G5031346 - Filosofía alemá na época da Ilustración (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoAlemánObxectivos da materiaAlén das peculiaridades “nacionais” a relevancia da ilustración alemana despréndese en boa medida da trascendencia histórica da filosofía e a figura de Kant: máximo expoñente da súa época, a filosofía de Kant érguese sobre o seu tempo e acada unha significación que só pode ser apreciada no horizonte da modernidade e mesmo no da historia da filosofía no seu conxunto. Mais Kant é tamén o máximo expoñente dunha época. A Aufklärung non é só a versión alemana do movemento ilustrado, é tamén o período de formación da “filosofía alemana”, período de formación que o é en certo xeito tamén da “nación” alemana. Alemania é un pais que para ser tivo que pensarse e pensándose levou o autoesclarecemento da modernidade aos niveis de máxima radicalidade.
O curso pretende abrir vías de comprensión para época tomando como referente o criticismo kantiano. Comprender a Aufklärung para interpretar a Kant, interpretar a Kant para comprender a Aufklärung e, a partir de aí, enfrontar o problema da recepción de Kant e o studo das condicións que feterminarán o tránsito do "idealismo trascendental" ao "idealismo absoluto".
ContidosPARTE I. Unha descrición da época.
I.0. Introducción.
I.0.1. O concepto de “ilustración”.
I.0.2. “Alemania” (Deutschland): un problema histórico.
I.0.3. Trazos característicos da Aufklärung.
I.0.4. Un fenómeno determinante: o pietismo.
I.1. Orixe e fundación da Aufklärung.
I.1.1. LEIBNIZ (1646-1716) e a Aufklärung. Significación de LEIBNIZ (1646-1716) para a formación da filosofía alemana.
I.1.2. A Frühaufklärung en Leipzig. Christian THOMASIUS (1655-1728): pai da Aufklärung. O dominio de THOMASIUS no primeiro cuarto do século (ata 1725-1730). Filósofos no ronsel de THOMASIUS.
I.1.3. Christian WOLFF (1679-1754) –Halle–. O dominio de WOLFF no segundo cuarto do século (ata 1750-1755). Filósofos no ronsel de WOLFF: wolffismo e anti-wolffismo.
I.1.4 Conservadores-eclécticos-independentes.
I.1.5 Populärphilosophie vs. Schulphilosophie.
I.2. A Aufklärung en Berlín. A hexemonía de Prusia.
I.2.1 A ilustración berlinesa:
I.2.2 FRIEDRICH II. DER GROßE (1712-1786): o rei filósofo.
I.2.3 A Academia berlinesa das ciencias.
I.2.4.Berlín, centro da Populärphilosophie.
I.2.5. Moses MENDELSSOHN (1729-1786)
I.3. Gotthold Ephraim Lessing (1729-1781)
PARTE II. Kant (1724-1804)
II.1. Os precursores de Kant: Christian August Crusius (1615-1775); Johann Heinrich Lambert (1728-1777); Johannes Nikolaus Tetens (1736-1807)
II.2. Kant precrítico. A xénese da “Crítica”
II.3. O problema da “crítica”. Cuestión metafísica e cuestión trascendental.
II.4. Problema e estructura da Crítica da razón pura.
II.5. O uso práctico da razón.
II.6. A "terceira crítica".
II.7. A (in-)conclusión do criticismo kantiano.
II.8. A reacción anti-ilustrada
II.8.1 Sturm und Drang
II.8.2 Johann Georg Hamann (1730-1788)
II.8.3 Johann Gottfried Herder (1744-1803)
II.8.4 Friedrich Heinrich Jacobi (1743-1819) e a "filosofía da fe"
II.9. A recepción de Kant e o tránsito ao "idealismo absoluto": de Reinhold a Fichte.
Bibliografía básica e complementariaIlustración:
CASSIRER, Ernst; Philosophie der Aufklärung, Tübingen, Mohr, 1932. Trad. española de E. Imaz: Filosofía de la Ilustración, México, F.C.E., 1943.
HAZARD, Paul; La crise de la consience européene (1680-1713), 1935. Versión española: La crisis de la conciencia europea, 1941.
HAZARD, Paul; La pensée européene au XVIIIe siècle, Paris, Fayard, 1946. Versión española de J.Marías: El pensamiento europeo del siglo XVIII, Rev. de Occidente, 1946.
HORKHEIMER, M. - ADORNO, Th.; Dialektik der Aufklärung. Philosophische Fragmente. Versión española de J.J.Sánchez: La dialéctica de la ilustración, Madrid, Trotta, 1997.
SCHNEIDERS, Werner (Hrsg.); Lexikon der Aufklärung. Deutschland und Europa; München, Beck, 1995.
Ilustración Alemana (Aufklärung):
BECK, Lewis White; Early German Philosophy. Kant and His Predecessors; Bristol, Thoemmes Press, 1966.
CIAFARDONE, Raffaele (Hrsg.); Die Philosophie der deutschen Aufklärung, Texte und Darstellung von Raffaele Ciaffardone, Deutsche Bearbeitung von Norbert Hinske und Rainer Specht, Stuttgart, Reclam, 1990.
CIAFARDONE, Raffaele (Hrsg.); L’Illuminismo tedesco, Torino, Loescher, 1983.
DUPUY, Maurice; La philosophie allemande, Paris, PUF, 1976 (Trad. Esp. de Alexandre Ferrer: La filosofía alemana, Barcelona, Oikos-Tau, 1976.
MAESTRE, A. y ROMAGOSA, J. (eds.); ¿Qué es Ilustración?, Madrid, Tecnos, 19881.
PARAIN, B.(ed.); Historia de la filosofía SIGLO XXI,Vol.7 (La filosofía alemana de Leibniz a Hegel). Madrid. Siglo XXI, 1977.
RAULET, Gérard (ed.); Aufklärung. Les Lumières allemandes; Textes et commentaires; Paris, Flammarion, 1995.
SCHINDLING, Anton; Bildung und Wissenschaft in der Frühen Neuzeit: 1650-1800; München, Oldenburg Verlag, 1994.
Kant:
MARTINEZ MARZOA, F. Historia de la filosofía, Madrid, Istmo, 1990.
MARTINEZ MARZOA, F. Releer a Kant, Barcelona, Anthropos, 1989.
MARTINEZ MARZOA, F. Desconocida raíz común (Estudio sobre la teoría kantiana de lo bello), Madrid, Visor, 1987.
HEIDEGGER, M. "Kants These über das Sein" (1961) en Wegmarken (Trad. esp. de H. Cortés y A. Leyte, Hitos, Alianza, Madrid, 2000)
HEIDEGGER, M. Kant und das Problem der Metaphysik, Bonn, 1929; en GA, T. 3., Frankfurt a. M.1991. Trad. esp. Kant y el problema de la metafísica, Madrid 1993.
DELEUZE, G.; La philosophie critique de Kant, Paris, PUF, 1963 (Trd. esp.: La filosofía crítica de Kant, Madrid, Cátedra, 1997.
SEVERINO, E.; La filosofía moderna. Barcelona. Ariel, 1986.
VILLACAÑAS, J.L. ; Kant y la época de las revoluciones; Madrid, Akal, 1997.
DUQUE, Félix; Historia de la Filosofía Moderna. La era de la crítica, Madrid, Akal, 1998.
Crise da Aufklärung; recepción de Kant, tránsito ao idealismo
RÜHLE, Volker; En los laberin, Fichte.tos del autoconocimiento: el Sturm und Drang y la Ilustración alemana; Madrid, Akal, 1997
VILLACAÑAS, J.L. ; La quiebra de la razón ilustrada : idealismo y romanticismo ; Madrid, Cincel, 1988.
VILLACAÑAS, J.L. ; La filosofía del idealismo alemán. Vol.I: Del sistema de la libertad en Fichte al primado de la teología en Schelling; Madrid, Síntesis, 2001.
CASSIRER, E.: El problema del conocimiento (vol. 3). México: FCE, 1979 ss.
LÓPEZ DOMÍNGUEZ, V.: Fichte, acción y libertad. Madrid: Ediciones Pedagógicas, 1995
PHILONENKO, Alexis: La liberté humaine dans la philosophie de Fichte. Paris : Vrin, 1966.
TILLIETTE, X.: Fichte, la science de la liberté. Paris : Vrin, 2003.
CompetenciasCapacidade hermenéutica para o traballo coas fontes.
Técnicas elementais de traballo historiográfico.
Metodoloxía da ensinanza No presente curso o traballo de interpretación concntrarase en tres grandes cuestións: 1) xénese e formación da filosofía crítica de KANT; 2) a recepción de Kant no contexto da crise da Aufklärung; 3) Tránsito do "punto de vista trascendental" ao "punto de vista absoluto": o FICHTE de Jena.
O traballo de “comprensión epocal” requerirá un esforzo persoal do alumno (co asesoramento e axuda do profesor) segundo as necesidades e requerimentos de cada cal.
Unha terceira tarefa é a de “documentación”. O carácter electivo da “interpretación” non debe levarnos (como con frecuencia sucede!) a reducir a complexidade da época, escurecendo, eliminando, ignorando, en suma, outras correntes, outros autores, outras tradicións. Para evitalo cada estudante debe levar a cabo un traballo de “documentación” (co asesoramento e axuda do profesor) que lle permita construir unha visión panoramica da época
Sobre a base de lectura obrigatoria de textos (fontes e literatura secundaria) desenvolveranse tanto as exposicións teóricas como as clases interactivas.
Segundo o ritmo do curso os alumnos terán que presentar proptocolos periódicos sobre as lecturas feitas e as cuestións tratadas.
Cada unha das cuestións nucleares indicadas nos contidos poderá ser obxecto dun traballo en dous momentos:
1º) Exposición teórica da cuestión sobre a base de determinados textos e con referencias bibliográficas explícitas.
2º) Lectura comentada dos textos indicados en réxime de seminario.
A partir destas consideracións haberá unha dobre liña de exposición teórica: a) a enfocada ás cuestións nucleares de interpretación e b) a enfocada á comprensión epocal.
Pola súa banda cada alumno/a deberá levar a cabo un traballo de documentación persoalizada baixo a dirección do profesor.
Finalmente os/as alumnos/as terán a posibilidade de seguir unha serie de clases prácticas. Os alumnos/as que non as sigan terán que facer un traballo complementario sobre unha obra dun autor central da época que lle indicará o profesor.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua baseada na participación nas sesións de traballo.
Exames presenciais.
Exames non presenciais: o alumno terá que desenvolver e entregar nun tempo aproximado de tres días unha composición relativa ás cuestións temáticas tratadas nas clases. Sen saírnos do marco temático deseñado polo programa, pero sen ter que repetir explicitamente nngunha fórmula do mesmo.
Trátase de comprobar a comprensión e a capacidade de elaboración das cuestións propias da materia liberado das constricións características dos exames presenciais.
O alumno deberá poder comentar na clase ou nas sesións de titoría o exercicio entregado.
A ASISTENCIA Á CLASE é inexcusable. Non serán avaliados os alumnos que non asistan a polo menos o 80% das horas lectivas.
Tempo de estudo e traballo persoalCréditos teóricos: 30 horas
Créditos prácticos: 15 horas
Traballo persoal do alumno: 67,5 horas
Cantidade total de traballo: 112,5 horas
Recomendacións para o estudo da materiaUn intenso traballo persoal de lectura crítica e reflexión, sen o cal a materia resulta inabordable.
Participación nas sesiones de traballo (clases, titorías, etc.) formulando todas cuantos problemas, dúbidas e obxecións poidan suscitar as cuestións temáticas tratadas e a interpretación dos textos, ata acadar en cada momento do curso o mínimo nivel de claridade que lle corresponde.
A filosofía é insaciable e omnívora. Contando sempre coa axuda e o asesoramento do profesor, consonte ás súas particulares circunstancias o alumno ha de desenvolver o traballo de estudo e documentación necesario para abordar cada unha das cuestións temáticas.
Preocupación pola formación cultural en aspectos non estrictamente filosóficos: acercamento á literatura, música, arte, ciencia, acontecementos históricos, etc.
ObservaciónsAconséllase que os/as alumnos/as que teñan intención de cursar esta materia consulten os horarios para comprobar que non hai incompatibilidade con algunha aoutra vmateria da que se vaian matricular.
De acordo coas tradicionais prácticas académicas entrarase na aula dentro do primeiro cuarto da hora. Só de maneira excepcional e por motivos de urxencia pode ser abandonada a clase antes de rematar.