G5031344 - Filosofía e Intelixencia Artificial (Filosofía da Ciencia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
- Áreas: Lóxica e Filosofía da Ciencia
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaDOCENCIA EXPOSITIVA:
1. Comprender os elementos básicos da Historia da Intelixencia Artificial. Sinalar como a intelixencia artificial do século XX é, seguramente, a última mostra, e dende logo tamén a máis afortunada, dunha larga serie de intentos da cultura occidental por crear artefactos que poderían ser quen de suplir ó ser humano en procesos que requiren razonamento e intelixencia.
2. Entender os problemas filosóficos suscitados pola intelixencia artificial ó intentar simular ó ser humano. Debatir si é posible atribuir á máquina características consideradas como típicamente humanas; en concreto, discutir sobre a posibilidade de que as máquinas poidan (a) pensar, (b) ter capacidades lingüísticas, (c) ter conciencia, (d) ser libres ou ter moral.
3. Analizar á corporeidade e as dificultades que supon a súa ausencia nas máquinas para experienciar de xeito humano a realidade.
4. Discernir os elementos fundamentais da intelixencia en rede nun mundo de ordenadores conectados, así como as transformacións sociaies e individuais que teñen provocado.
DOCENCIA INTERACTIVA:
Estimular a reflexión sobre os logros, retos e visións da intelixencia artificial ó fío da imaxe que o cine ou a ciencia ficción teñan proxectado sobre a mesma.
Analizar ó estímulo da ficción na investigación en I.A. Comparar a visión popular e científica da I.A.
DOCENCIA PRÁCTICA:
Comprender rudimentariamente unha linguaxe de programación –Prolog- próxima á I. A. Amosar o esforzo e limitacións que supón traducir unha idea ou pensamento a un procedimiento algorítmico que poida ser executable nunha máquina. Usar algúns programas da I.A., comparar as expectativas que se poñen neles e os logros que realmente se acadan.
ContidosDOCENCIA EXPOSITIVA:
I. I.A.: pasado e presente
I.1 Introducción.
I.2 Dos primeros inxenios á conferencia de Dartmouth
I.3 Punto de inflexión: O Lóxico Teórico
I.4 Panorama actual da I. A.
II. Problemas filosóficos asociados á I.A.: Poden as máquinas...
II.1 ¿Pensar?
II.2 ¿Xenerar ou comprender a linguaxe?
II.3 ¿Ter conciencia do que fan?
II.4 ¿Ser libres ou ter principios morales?
II.5 ¿Pode acadarse unha máquina indistinguible dun ser humano?
III. Problemas filosóficos asociados a Internet
III.1 Hipervínculos
III.2 Ensino a distancia
III.3 Telepresencia
III.4 Anonimato
DOCENCIA INTERACTIVA:
Visionado dagunhas películas que teñen como tema á I. A.:
Dr. Franquenstein ou o cerebro de latón (K. Branagh)
A.I. (S. Spielberg) ou a máquina que sinte.
Yo, robot (A. Proyas) ou as leises da robótica.
Robocop (Paul Verhoeven) ou a utilización do corpo humano como base para crear un cyborg.
Blade Runner (Ridley Scott) Seres fabricados con inxeniería xenética —replicantes— son empregados en trabajos perigosos e como esclavos nas “colonias exteriores” da Tierra
Matrix (Hermanos Wachowski) ou a escravización dos seres humanos polas máquinas.
Enigma (M. Apted), sobre os descifradores de códigos na segunda guerra mundial dirixidos por A. Turing en Bletchley Park
Plug and Pray (E. Feigenbaum), Sobre os criterios morais que deben rexir a I.A.
Tú, yo y todos los demás (M. July), Sobre a comunicación a través da rede
Startup.com (C. Hegedus & J. Noujaim) Sobre o e-comercio e a burbulla das .com
DOCENCIA PRÁCTICA:
Básicos de Prolog.
Básicos de procesamento da linguaxe natural.
Bibliografía básica e complementariaBIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Carr, N. ¿Qué está haciendo Internet con nuestras mentes superficiales?. Taurus, 2011
Copeland, J., Inteligencia Artificial. Una introducción filosófica. Alianza Editorial, 1996.
Dreyfus, H. L., Acerca de Internet. Publicaciones UOC, 2011
McCorduck, P., Máquinas que piensan. Una incursión en la historia y las perspectivas de la inteligencia artificial. Tecnos, 1991.
Nilsson, N., The Quest for Artificial Intelligence. A History of Ideas and Achivements. Cambridge University Press, 2010.
Turing, A. M., ¿Puede pensar una máquina?, en A. M. Turing et al., (eds.), Mentes y máquinas. Tecnos, 1985.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Arkin R., Governing letal behaviour in autonomous robotics. CRC Press, 2008
Assimov, I., Yo Robot. Edhasa, 2004
Berners-Lee, T. Tejiendo la Red. Siglo XXI ed., 2000
Boden, M. (comp.), Filosofía de la Inteligencia Artificial, FCE, 1994
Bynum, T. W., and Moor, J. H. (eds.), The Digital phoenix: how computers are changing Philosophy. Blackwell, 1998.
Carter, M. Minds and Computers: An Introduction to the Philosophy of Artificial Intelligence. Edimburg University Press, 2007
Cave, P. ¿Puede ser Humano un Robot?, 33 rompecabezas filosóficos desconcertantes. Ariel, 2009.
Christakis, N. A. & Fowler, J. H., Conectados. El sorprendente poder de las redes sociales y cómo nos afectan. Taurus, 2010
Crosson, F. J. & Sayre, K. M., Philosophy and Cybernetics, University of Notre Dame Press, 1967
Dreyfus, H. L., Intelligence artificielle, Mythes et Limites. Flammarion, 1984
Dreyfus, H. L., What computers still can't do : a critique of artificial reason
Cambridge, Massachusetts : MIT, cop. 1992
Floridi, L. (editor), The Blackwell Guide to the Philosophy of Computing and Information, Wiley-Blackwell, 2003.
Fritz, S. (comp.) , Understanding Artificial Intelligence. Warner Books, 2002
Geraci, R., Apocaliptic AI. Visions of Heaven in Robotics, AI and Virtual Reality. Oxford University Press, 2010.
Graham, G., Internet. Una indagación filosófica. Frónesis, 1999
Himanen, P. La ética del hacker y el espíritu de la era de la información. Destino, 2002
Minsky, M. La máquina de las emociones. Sentido común, inteligencia artificial y el futuro de la mente humana. Ed. Debate, 2010
Moor J. H. (ed), CyberPhilosophy: The Intersection of Philosophy and Computing, Blackwell, 2002.
Nath, R., Philosophy of Artificial Intelligence: A Critique of the Mechanistic Theory of Mind. Boca Raton, 2009
Nichols, R. & Smith, F. M., Philosophy through Science Fiction: a coursebook with readings, Routledege, 2009.
Shieber, S. M. (ed.), The Turing test: behaviour as the hallmark of intelligence. The MIT Press, 2004
Storrs Hall, J., Beyond AI. Creating the conscience of the machine. Prometheus Books, 2007.
Trillas, E. La inteligencia artificial. Máquinas y personas. Temas de Debate, 1998.
CompetenciasCOMPETENCIAS TEÓRICAS
1. Saber insertar á I. A. na tradición, largamente perseguida na ciencia occidental, de dispor de artefactos ou máquinas que realicen tarefas propiamente humanas.
2. Distinguir os hitos máis relevantes no desenvolvemento da Intelixencia Artificial.
3. Saber discriminar contribucións reais da IA da mera propaganda.
4. Saber argumentar con fundamento sobre si unha máquina pode ou non ter capacidades humanas.
5. Saber valorar a incidencia de Internet no noso mundo, así como os novos problemas que suscita.
COMPETENCIAS PRÁCTICAS.
1. Coñecer os rudimentos de Prolog, unha linguaxe de programación para a I.A.
2. Coñecer algúns programas sinxelos de I.A.
Metodoloxía da ensinanza DOCENCIA EXPOSITIVA: clases teóricas de exposición abertas á intervención e ó debate, con participación protagonista dos/das alumnos/as.
DOCENCIA INTERACTIVA: 4 Redaccións curtas propiciadas por unha pregunta acerca dalgún dos temas tratados na docencia expositiva ou interactiva.
DOCENCIA PRACTICA: Proposta e realización dos exercicios correspondentes á parte práctica do programa da materia.
TUTORIZACIÓN EN GRUPOS: Programación e organización dos traballos correspondentes á parte interactiva.
Sistema de evaluación- As clases teóricas consistirán na presentación e discusión dos distintos temas correspondientes a cada parte do programa feitas polos/as alumnos/as. A avaliación das clases teóricas consistirá na valoración da exposición e a súa defensa na aula.
- As clases interactivas consistirán na realización de 4 traballos de redacción curta (2 folios) que contesten a outras tantas preguntas sobre asuntos tratados nas clases teóricas. A avaliación das clases interactivas será a puntuación dos traballos.
- As clases prácticas consistirán na realización de exercicios. A avaliación das clases practicas será a puntuación dos exercicios.
A nota final será a suma destas tres actividades segundo as porcentaxes que se citan de seguido:
Clases teóricas: 35%
Clases interactivas: 35%
Clases prácticas: 20%
Asistencia ás tutorías e actitude científica na aula: 10%
Normas a ter en conta:
- Quen falte a clase máis de 3 veces sin xustificar non poderá optar á avaliación continua.
- Non será obxecto de avaliación continua quen non entreguen as tarefas acordadas nos prazos establecidos.
- Para o plaxio de traballos ou copia nos exames, o alumno deberá ter en conta o artigo 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", aprobada no Consello de Goberno da USC o 15 de xuño de 2011, e que di: "A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
Tempo de estudo e traballo persoalDOCENCIA EXPOSITIVA
20 horas de traballo presencial das/os alumnas/os (asistencia a clase). 25 horas de seguimento e preparación da docencia expositiva (preparación de esquemas, resumes, lecturas)
DOCENCIA INTERACTIVA
19 horas de traballo presencial das/os alumnas/os (documentación, consulta biliográfica, discusión sobre os temas) e 17 horas de preparación da redacción dos traballos curtos
DOCENCIA PRÁCTICA:
10 horas de traballo presencial y 15 de resolución de exercicios.
Actividades tutoriais: 3 horas
Examen: 3 horas
Estudio: 45 horas para a preparación das probas escritas
TOTAL: 48 horas de traballo presencial e 102 de traballo personal.
Recomendacións para o estudo da materia1. Actitude activa na clase.
2. Seguimento ó día da materia.
3. Asistencia ás tutorías.
4. Ler, pensar, debatir e, finalmente, escribir.
ObservaciónsNon hai