Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Filosofía  »  Información da Materia

G5031441 - Filosofía moral e política contemporánea (Ética) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Lóxica e Filosofía Moral
  • Áreas: Filosofía Moral
  • Centro: Facultade de Filosofía
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
GARCIA SOTO, LUIS MODESTO.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo CLE01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasSINON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    1.- Transmitir os contidos fundamentais, mediante a explicación dos temas do programa.
    2.- Ensinar a traballar, mediante a leitura e o comentario de textos filosóficos.
    3.- Alentar o diálogo, promover o debate, animar á reflexión, mediante a participación nas explicacións e os comentarios.

    Contidos
    0. BARTHES, un filósofo do século XX para o século XXI

    1. CRÍTICA
    1.1. No comezo, a escrita
    1.2. Unha achega á historia
    1.3. Un ollar crítico, unha voz crítica
    1.4. Paixón polo teatro
    1.5. Oficio de escribente, madeira de escritor

    2. CIENCIA
    2.1. Contributo á semiótica
    2.2. Vella, nova e outra crítica
    2.3. Pasado de moda ou por encima da moda?
    2.4. Pesquisas retóricas
    2.5. Viraxe a Oriente (face a Occidente)

    3. ESTÉTICA
    3.1. Do estruturalismo ao posestruturalismo
    3.2. Outras linguas dentro da lingua
    3.3. Crítica literaria, máis unha vez
    3.4. Esteta, hedonista, individualista
    3.5. Auto-bio/biblio-grafía

    4. ÉTICA
    4.1. Vindicación do amor
    4.2. Contra todo poder
    4.3. Combater a imaxe, traballar a palabra
    4.4. Ver, pensar, ser
    4.5. O Barthes póstumo

    Bibliografía básica e complementaria
    A) Básica:
    Barthes, R., Oeuvres complètes, I (1942-1961), II (1962-1967), III (1968-1971), IV (1972-1976) & V (1977-1980), Édition d’Éric Marty, Paris, Seuil, 2002.
    Barthes, R., Comment vivre ensemble: simulations romanesques de quelques espaces quotidiens, Édition de Claude Coste, Paris, Seuil/Imec, 2002.
    Barthes, R., Le neutre, Édition de Thomas Clerc, Paris, Seuil/Imec, 2002.
    Barthes, R., La préparation du roman I et II, Édition de Nathalie Léger, Paris, Seuil/Imec, 2003.

    Recoméndanse, igualmente, as edicións en español e en portugués das obras de Barthes.

    B) Complementaria:
    Bensmaïa, R., Barthes à l'essai, introduction au texte réfléchissant, Tübingen, Günter Narr Verlag, 1986.
    Coquio, C. & Salado, R., Barthes après Barthes, une actualité en questions, Actes du colloque international de Pau, Pau, Publications de l’Université de Pau, 1993.
    Coste, C., Roland Barthes moraliste, Villeneuve d’Asq, Presses Universitaires du Septentrion, 1998.
    Culler, J., Barthes, London, Frank Kermode, col. Fontana Modern Masters, 1983.
    De Diego, J.L., Roland Barthes, Buenos Aires, Almagesto, col. Perfiles, 1993.
    Fabbri, P. & Pezzini, I., Mitologie di Roland Barthes, Colloquio de Reggio Emilia 1984, Parma, Pratiche editrice, 1986.
    Giordano, A., Roland Barthes. Literatura y poder, Buenos Aires, Beatriz Viterbo, 1995.
    Marty, É., Roland Barthes, le métier d’écrire, Paris, Seuil, col. Fiction & Cie, 2006.
    Milner, J.C., Le pas philosophique de Roland Barthes, Paris, Verdier, col. Philia, 2003.
    Moriarty, M., Roland Barthes, Cambridge, Polity Press, 1991.
    Perrone Moisés, L., Barthes, São Paulo, Brasiliense, 1983.
    Rabaté, J.M. (ed.), Writing the Image After Roland Barthes, Philadelphia, University of Pennsylvania Press, 1997.
    Soto, L. G., Outramente Barthes, Porto, Nova Renascença, 1988.
    VV.AA., Leituras de Roland Barthes, Lisboa, Dom Quixote, 1982.

    Ademais, ao longo do curso, ampliarase a bibliografía específica sobre a obra de Barthes.


    Competencias
    A) Específicas:
    1.- Adquisición dos coñecementos propios da materia.
    2.- Aprendizaxe das técnicas de estudo correspondentes.
    3.- Desenvolvemento das capacidades de lectura, interpretación, diálogo e debate razoados e construtivos.

    B) Xerais:
    1.- Mellora da comunicación verbal e escrita.
    2.- Desenvolvemento do sentido ético, potenciando a auto-consciencia moral e avivando a sensibilidade social ético-política.

    Metodoloxía da ensinanza
    1.- Docencia expositiva: explicación dos temas do programa polo profesor, aberta á participación, o confronto e o debate.

    2.- Docencia interactiva: realización de prácticas consistentes en comentarios de temas/textos escollidos, orientados polo profesor. Habitualmente terán lugar na aula no horario fixado.

    3.- Tutorías: consulta e seguimento singularizados ao dispor do/a aluno/a.

    Sistema de evaluación
    A avaliación por curso é continua e abarca a teoría (dous exames parciais) e as prácticas:

    1.- Primeiro Parcial: temas 1 e 2, Crítica e Ciencia. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: outubro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro).

    2.- Segundo Parcial: temas 3 e 4, Estética e Ética. Proba obxectiva, tipo test (duración: 1 hora). Data: novembro. Puntuación: de 0 a 10. Haberá un exame de recuperación (data: decembro).

    3.- Prácticas: pola realización de 10 comentarios, estando todos ben, poderá obterse +1. Cada comentario realizado poderá receber a cualificación global de ben (+0,1), regular (+0,05) ou mal (+0).

    Os/as alunos/as suspensos/as, aqueles/as que non obteñan unha media de 5 (sumadas a teoría e as prácticas), deberán concorrer aos exames finais de xaneiro e/ou xullo. Á nota obtida nestes (de 0 a 10) será agregada a das prácticas realizadas durante o cuadrimestre (de 0 a +1) para establecer a cualificación final.

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tempo de traballo: 112,5 horas (4,5 ECTS)
    Horas presenciais semanais: 2 horas (docencia expositiva e interactiva). Aproximadamente, 30 horas no cuadrimestre.
    Horas non presenciais semanais: 1 hora, recomendada para a leitura dos temas/textos. Aproximadamente, 15 horas no cuadrimestre.
    Tempo de estudo cuadrimestral: 67,5 horas (traballo do/a aluno/a).

    Recomendacións para o estudo da materia
    1) Leitura previa ás aulas, e releitura posterior, dos textos dos temas.
    2) Asistencia e participación nas aulas, imprescindibelmente nas clases prácticas.
    3) Preparación dos temas marcados seguindo as pautas indicadas.
    4) Consulta de dúbidas nas aulas ou en tutorías.