexión, sen o cal a materia resulta inabordable.

    Participación nas sesiones de traballo (clases, titorías, etc.) formulando todas cuantos problemas, dúbidas e obxecións poidan suscitar as cuestións temáticas tratadas e a interpretación dos textos, ata acadar en cada momento do curso o mínimo nivel de claridade que lle corresponde.

    A filosofía é insaciable e omnívora. Contando sempre coa axuda e o asesoramento do profesor, consonte ás súas particulares circunstancias o alumno ha de desenvolver o traballo de estudo e documentación necesario para abordar cada unha das cuestións temáticas.

    Preocupación pola formación cultural en aspectos non estrictamente filosóficos: acercamento á literatura, música, arte, ciencia, acontecementos históricos, etc.
    Observacións
    Aconséllase que os/as alumnos/as que teñan intención de cursar esta materia consulten os horarios para comprobar que non hai incompatibilidade con algunha aoutra vmateria da que se vaian matricular.

    De acordo coas tradicionais prácticas académicas entrarase na aula dentro do primeiro cuarto da hora. Só de maneira excepcional e por motivos de urxencia pode ser abandonada a clase antes de rematar.