G5031327 - Metafisica II (Metafísica e Teoría do coñecemento) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materiaTomando pe no gañado en Metafísica I, e en paralelo coa materia de Historia da Filosofía (Século 19) na materia de Metafísica II reformularase o problematismo da metafísica intentando reformular o problema da metafísica no horizonte da postmodernidade.
Traballaremos sobre textos de Heidegger, Deleuze e Derrida, na tentativa de que a re-formulación da cuestión da metafísica contribúa a situarnos no horizonte da filosofía actual.
Contidos1.- O problema do ser en Heidegger
2.- Identidade e diferenza, acontecemento en Deleuze
3.- A filosofía da diferenza de Jacques Derrida.
Bibliografía básica e complementariaFontes:
Traballaranse textos de Heidegger, Deleuze e Derrida.
O profesor deixará unha antoloxía de textos dos autores citados na fotocopiadora na primeira semana do curso.
CompetenciasAs propias e inseparables do pensar filosófico (capacidade para o traballo conceptual e o discurso abstracto, capacidade analítica e de síntese, capacidade argumental, etc.) e os coñecementos básicos de filosofía que se lle supoñen consonte ao momento currricular no que se ubica a materia.
Metodoloxía da ensinanza Tanto as exposicións teóricas como as clases interactivas desenvolveranse sobre a base da lectura obrigatoria de textos (fontes e literatura secundaria).
Elaboración de protocolos sobre as sesións de traballo.
A indicación do profesor resume e comentario de certos textos.
Cada unha das cuestións nucleares indicadas nos contidos poderá ser obxecto dunha elaboración por parte do alumno.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua baseada na participación nas sesións de traballo (20%).
Exame final sobre os textos estudados (40%).
Exames non presenciais (40%): o alumno terá que desenvolver e entregar nun tempo aproximado de tres días unha composición relativa ás cuestións temáticas tratadas nas clases. Sen saírnos do marco temático deseñado polo programa, pero sen ter que repetir explicitamente nngunha fórmula do mesmo.
A ASISTENCIA Á CLASE é inexcusable. Non serán avaliados os alumnos que non asistan a polo menos o 80% das horas lectivas.
Tempo de estudo e traballo persoalCréditos teóricos: 45 horas
Créditos prácticos: 15 horas
Traballo persoal do alumno: 90 horas
Cantidade total de traballo: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materiaLectura crítica dos textos
Participación nas sesións de traballo
ObservaciónsEntrarase na aula dentro dos primeiros dez minutos da hora.