Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031345 - Filosofía e Ecoloxía (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
RODRIGUEZ RIAL, JOSE MANUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1. Realizar unha reflexión filosófica sobre a natureza e alcance da crise ecolóxica.
    2. Coñecer a historia do pensamento ecolóxico, cos seus principais autores e obras.
    3. Coñecer as aportacións que a filosofía fixo e pode facer á ecoloxía no campo da ecosofía, ecoética e ecoestética.
    4. Colaborar á formación e educación medioambiental dos alumnos.

    Contidos
    1. Historia do pensamento ecoloxista: principais autores e obras.
    2. Os movementos ecoloxistas do século XX: as súas aportacións políticas, éticas e teóricas.
    3. Principais reunións internacionais e informes sobre a crise ecolóxica no século XX.
    4. Estudio dos principais problemas e consecuencias da crise ecolóxica: explosión democráfica, deforestación, desertificación, contaminación, efecto invernadoiro, pérda da capa de ozono, crisis humanitarias, etc.
    5. As dimensións sociais, económicas e ideolóxicas da crise ecolóxica.
    6. A necesidade de facer "aterrar" a filosofía: proposta dun "xiro ecolóxico" para o pensamento.
    7. A constitución dunha nova "ecosofía": a "arca-orixinaria-Terra" e o sentido cósmico da Humanidade. O "homo oecologicus" e a conciencia dos limites.
    6. A constitución dunha "ecoética": a). O principio de responsabilidade.; b) O principio do coidado, c) O principio de sustentabilidade d) O principio de solidariedade humana e interxeneracional: necesidade de construir unha sociedade presente e futura xusta e sustentable.
    7. A constitución dunha "ecoestética": habitar estéticamente a Terra.
    Bibliografía básica e complementaria
    AA.VV., El paradigma ecológico en las ciencias sociales, Icaria-Antrazyt, Barcelona, 2007.
    AA.VV., Medio ambiente y desarrollo sostenible. Más allá del informe Brundtland, Trotta, 1997.
    Apel, K.-O., Una ética de la responsabilidad en la era de la ciencia, Almagesto, Buenos Aires, 1994.
    Comisión Mundial del Medioambiente y del Desarrollo, Nuestro futuro Común, Alianza Editorial, 1988.
    Doyal, L. e Gouhg, I., Teoría de las necesidades humanas, Icaria, Barcelona, 1994.
    Brown, M. & May, J., Greenpeace Story, Canada, Prentice-Hall, 1995.
    Callicot, J. B., In defense of an Envirommental Philosophy, State University of New York Press, Albany, 1989.
    Castoriadis, C. e Cohn-Bendit, D., De la ecología a la autonomía, Mascarón, Barcelona, 1982.
    Guerra, Mª. J., Breve introducción a la ética ecológica, A. Machado Libros, Madrid, 2001.
    Guattari, F., Las Tres Ecologías, Pre-textos, Valencia, 1994.
    Jonas, H., El principio de responsabilidad. Ensayo de una ética para la civilización tecnológica, Herder, Barcelona, 1995.
    Leopold, A., Una ética de la Tierra, Ediciones de la Catarata, Madrid, 2005.
    Lyotard, J-F., "Notas sobre sistema y ecología", en Vattimo, G. (comp.), La secxularización de la filosofía, Gedisa, Barcelona, 1998.
    Martinez Alier, J, De la economía ecológica al ecologismo popular, Icaria, Barcelona, 1992.
    Martinez Alier, J, y Sclüpmann, K., La ecología y la economía, Fondo de Cultura Económica, Madrid, 1993.
    Meadows, D. H., y otros, Más allá de los límites del crecimiento, El País-Aguilar, Madrid, 1992.
    Morin, E., Tierra-Patria, Editorial Kairós, Barcelona, 1995.
    Naredo, J. M., y Parra, F. (comp.) Hacia una ciencia de los recursos naturales, Madrid, Siglo XXI, 1993.
    Rodriguez Rial, N., O planeta ferido. Por unha razón ecolóxica, Editorial Novo Século, 1990.
    Rodriguez Rial, N., "Pensar después de Chernóbil. Propuestas para un `giro ecológico´de la filosofía", en Diacritica, nº 18/2 (2004), Centro de Estudos Humanísticos, Universidade do Minho, Braga, pp. 229-266.
    Reagan, T., Earthbound: New Introductory Essays in Environmental Ethics, Randon House, New York, 1984.
    Schumacher, E., Lo pequeño es hermoso, Blume, Madrid, 1978.
    Singer, P., Ética práctica, Ediciones Akal, 2009.
    Riechmann, J. (coord.), Necesitar, desear, vivir. Sobre necesidades, desarrollo humano, crecimiento económico y sustentabilidad, Los Libros de la Catarata, Madrid, 1998.
    Riechmann, J, y otros, De la economía a la ecología, Madrid, Trotta, 1996. Schelling, F. W. J., Es critos sobre filosofía de la naturaleza, Madrid, Alianza Editorial, 1996.
    Thoreau, H. D., Caminar, Madrid, Árdora, 2001.
    Thoreau, H. D., Diarios (breve antología), Torre de viento, Barcelona, 2002.
    Thoreau, H. D., Walden, Edc. Cátedra, Madrid, 2005.
    Thornton, C., The People´s Garden: A History of Bikenhead Park, Departament of Leisure Services and Tourism, Metropolitan Boroug of Wirral, 1982.
    Varillas, B., Cuardernos de historia 16. Los movimientos ecologistas,Temi, Madrid, 1985.
    Villarroel, R., La naturaleza como texto. Hermenéutica y crisis medioambiental, Santiago de Chile, 2006.
    Weber, M., La ética protestante y el espíritu del capitalismo, Barcelona, Península, 1979.
    Competencias
    1. Adquirir coñecementos e conciencia histórica sobre a rica tradición do pensamento ecolóxico.
    2. Adquirir destrezas prácticas no uso das teorías e conceptos filosóficos para unha comprensión da crise ecolóxica.
    3. Adquirir competencias transdisciplinares no coñecemento da crise ecolóxica e a súas solucións.
    Metodoloxía da ensinanza
    1. Docencia Expositiva: O profesor expondrá os principais contidos dos temas, previa entrega por escrito dos mesmos. Os alumnos contribuirán a esta parte de exposición teórica realizando un traballo por escrito grupal sobre aspectos fundamentais de cada un dos temas do Programa, que terán que expor na clase.
    2. Docencia Interactiva: Consistirá en clases prácticas nas que se analizarán problemas e obras dos principais autores do pensamento ecolóxico.
    3. Titorías: Estarán orientadas a axudar a programar os traballos tanto personais como grupais dos alumnos.
    Sistema de evaluación
    Avaliación en base ós seguintes apartados:
    1. Traballo realizado individualmente sobre un autor/obra da historia do pensamento ecolóxico: até 10 puntos.
    2. Traballos realizados por cada grupo sobre un tema do Programa: até 5 puntos para o grupo e 5 para o traballo realizado por cada membro.
    3. Tres comentarios de texto realizados por escrito en clase sobre os temas do Curso: até 10 puntos por cada comentario.
    É condición para poder aprobar a asignatura o ter un aprobado (5) no apartado 1 e 2, sendo necesario no apartado 3 aprobar (mínimo 5) en cada un dos comentarios de texto.
    A nota final será a media de cada unha das notas saídas dos tres apartados.
    Para aqueles alumnos que non acaden unha asistencia ao curso dun 80 % terán que facer un examen final de todo o temario do Curso.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Docencia Expositiva: 18 horas presenciais na aula. Tempo de seguimento da docencia expositiva por parte do alumno/a na casa: 25 horas.
    Docencia Interactiva (Seminarios e prácticas): 18 horas presenciais na aula. Tempo por parte do alumno/a para realizar os traballos das clases interactivas: 35 horas.
    Titorías: 4,5 horas.
    TOTAL docencia presencial: 36 horas
    Total tempo estudio e traballo do alumno/a: 60 horas.




    Recomendacións para o estudo da materia
    1. É necesaria a asistencia continuada á clase por traballar en grupos, coa fin de non impedir con ausencias o bó funcionamento deste.
    2. Debe procurarse levar ó día as tarefas diarias que se programen a fin de non interferir negativamente na dinámica do curso.