G5031444 - Introducción á Fenomenoloxía (Historia e Correntes actuais da Filosofía) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia- O principal obxectivo é ofrecer unha exposición introductoria á Fenomenoloxía, para presentala como un especial enfoque e actitude que conleva un especial método de análise e descripción da realidade.
-O obxectivo que deriva deste principal obxectivo é que, mediante a exposición dos seus elementos conceptuais para levar a cabo este método, ao final do desenvolvemento da materia, o alumnado estea preparado para usar con toda normalidade a metodoloxía fenomenolóxica.
-Este obxectivo, de cumplirse, permitirá que, ao remate do desenvolvemento desta materia, cada alumno ou alumna sexa capaz de realizar por si mesmo/a un exercicio práctico onde "aplique" a metodoloxía fenomenolóxica a temas e preocupacións da nosa actualidade histórico-cultural. Trátase de comprobar que a Fenomenoloxía é, ante todo, un "método" de análise reflexiva e que, como tal método, é de aplicación práctica a moi distintos campos da nosa realidade.
Estes obxectivos levas implicados estes outros:
- Clarexar qué é a Fenomenoloxía en canto filosofía "nova" e entender a súa novidade enmarcada no contexto histórico-cultural e científico no que xorde.
- Coñecer quen foi Edmund Husserl, o seu fundador, coñecer como concibe el o sentido e a función da Fenomenoloxía e coñecer aos principais discípulos e seguidores seus. Trátase, tamén, de familiarizarse cos textos fenomenolóxicos máis importantes.
- Comprender que a Fenomenoloxía é, ante todo, un novo estilo e un novo método que, describindo e analizando a realidade na que estamos, descubre, describe e revaloriza, a "experiencia vivida" por cada suxeito e defende o carácter previo e fundador desta experiencia subxectiva en relación con toda teoría e con toda ciencia "obxectivas".
- Xustificar na nosa actualidade filosófica e histórico-cultural a necesidade e pertinencia da tarefa proposta pola reflexión fenomenolóxica, abrindo liñas de análise crítica polo que toca á nosa tradicional orientación da Filosofía e das Ciencias.
- Captar o obxectivo ético-político de Husserl cando desenmascara os "prexuízos" do obxectivismo e do naturalismo como raíz do mal rumbo que está a levar a nosa historia actual.
ContidosTema I. Introdución e contextualización: A) Motivación e obxectivos de Husserl cando inicia a nova filosofía fenomenolóxica. Sentido e función da Fenomenoloxía. Converxencia con outras ciencias humanas e biosociais do seu momento. B) Etapas que se poden distinguir na investigación de Husserl e obras pertencentes a cada etapa. Principais colaboradores e discípulos. Etapas da tradición fenomenolóxica e campos de investigación.
Tema 2. Descubrimento dos prexuízos do "obxectivismo" e do "naturalismo" que impregnan a nosa cultura e están na raíz da enfermidade da cultura occidental. Confrontación coa psicoloxía naturalista, co determinismo historicista e coa filosofía neokantiana.
Tema 3. A intencionalidade da conciencia en canto corpóreo-perceptivo-práxica. A priori de correlación intencional universal. Intencionalidade transcendental (estratexias de constitución trascendental do sentido).
Tema 4. Método fenomenolóxico: epojé, descrición da actitude natural e redución fenomenolóxico-trascendental. Os tres egos: ego fenoménico, ego transcendental e ego fenomenolóxico. Redución intersubxectiva.
Tema 5. Guía para aplicar a un tema concreto da nosa actualidade o método fenomenolóxico e elaborar un exercicio práctico con esta aplicación.
Bibliografía básica e complementariaI. Será Bibliografía básica o conxunto das obras de Husserl e determinadas obras dos seus principais colaboradores e discípulos:
Edmund HUSSERL:
Investigacións Lóxicas.
A idea da Fenomenoloxía.
A Filosofía como ciencia estricta.
Ideas relativas a unha fenomenoloxía pura e a unha filosofía fenomenolóxica I, II e III.
Fenomenoloxía da conciencia interna do tempo.
Renovación do home e de la cultura [os cinco ensaios de Kayzo].
Lóxica formal e trascendental.
Meditacións cartesianas.
A crise das ciencias europeas e a fenomenoloxía trascendental.
Experiencia e xuicio.
Martin HEIDEGGER: Ser e tempo.
Eugen FINK: "A filosofía fenomenolóxica de Husserl ante a crítica contemporánea".
Ludwig LANDGREBE: O camiño da Fenomenoloxía
Aron GURWITSCH: Esbozo da fenomenoloxía constitutiva / "O nihilismo do noso tempo".
Maurice MERLEAU-PONTY: Fenomenoloxía da percepción. / O mundo da percepción: sete conferencias.
José ORTEGA Y GASSET: Investigacións psicolóxicas.
II. Bibliografía complementaria:
Lester EMBREE, Análisis reflexivo, Morelia (México), Jitanjáfora, 2003.
Mª Luz PINTOS, "Motivos fundamentales de la fenomenología husserliana", Agora. Papeles de Filosofía vol. 12, 2 (1993) 23-37. / “¿Dónde nace el sentido de la Justicia y a qué nos debe llevar? La aportación de la fenomenología”, en AA.VV., En torno a la justicia, A Coruña, Eris, 1999, pp. 169-256. / “La recuperación de la animalidad. Utilidad y aplicabilidad de la Fenomenología a los cien años de su surgimiento”, Signo. Intencionalidad. Verdad. Estudios de Fenomenología, Sevilla, SEFE / Universidad de Sevilla, 2005, 369-388./ “¿É a Fenomenoloxía unha filosofía para o século XXI ? ” , en J. M. Santos, Pedro M. S. Alves, André Barata (eds.) A Fenomenologia Hoje, Lisboa, Centro de Filosofia da Universidade de Lisboa, 2003, pp. 48-57. / “La gran aportación de la fenomenología husserliana para el mundo de hoy”, Escritos de Filosofía, Buenos Aires, 43 (2004). / “La Fenomenología y las ciencias humanas y bio-sociales. Su convergencia en un importante momento de cambio de paradigmas", Revista Philosophica, Valparaíso-Chile, 27 (2004) 215-245./ “Fenomenología del objeto vivido frente al olvido del objeto-para-el-sujeto por parte del ‘objetivismo’ naturalista”, Duererías. Revista de Filosofía, Zamora, 4 (2004) 135-158./ “¡Espacializamos! Fenomenología del espacio vivido frente al ‘objetivismo’ naturalista”, Alfa. Revista de la Asociación Andaluza de Filosofía, Jaén, 15 (2004) 17-39./ “Merleau-Ponty: fenomenología e historia”, en Jesús Díaz / Mª Carmen López Saénz (eds.), Fenomenología e Historia, Madrid, UNED, 2003, pp. 87-102./ “La gran aportación de la fenomenología husserliana para el mundo de hoy”, Escritos de Filosofía, Buenos Aires, 43 (2003) 125-156./ “Desde la interdisciplinaridad, modelos de “actitud” crítica y de compromiso ante la historia. La convergencia entre la Historia a Debate y la Fenomenología”, en Carlos Barros (ed.), Historia a Debate, L´histoire en Débat, History under Debate, Vedra, Historia a Debate, 2009, vol. III, pp. 163-173./ “Fenomenología del cuerpo como expresión e interpretación”, en Jorge V. Arregui / Juan A. García González (eds.), Significados corporales, Contrastes. Revista Interdisciplinar de Filosofía: volumen monográfico Significados corporales, 2006, 127-145./ “Fenomenología de la corporeidad emotiva como condición de la alteridad”, Investigaciones Fenomenológicas, volumen extra (2010) 142-168./“¿Dónde nace el sentido de la tolerancia y cómo valernos de él racionalmente? Aportación desde la fenomenología”, en Rosemary Rizo-Patrón (edª), Interpretando la experiencia de la tolerancia. Interpreting the Experience of Tolerance, Lima, Fondo Editorial de la Pontificia Universidad Católica del Perú, 2006, 123-137./“Los Anexos XXV-XXVI-XXVII-XXVIII al parágrafo 73 de La crisis de Husserl”, Investigaciones Fenomenológicas 5 (2007) 85-123./ “Actitud natural”, intercorporeidad y empatía emocional en el “mundo da vida”. Análisis fenomenológico”, Ponencia en el III Congreso Luso-Brasileiro de Fenomenologia, Faculdade de Letras de la Universidade de Lisboa, diciembre 2007./ “El futuro de la fenomenología pasa por poner unas nuevas bases para reorientar la actividad humana causante de la actual crisis ecológica”, en James Dodd (ed.), Future of Phenomenology, New York, The New School, EE.UU, 2007./ “Aron Gurwitsch: fenomenología de la percepción y encuentro con Kurt Goldstein”, Investigaciones Fenomenológicas 6 (2008) 327-355./ “Emociones. Empatía. Tolerancia. Análisis fenomenológico de la integración cuerpo-mente, naturaleza-cultura”, Alfa. Revista de la Asociación Andaluza de Filosofía 22/23 (2008) 115-132./ “Emociones y empatía, dimensiones primordiales de toda vida humana. Análisis fenomenológico”, Comunicación presentada en el VIII Congreso Internacional de Antropología Filosófica: “La dimensiones de la vida humana” celebrado en Madrid, septiembre de 2008./ “Cómo abordar la cuestión política desde la fenomenología”, Investigaciones fenomenológicas, serie monográfica: volumen 3 (2011) 379-391./ “Presentación de la fenomenología por Eugen Fink ante las críticas y la mala interpretación neokantianas”, Braga (no prelo)./ “Fenomenología, género y paz”, en Irene Comins Mingol / Sonia París Albert (edas), Investigando para la paz. Estudios filosóficos, Barcelona, Icaria, 2010, pp. 51-71.
Javier SAN MARTÍN, La estructura del método fenomenológico, Madrid, UNED, 1986 / La fenomenología de Husserl como utopía de la razón, Barcelona, Anthropos, 1987 / La fenomenología como teoría de una racionalidad fuerte, Madrid, UNED, 1994.
Bernhard WALDENFELS, De Husserl a Derrida, Barcelona, Paidós, 2002.
Competencias- Coñecer o fundador da Fenomenoloxía e os seus discípulos principais, e identificar os seus escritos.
- Comprender o significado da Fenomenoloxía como actitude e enfoque novidosos da Filosofía.
- Captar o sentido e a función da Fenomenoloxía.
- Entender a Fenomenoloxía como un método e manexarse nos diferentes tramos deste método mediante a utilización dos principais conceptos fenomenolóxicos.
- Comprender en que consiste a "redución fenomenolóxica".
- Iniciarse na lectura directa e persoal, de textos fenomenolóxicos.
- Saber aplicar a metodoloxía fenomenolóxica a algún tema da nosa actualidade histórico-cultural .
Metodoloxía da ensinanza - Nas tres horas semanais de clases teóricas presenciais farase exposición teórica introductoria a todos os elementos do temario, facendo especial énfase nas ideas fenomenolóxicas nucleares e traballándoas por medio de moitos exemplos para lograr de lograr unha perfecta comprensión e asunción.
- Cada alumno ou alumna irá lendo, durante todo o cuadrimestre, pequenos textos fenomenolóxicos co fin principal de familiarizarse con esta especial actitude, método e conceptualización da Fenomenoloxía. De feito, a exposición introductoria teórica por parte da profesora irá sempre dirixida a dotar a cada alumno ou alumna dos instrumentos necesarios para despois poder enfrontarse persoalmente a un texto de Husserl (e, no seu caso, doutros textos fenomenolóxicos) e para ser capaz de seguilo e de comprendelo nas súas ideas e conceptos principais. Polo tanto, o traballo na aula vai encamiñado ao traballo de lectura directo por cada alumno ou alumna.
- Todas estas lecturas, de fontes e bibliografía complementaria, permitirán que, dun modo guiado pola profesora, o alumno ou alumna vaia xa esbozando e redactando, dende o principio ao final do cuadrimestre, breves exercicios que lle posibilitarán, ao remate do curso, eleborar un exercicio final persoal.
Sistema de evaluaciónToda a exposición teórica introductoria á actitude, método e conceptos fenomenolóxicos, xunto coa lectura directa de textos fenomenolóxicos por parte de cada alumno ou alumna, teñen o obxectivo de aprender a aplicar a un tema concreto da nosa actualidade esta actitude e método fenomenolóxicos e de conseguir elaborar un Exercicio Práctico sobre aquel tema da nosa actualidade histórico-cultural que será proposto, segundo as inclinacións e preferencias, da cada alumno ou alumna para realizar tal exercicio. Sen embargo, respetaranse outras preferencias para este exercicio final. En todo caso, sempre cada exercicio final será acordado entre o alumno/a e a profesora.
Avaliarase a materia mediante (1) a asistencia continuada ás clases, (2) a redacción por escrito de pequenos exercicios, elaborados sobre o material dado en cada sesión de clase, mediante (3) lectura dalgúns textos de Husserl e/ou discípulos, e mediante (4) a redacción dun Exercicio final, cuxo tema será elexido e decidido en función dos intereses e preferencias de cada alumno ou alumna.
Tempo de estudo e traballo persoalHoras presenciais teóricas e interactivas (asistencia ás aulas e participación con lectura de textos comentada): 45 horas (3 horas semanais).
Horas de lectura persoal de textos, de afondamento na temática, de deseño e redacción dos breves exercicios e do exercicio final: 105 horas.
Total volume de traballo: 150 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaEsta materia non se pode preparar sen ser introducido directamente por un fenomenólogo. Deís o carácter imprescindible de asistir a todas as sesións de aula, as que terán un desenvolvimento tipo seminario.
Só con esta asistencia continua, e con esa gradual comprensión de moitos dos elementos da fenomenoloxía, se poderá lograr unha comprensión da fenomenoloxía e a asunción propiia deste particular enfoque e actitude.
Aqueles alumnos e alumnas que sepan por anticipado que non poden asistir a todas as asesións de aula, non deberían matricularse nesta materia, posto que chocarían cunha imposibilidade real de comprensión da fenomenoloxía.