G5031424 - Correntes actuais da Filosofía (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaPreténdese achegarlle ao alumnado os coñecementos básicos dos momentos máis sobranceiros de pensamento de século XX, tentando sempre de analizar o seu carácter actual e a súa vixencia na filosofía de hoxe en día.
Tamén se pretende dar a coñecer o pensamento e a obra de autores clásicos do século XX pertencentes ás seguintes correntes filosóficas contemporáneas:
- Fenomenoloxía
- Existencialismo
- Estructuralismo e Posestructuralismo
- Teoría Crítica
- Últimas tendencias (posmodernidade, etc.)
Contidos1. E. Husserl e o movemento fenomenolóxico
A) O autor e a súa circunstancia
B) Os conceptos fundamentais da Fenomenoloxía
2.: Da fenomenoloxía ao “existencialismo”: M. Heidegger (1889-1976)
A) A analítica existencias: o primeiro Heidegger
B) O poeta do Ser: o último Heidegger
3. Estruturalismo e Postestruturalismo filosófico
A) O movemento estruturalista
B) O deconstruccionismo: Jacques Derrida
4. A Teoría Crítica
A) A Escola de Frankfurt: orixe e representantes
B) O pensamento de Max Horkheimer
5. Últimas tendencias
A) O pensamento filosófico no tránsito do século XX ao XXI
B) Desenvolvemento do pensamento posmoderno en Europa
Bibliografía básica e complementariaA) FONTES
Husserl, E.: La idea de la Fenomenología, FCE Madrid 1982.
Husserl, E.: La crisis de las ciencias europeas, Ed. Crítica, Barcelona.
Heidegger: El ser y el tiempo, F.C.E.
Heidegger, M.: Carta sobre el humanismo, Taurus, Madrid
Heidegger, M.: Arte y poesía, FCE
Derrida, J.: La deconstrucción en las fronteras de la filosofía
Derrida, J.: Márgenes de la Filosofía
Horkheimer, M.: Teoría crítica
Lyotard, J.-F.: La condición posmoderna
Vattimo, G. (ed.): Pensamiento débil.
B) BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA
Agís Villaverde, M.: Camiñantes: Un itinerario filosófico, Ed. Galaxia, Vigo 2009 (trad. esp. El Camino de la Filosofía, Ed. Univ. Don Bosco, San Salvador 2011).
Bengoa Ruíz de Azúa: De Heidegger a Habermas. Ed. Herder, Barcelona.
Hernández Pacheco, J.: Corrientes actuais de la filosofía. La escúela de Francfort. La filosofía hermenéutica, Tecnos, Madrid 1996.
Lyotard, J.-F.: La Fenomenología, Paidós, Barcelona 1989.
Rodríguez, Ramón: Heidegger y la crisis de la modernidad, Ed. Síntesis Madrid 2006
San Martín, J.: La estructura del método fenomenológico, UNED, Madrid 1986.
Peretti, C.: Jacques Derrida: Texto y deconstrucción; Ed. Anthropos, Barcelona
Bolivar Botia, A.: El estructuralismo: de Levi-Strauss a Derrida, Ed. Cincel, Madrid
CompetenciasA principal competencia que o alumnado obterá dun bo aproveitamento do estudo do temario é, fundamentalmente, aprender a discernir os marcos teóricos nos que se teñen establecidas as discusións filosóficas no período contemporáneo.
En segundo lugar, búscase familiarizar ós estudantes cos principais autores seleccionados como representantes das correntes filosóficas indicadas.
En terceiro lugar, quérese introducir ós estudantes na lectura das obras dos autores que forman parte do programa.
Metodoloxía da ensinanza - Sesións teóricas con exposicións
- Clases prácticas con manexo de textos e documentos
- Presentación/Exposición dos traballos elaborados polos estudantes
- Sesións con apoio audiovisual
Sistema de evaluaciónAvaliación continua na que se terá en conta os seguintes aspectos:
1) Asistencia e participación nas sesións
2) Elaboración de comentarios de texto e pequenos traballos, cuxa posta en común terá lugar nas clases prácticas.
3) Elaboración dun traballo para expoñer
4) Exame, no caso de no optar pola avaliación continua
Tempo de estudo e traballo persoalA) Traballo presencial do alumno/a:
- Clases teóricas 30 h.
- Clases prácticas 10
- Actividades tutoriais 3
- Exámenes 2
B) Traballo persoal do alumno/a
- Seguimento (lecturas, documentación, etc.) 35 h.
- Preparación (lecturas, documentación, pesquisa, etc.) e realización de actividades (exposicións, debates, comentarios, exercicios, traballos etc.) 25
- Estudo 45
Recomendacións para o estudo da materiaÉ moi recomendable a participación activa nas clases e o traballo continuado sobre as lecturas propostas, así como a asistencia ás titorías para tentar de resolver as dubidas e as cuestións suscitadas nas aulas.
Na medida do posible, o alumnado deberá procurar a lectura dos textos filosóficos no seu idioma orixinal