Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031343 - Bioética (Ética) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
  • Áreas: Filosofía Moral
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
    2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura e o comentario de textos filosóficos.
    3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.

    Contidos
    RESUMO
    A materia comprende unha serie de temas nos que a vida está en cuestión, actualmente debatidos desde diversos ángulos teóricos e prácticos, abordados desde as perspectivas da filosofía práctica, moral e política.

    TEMARIO

    I.- Concepcións e problemáticas bioéticas
    1.- O aborto
    2.- A eutanasia
    3.- A sexualidade
    4.- A pobreza
    5.- Os animais
    6.- O ambiente

    II.- Outras cuestións e orientacións bioéticas

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Básica:
    HOTTOIS, G. & MISSA, J.N. (eds.), Nova enciclopedia de bioética, Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións da USC 2005.
    SINGER, P. (ed.), Compendio de Ética, Madrid, Alianza 1995.

    B) Complementaria:
    AMOR PAN, J.R., Introducción a la bioética, Boadilla del Monte, Promoción Popular Cristiana 2005.
    BEAUCHAMP, T.L. & CHILDRESS, J.F., Principios de ética biomédica, Barcelona, Masson 1998, 2002.
    DWORKIN, R., El dominio de la vida, Barcelona, Ariel 1994.
    ENGELHARDT, H.T., Los fundamentos de la Bioética, Barcelona, Paidós 1995.
    FERRATER MORA, J. & COHN, P., Ética aplicada, Madrid, Alianza 1992.
    GAFO, J., Diez conceptos claves en Bioética, Pamplona, Verbo Divino 1993.
    GRACIA, D., Fundamentos de Bioética, Madrid, Eudema 1989.
    MARTIN MATEO, R., Bioética y Derecho, Barcelona, Ariel 1987.
    REICH, W.T. (ed.), The Encyclopedia of Bioethics, New York, Free Press 1978.
    SÁDABA, J., Diccionario de Ética, Planeta, Barcelona 1997.
    SÁDABA, J., Principios de bioética laica, Barcelona, Gedisa 2004.
    SINGER, P., Ética práctica, Barcelona, Ariel 1984.
    SOSA, N.M., Ética Ecológica, Madrid, Libertarias 1990.
    VIDAL, M., Bioética, Madrid, Tecnos 1994.

    Ademais, ao longo do curso, facilitarase bibliografía específica para cada un dos temas concretos.

    Competencias
    A) Específicas:
    1.- Adquisición dos coñecementos propios da materia.
    2.- Aprendizaxe das técnicas de estudo correspondentes.
    3.- Desenvolvemento das capacidades de lectura, interpretación, diálogo e debate razoados e construtivos.

    B) Xerais:
    1.- Mellora da comunicación verbal e escrita.
    2.- Desenvolvemento do sentido ético, potenciando a auto-consciencia moral e avivando a sensibilidade social ético-política.

    Metodoloxía da ensinanza
    1.- Docencia expositiva: explicación dos temas do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.

    2.- Docencia interactiva: realización de prácticas consistentes en comentarios de temas/textos escollidos, orientados polo profesor. Habitualmente terán lugar na aula no horario fixado.

    3.- Tutorias: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.

    Sistema de evaluación
    A avaliación por curso é continua e abarca a teoría (dous exames parciais) e as prácticas:

    1.- Primeiro Parcial: até o tema 3, A Sexualidade, incluído. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: outubro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro).

    2.- Segundo Parcial: desde o tema 4, A Pobreza, incluído. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: novembro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro).

    3.- Prácticas: pola realización de 10 comentarios, estando todos ben, poderá obterse +1. Cada comentario realizado poderá receber a cualificación global de ben (+0,1), regular (+0,05) ou mal (+0).

    Os/as alunos/as suspensos/as, aqueles/as que non obteñan unha media de 5 (sumadas a teoría e as prácticas), deberán concorrer aos exames finais de xaneiro e/ou xullo. Á nota obtida nestes (de 0 a 10) será agregada a das prácticas realizadas durante o cuadrimestre (de 0 a +1) para establecer a cualificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de traballo: 112,5 horas (4,5 ECTS)
    Horas presenciais semanais: 2 horas (docencia expositiva e interactiva). Aproximadamente, 30 horas no cuadrimestre.
    Horas non presenciais semanais: 1 hora, recomendada para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 15 horas no cuadrimestre.
    Tempo de estudo cuadrimestral: 67,5 horas (traballo do/a aluno/a).

    Recomendacións para o estudo da materia
    1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos dos temas.
    2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindibelmente nas prácticas.
    3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
    4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.