G5031425 - Filosofía Política II (Filosofía Política) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
- Áreas: Filosofía Moral
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia - Coñecer as cuestións e problemas básicos da filosofía política.
- Aprender os conceptos fundamentais da nosa materia.
- Estudar os paradigmas mais representativos desta disciplina filosófica.
- Familiarizarse co traballo dos textos clásicos e contemporáneos da filosofía política.
ContidosPROGRAMACIÓN TEÓRICA
1. Introdución xeral.
2. A cidadanía: historia, problemas e modelos.
2.1. Rasgos e dimensións do concepto de cidadanía.
2.2. A constitución histórica da idea de cidadanía.
2.3. Liberdades, dereitos e cidadanía.
2.4. Cidadanía e xustiza. A cidadanía social.
2.5. Cidadanía, pluralidade e identidade.
2.6. Inclusión e apertura da cidadanía.
2.7. Modelos de cidadanía.
3. A democracia: historia, problemas e modelos.
3.1. Teoría da democracia: principios básicos.
3.2. A democracia na súa historia conceptual.
3.3. Democracia e representación.
3.4. Participación, deliberación e decisión.
3.5. Modelos de democracia.
4. A xustiza: principios, clases e teorías.
4.1.Criterios, principios e clases de xustiza.
4.2. A xustiza distributiva e a xustiza política.
4.3. As teorías clásicas e contemporáneas da xustiza
4.4. A xustiza na era da globalización.
5. Polis e cosmopolis.
5.1. A guerra e a paz.
5.2. O internacionalismo.
5.3. O multiculturalismo.
5.4. O cosmopolitismo.
PROGRAMACIÓN PRÁCTICA
Lectura e comentario conxunto, en réximen de seminario de traballo, baixo a orientación e supervisión do profesor, das seguintes obras paradigmáticas da filosofía política:
- Kant: A paz perpétua
- Rawls: O liberalismo político
- Arendt: Que é a política?
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica e complementaria
1.Bibliografía básica (destas obras clásicas existen numerosas edicións de doada accesibilidade para os alumnos; as versións referidas son indicativas).
(a) Arendt: ¿Qué es la política?, Madrid, Alianza Editorial, 1997.
(b) Kant: Sobre la paz perpétua, Madrid, Alianza Editorial, 2002.
(c) Rawls: El liberalismo político, Barcelona, Crítica, 1996.
2. Bibliografía complementaria..
- Águila, R. del & outros: La democracia en sus textos, Madrid, Alianza, 1998.
- Althüsser, L.: Política e historia. De Maquiavelo a Marx. (Cursos en la Escuela Normal Superior 1955-1972), Buenos Aires, Katz Editores, 2007.
- Arteta, A. (ed.): El saber del ciudadano, Madrid, Alianza, 2008.
- Arteta, A., García Guitián, E., Máiz, R. (eds.): Teoría política: poder, moral, democracia., Madrid, Alianza, 2003.
- Bermudo, J.M., Filosofía política, Barcelona, Ediciones del Serbal, 2001-2005, 3 vols.
- Bobbio, N.: Estudios de historia de la filosofía, Madrid, Debate, 1985.
- Bodei, R., : Geometría de las pasiones. (Miedo, esperanza, felicidad: filosofía y uso político), México, F.C.E., 1996.
- Boron, AtilioA. (comp.): Teoría y filosofía política. La tradición clásic a y las nuevas fronteras, Buenos Aires, CLACSO – EUDEBA, 2001.
- Díaz, E. e Ruiz Miguel, A. (eds.): Filosofía Política II: Teoría del Estado, Madrid, Trotta, 1996.
- Dunn, J. (ed.): Democracia. El viaje inacabado (508 a.C.-1993 d.C.), Barcelona, Tusquets, 1995.
- Ferry L.: Filosofía Política I. El derecho: la nueva querella de los antiguos y los modernos, México. F.C.E., 1991.
- Ferry, L.: Filosofía Política II. El sistema de las filosofías de la historia, México, F.C.E., 1991.
- Ferry L. e Renaudet A.:, Filosofía Política III. De los Derechos del hombre a la idea republicana, México, F.C.E., 1991.
- Foucault, M.: Hay que defender la sociedad. Curso del Collège de France (1975-1976) Madrid, Ediciones Akal, 2003.
- Foucault, M.: Seguridad, territorio, población. Curso del Collège de France (1977-1978), Madrid, Ediciones Akal, 2008.
- Gargarella, R.: Las teorías de la justicia después de Rawls, Barcelona, Paidós, 1999.
- Habermas, J.: Ensayos políticos, Barcelona, Península, 1988.
- Habermas, J.: La inclusión del otro, Barcelona, Paidós, 1999.
- Hirschman, A.O.: Las pasiones y los intereses. Argumentos políticos a favor del capitalismo previos a su triunfo, Barcelona, Península, 1999.
- Kymlicka, W.: Filosofía política contemporánea, Barcelona, Ariel, 1995
- Peña, J.: La ciudad sin murallas. Política en clave cosmopolita, Madrid, El Viejo Topo, 2010.
- Pocock, J.G.A.: El momento maquiavélico. El pensamiento político florentino y la tradición republicana atlántica, Madrid, Tecnos, 2002.
derno, México, F.C.E., 1985-1986, 2 vols.
- Strauss, L. & Cropsey, J. (comp.), Historia de la filosofía política, México, F.C.E, 1993.
- Vallespín, F. (ed.): Historia de la teoría política, Madrid, Alianza, 1990 1995, 6 vols.
- Viroli, M.: De la política a la razón de Estado. La adquisición y transformación del lenguaje político (1250-1600), Madrid, Ediciones Akal, 2009.
Competencias - Posuír os coñecimentos propios da materia: conceptos, problemas, doutrinas e teorías, a partir dos textos clásicos e das aportacións contemporáneas.
- Afondar na capacidade para comprender, analizar, debater e deliberar as problemáticas chave da disciplina.
- Adiestrarse na expresión, verbal e escrita, das cuestións que se propón ós alumnos sobre os contidos da materia.
- Desenvolver a reflexión crítica e activa da información dos contidos do programa da disciplina.
Metodoloxía da ensinanza - Docencia teórica: clases teóricas expositivas polo profesor, abertas á participación, deliberación, confronto e debate polos alumnos.
- Docencia práctica: desenvolvemento das actividades programadas na parte práctica do programa da materia (sen exclusión doutras complementarias) aó longo do curso. Comentario oral (na aula) dos textos de lectura obrigatoria e escrito (polo xeral, tamén na aula) da antoloxía de fragmentos de textos escollidos polo profesor (ate un máximo de 10) entre os filósofos da política, ora clásicos, ora contemporáneos, informativos das problemáticas discursivas estudadas e reflectidas nos contidos da materia, susceptibles de interpelarnos tamén na nosa contemporaneidade.
Observación: A programación e organización das xornadas de traballo en réximen de seminario de textos e das prácticas escritas se realizará nos horarios de tutorías.
Sistema de evaluaciónA avaliación definitiva terá en conta a programación da docencia teórica e práctica, i.e:
- A parte teórica será avaliada en duas probas escritas ao longo do curso. A realización destas probas polos alumnos se restrinxe a todos aqueles cuxa asistencia regular e periódica as aulas lles faculte (e faculte ao docente) para unha avaliación continua sensata do seu traballo e aprendizado polo profesor.
En calquera caso, aqueles alumnos que non asistan as aulas con regularidade, poderán ser avaliados nunha proba final escrita dos contidos do programa (segundo o calendario oficial de exames da facultade) ao remate do curso, que tamén terán o dereito de realizar os alumnos que non acadaran o aprobado na avaliación continua (tendo en conta sempre que unha avaliación positiva (de 5 a 10) require, a lo menos, o aprobado nas dúas probas escritas (de avaliación) da parte teórica.
- A parte práctica avaliará, por unha banda, a participación activa e periódica dos alumnos no seminario de textos das obras de lectura obrigatoria (e da asistencia, actitude, motivación e participación no desenvolvimento ó longo do curso) e, pola outra, os traballos escritos individuais dos fragmentos de textos de filosofía da política escollidos polo profesor.
A avaliación final, por conseguinte, resultará da media aritmética entre ambas partes da programación, mais tendo en conta, por unha banda, que dita media será ponderada (pois a parte teórica puntuará ate 6 [sobre 10] e a parte práctica ate 4 [sobre 10]) e, pola outra, que --como xa dixemos-- para ter dereito a dita media resultará preciso que o alumno obteña en cada unha delas a puntuación de 5, como mínimo.
Tempo de estudo e traballo persoal- Horas presenciais semanais: 3 (docencia teórica e práctica).
- Horas non presenciais semanais: 2 (lecturas dos temas e textos e preparación de traballos).
- Tempo de estudo cuadrimestral do alumno: 100 horas.
Recomendacións para o estudo da materia- Asistencia diaria as clases.
- Lectura regular, previa ou posterior a clase, dos temas e textos que se desenvolven nas aulas.
- Estudo sistemático e periódico dos contidos do programa da materia.
- Programación e preparación, con anterioridade, das actividades da parte práctica da materia.
- Utilización das horas de atención ós alumnos.
ObservaciónsEn relación ca bibliografía complementaria, de carácter máis específico, necesaria para o estudo de cada un dos temas do programa, a preparación dos exames e das aulas de seminario de textos, ademáis da realización doutras actividades prácticas, o profesor suministrará durante as clases referencias de utilidade, proporcionando ademais aos alumnos que o requiran, en horario de tutorías, a información e documentación que precisen.