Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031422 - Filosofía da Historia (Antropoloxía Filosófica e Filosofía da Historia e das Relixións) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
  • Áreas: Filosofía
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
PINTOS PEÑARANDA, Ma DE LA LUZ.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo xeral é conseguir que, axudándose polas directrices dadas nas clases presenciais, cada alumno/a se familiarice coas tres vías de reflexión propias da Filosofía da historia por medio da concretización en autores de distintas épocas do pensamento occidental, en relación aos tres eixos sobre os que se fará virar esta materia: (a) Progreso-Nihilismo, (b) Modernidade-(Neomodernidade)-Postmodernidade, (c) Pensamento feble-Racionalidade forte.

    O obxectivo secundario é múltiple:

    1) Trátase de que o alumno ou alumna faga o seu propio traballo persoal de comprensión do pensamento dos autores do Temario enmarcados sempre dentro das tres vías de reflexión propias da Filosofía da historia e prestando principal atención á problemática do nihilismo.
    Trátase aquí de analizar a experiencia do nihilismo da nosa época fronte á tradicional crenza no progreso, enmarcando esta análise na reflexión propia da Filosofía da historia.
    Esta análise da experiencia do nihilismo terá como fondo: a) o contraste entre a actual perda de sentido da cultura occidental e a crenza no progreso ligada a esta cultura a través da concepción xudeu-cristiana-medieval-moderna; b) o contraste entre unha concepción da historia "moderna" e unha concepción da historia "postmoderna"; c) o contraste entre diferentes posicionamentos actuais: un "pensamento feble" e unha "racionalidade forte".

    2) Trátase, asimesmo, de que o alumno ou alumna faga (a) o seu propio traballo persoal de lectura de textos e profundización neles, (b) exposicións orais na aula, (c) asistencia ás exposición orais do resto dos compañeiros e compañeiras, (d) participación activa nos debates na aula, (e) redacción escrita destas exposicións orais (f) e dun exercicio final.


    3) Trátase de practicar a reflexión filosófica sobre a historia como un medio idóneo para irse facendo cun certo criterio valorativo, ben fundado, sobre o rumbo que levou ate agora a nosa historia occidental e que está a levar na actualidade. Os autores, e as súas fontes, serán aquí un exemplo das posturas que están sostendo este rumbo e das propostas (ou non propostas) de cambio.
    Contidos
    I. Xustificación deste Temario baixo o concepto de "Filosofía da historia". ¿Que é e que non é "Filosofía da historia"? A reflexión filosófica sobre a historia exercida nos nosos tempos da "posmodernidade".

    II. A tradicional idea sobre a historia: Pensamento grego. Pensamento medieval (San Agostiño). Pensamento moderno (Kant, Herder, Vico) e contemporáneo (Hegel, Marx).

    II. A crise da Ilustración: Schopenhauer (nihilismo e "vontade de vivir"). Nietzsche (nihilismo e "eterno retorno do mesmo"). Freud.

    III. Neomodernidade. A fenomenoloxía ante a crise. Husserl, Gurwitsch: enfermidade da cultura e nihilismo do noso tempo.

    IV. Neomodernidade. A Escola de Frankfurt como Teoría Crítica: Horkheimer, Benjamin, Marcuse.

    V. Postmodernidade. Trazos xerais do pensamento "postmoderno" francés sobre a historia: Althusser, Foucault, Deleuze, Derrida.
    Bibliografía básica e complementaria
    Fontes dos autores do temario (para centrarse nalgunha parte delas ou na súa totalidade, dependendo de cada texto).

    Con cada novo tema darase bibliografía de apoio.
    Competencias
    Comprensión de cada autor e de cada aspecto do Temario "dentro" das vías de reflexión propias dunha Filosofía da historia.

    Distinción desta materia das outras materias de denominación semellante, ata conseguir diferenciar ben “que é” e “que no é” Filosofía da historia.

    Comprensión dos diferentes autores, observados na súa postura propia en canto ao Progreso-Nihilismo, Modernidade-Postmodernidade.

    Comparación e conexión crítica e valorativa entre uns autores e outros en relación aos eixos que nos servirán de guía.

    Lectura comprensiva das fontes.

    Exposición persoal oral, e escrita, do pensamento dos autores tomados directamente dende as súas fontes.

    Redacción dos exercicios con todo o rigor conceptual e formal propio dun traballo académico.

    Redacción dun exercicio final que sirva de expresión dos coñecimentos e madurez persoais acadados mediante o estudo desta materia e que sirva, á súa vez, para probar a competencia á hora de estructurar e dar forma a un traballo académico riguroso.

    Metodoloxía da ensinanza
    Metodoloxía xeral:
    Exposición introductoria, a cargo da profesora encargada, de cada un dos temas e autores. Esta exposición ten a finalidade de servir a modo de preparación e incentivo, para ir directamente, os alumnos e alumnas, ás fontes que se sinalen como lectura e ao resto do material de apoio, co gallo de traballar as fontes dos autores de modo directo e persoal. Pódese decir que todo o que se faga na aula ten como obxectivo prepararse para ler directamente as fontes por parte de cada alumno ou alumna.


    Metodoloxía concreta:
    Dende o inicio da materia, cada alumno ou alumna irá lendo as fontes dos autores. Dependendo do autor, poderase escoller un de entre os seus textos que se oferten para ler, ou se tratará de ler unha selección deles. En calquera caso, de cada autor, hai que ler directamente textos, algunhas veces facer deles exposición oral e escrita e, outras, só exposición escrita.

    Estas exposicións estarán enfocadas dende a perspectiva das vías de reflexión da Filosofía da historia. O debate na aula estará orientado a salientar os aspectos de concordancia e de diferencia entre os autores do temario.

    Exercicio final escrito: Cada alumno ou alumna se centrará nun autor e nas súas fontes para, dende el, presentar a súa postura sobre a historia e para presentar ao autor en contraste con outros representativos doutras posturas (polo que toca a Progreso-Nihilismo, Modernidade-Postmodernidade). Neste exercicio se require valoración global persoal, e absoluto rigor en canto as normas formais que necesariamente debe cumplir un traballo académico.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continua:

    (1) Avalación por cada autor traballado, segundo a exposición oral e/ou escrita que se requira.

    (2) Exercicio final, escrito, onde se recollan, contrastados, os diversos enfoques dos autores do temario.

    (3) Asistencia regular presencial ás clases.

    A cualificación final será o resultado de sumar (1) + (2) nunha proporción de 50% cada parte.

    Para superar a materia será imprescindible sumar (1) e (2).
    En ningún caso a materia poderá ser superada presentando só (1) ou (2).

    As asistencias a clase e a entrega de cada exercicio parcial no día sinalado determinarán a cualificación final, cara arriba ou cara abaixo.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    - Horas presenciais teóricas e expositivas: 45 horas (3 horas semanais).
    - Horas de lectura de textos, deseño, exposición oral, redacción dos exercicios por autor e redacción do exercicio final: 105 horas.
    - Total volume de traballo: 150 horas (6 créditos ECTS).

    Recomendacións para o estudo da materia
    Dado que a materia non será avaliada tan só polo exercicio final e que este precisa de todo un traballo continuado e gradual por detrás, recoméndase a asistencia regular ás clases presenciais (que se terá moi en conta), ir facendo a lectura dos textos e a entrega do exercicio escrito de cada autor tamén no seu momento marcado, asistir ás exposicións do resto dos compañeiros e compañeiras e, en definitiva, ir madurando a materia paseniñamente para facer máis doada a redacción do exercicio final.
    Observacións
    As exposicións da profesora serán en lingua galega.