G5031448 - Filosofía e Teorías das Artes (Estética) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Seminario: 18.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Filosofía e Antropoloxía Social
- Áreas: Filosofía
- Centro: Facultade de Filosofía
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia-Comprender as diferentes nocioóns, usos e metodoloxías da estética, presentándoas de maneira sistemática e conceptual.
-Determinar a situación, competencias e obxecto de reflexión da estética no seo do discurso filosófico.
-Comprender o valor da dimensión estética na praxe do coñecemento xeral e da crítica de arte en particular.
-Desenvolver algunhas das cuestións fundamentais da estética, realizando as diversas actividades detalladas no apartado que describe a metodoloxía da asignatura.
ContidosINTRODUCCIÓN: A posición da estética na filosofía: Cara a autonomía da estética.
TEMA 1: Esencia e valor da estética: qué é e qué significa ‘estética’. O problema da definición da disciplina en relación o seu obxecto de reflexión.
1.1 Estética como ciencia do coñecemento sensible.
1.2 Estética como teoría do belo ou ciencia da beleza.
1.3 Estética como filosofía da arte ou teoría da arte. (Arte e filosofía)
TEMA 2: Estructura da relación estética suxeito-obxecto:
2.1. Carácter intensional e extensional do coñecemento sensible. Relación entre “lo visible y lo invisible”. Da profundidade dos sentidos. Da sensación á emoción. Dos sentidos aos sentimientos.
2.2. A experiencia estética: a distancia estética, a atención estética, a apreciación estética.
2.3. O suxeito estético: do “homo ludens” ao “suxeito trascendental”. Do “artista engagé” ao "dandy".
2.3.1 Da sensación ao gusto:
2.3.2. Do pracer estético á norma do gusto.
2.3.3. Da norma do gusto ao xuicio de gusto.
2.3.4. Do xuicio de gusto á crítica do xuicio.
2.4. O xuicio estético: criterios, valores e categorías.
2.4.1. Os valores artísticos-cognoscitivos
2.4.1.1. A linguaxe artística: Semiótica e estética
2.4.1.2. A expresión artística e a subxectividade.
2.4.1.2.1. Teorías da expresión (Realismo, mímesis, representación)
2.4.2. As categorías estéticas. Do “belo” ao “interesante”
2.4.3.1 Posibilidade categórica da estética e desafío contemporáneo.
2.4.3.2 A obxectividade crítica e a fundamentación do xuicio estético.
2.5. O obxecto estético:
2.5.1. Obxecto estético e Natureza (Poiesis e paisaxe)
2.5.2. Obxecto estético e obra de arte (Arte e artesanía)
2.5.2.1 Problemas da definición de arte
2.5.2.2. Definicións actuais de arte
2.5.2.3. É a arte o obxecto da estética?
2.5.2.4. Migracións da arte, reconfiguracións da estética.
2.5.2.5. O desafío da estética na arte contemporánea.
2.5.2.6. Axioloxía da obra de arte
2.5.2.7. Fenomenoloxía da obra de arte
2.5.2.8. Ontoloxía da obra de arte
2.5.3. Obxecto estético e socioloxía da arte
2.5.3.1. A arte e a sociedade
2.5.3.2. Subversion e subvención: a función marxinal da arte.
2.5.3.3. Arte e compromiso
2.5.3.4. Arte e obscenidade; arte e censura; arte e museo.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía básica:
-Entregaránse unha serie de textos básicos para o seguimento da materia.
-Para cada un dos temas tratados iráse recomendando bibliografía específica que o alumno debe traballar para desenvolver personalmente e en profundidade os devanditos temas.
Bibliografía xeral:
AUMONT, Jacques: La estética hoy, Madrid, Cátedra, 1998
BEARDSLEY, Monroe; HOSPERS, John: Estética. Historia y fundamentos, Madrid, Cátedra, 1990.
CALABRESE, Omar: El lenguaje del arte, Barcelona, Paidós, 1987.
CHATEAU, Dominique: Qu’est-ce que l’art? Paris, L’Harmattan, 2000.
DUFRENNE, Mikel: Fenomenología de la experiencia estética, Madrid, Fernando Torres, 1982.
GARCÍA LEAL, José: Filosofía del arte, Madrid, Síntesis, 2002.
GENETTE, Gérard: La obra del arte (2 vols.), Barcelona, Lumen, 1997.
JIMENEZ, Marc: Qu’est-ce que l’esthétique?, Paris, Gallimard, 1997.
LACOSTE, Jean: La philosophie de l’art, Paris, PUF, 1981.
LÉVÉQUE, M.: Estética o ciencia de lo bello, Valladolid, Maxtor, 2002.
MORAWSKY, Stefan: Fundamentos de estética, Barcelona, Península, 1999.
OCAMPO, Estela: Teorías del arte, Barcelona, Icaria, 1998.
POUIVET, Roger: L’ontologie de l’oeuvre d’art, Nimes, Editions Jacqueline Chambon, 2000.
RODRÍGUEZ RIAL, Nel: Curso de estética fenomenológica, Sada, Edicións do Castro, 2000.
SOURIAU, Étienne: La correspondencia de las artes, México, FCE, 1998.
Competencias-Capacidade para enfrentarse ao discurso abstracto e o traballo conceptual.
-Capacidade de crítica e de argumentación, tanto analítica como sintética.
-Capacidade para enfrentarse á dimensión sensible e en especial á crítica da arte.
-Destreza para a análise de conceptos básicos: contextualización, exposición, redacción, interpretación, explicación, crítica, comprensión… .
-Capacidade para argumentar e construir diferentes perspectivas sobre os problemas estudiados en relación aos temas e conceptos fundamentais do programa.
-Desenvolvimento dos procesos básicos de investigación: búsqueda e selección bibliográfica, análise do estado actual da cuestión, formulación de preguntas e hipóteses.
-Capacidad para o traballo en equipo.
Metodoloxía da ensinanza Metodoloxía:
Para aa consecución dos obxectivos pretendidos realizaremos as seguintes actividades:
a) Seminario: Elaboración en grupo dun pequeno traballo de investigación que articule o problema fundamental da beleza nalgún filósofo clave do ámbito estético.
Procedimento: Explícase en folio adxunto.
b) Prácticas: Traballo cooperativo de asimilación, síntese e explicación de diversos conceptos claves para a estética. Preténdese acadar unha base conceptual sólida que permita unha maior comprensión da materia, e un manexo técnico do “discurso teórico” (-do que se dará conta no exame oficial-), imprescindible para calquer estudiante de filosofía e futuro investigador.
Procedimento: Explicarase na primera sesión de prácticas, que terán lugar en sesións de 60 minutos.
c) Clases Teóricas: Presentaremos os contidos básicos do Programa, que o alumno terá que completar coa bibliografía que se vaia detallando e facilitando ao longo do curso. Realizaránse preferentemente en sesións de 120 minutos.
Sistema de evaluaciónAvaliación da aprendizaxe:
A avaliación da aprendizaxe, conforme á metodoloxía proposta, será continuada xa que se valorarán as actividades que se vaian realizando ao longo do cuatrimestre, tanto prácticas como de seminario:
a) Seminario: O traballo de investigación desenvolvido (-a súa exposición, redacción e procedimientos de elaboración-) puntuarase sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media do 30 % na nota final. (Esta puntuación só se computará se o alumno obtén ao menos unha calificación mínima de 4,5 puntos sobre 10 no exame oficial da materia). A redacción definitiva do traballo pode entregarse improrrogablemente ata as 14:00 horas do día do examen oficial da materia. Aqueles alumnos que non poidan facer a mdalidade presencial deben afrontar a modalidade non-presencial: responder unha pregunta máis no examen oficial da materia.
b) Prácticas: A asistencia e aproveitamento das sesións prácticas puntuarase cun máximo de +0,2 puntos cada unha sobre a nota final. (Esta puntuación só se computará se o alumno consegue ao menos unha calificación de 4,5 puntos sobre 10 no examen oficial).
c) Clases Teóricas: Os contidos do programa da materia serán obxecto de exame oficial, que se puntuará sobre un máximo de 10 puntos e suporá unha media ol 70 % na nota final, coa fin de comprobar os coñecementos do alumno e a súa capacidade para articular cuestións nas condicións características dos exámes presenciais. Neste exame valoraránse especialmente: a capacidade de argumentación, a bagaxe conceptual (-de ahí a importancia de aproveitar as prácticas-) na súa correcta aplicación ás cuestións formuladas ou textos a comentar, a profusión bibliográfica e finalmente a capacidade de crítica como demostración do dominio do tema desenvolvido. (Só se procederá a calcular a nota media se o alumno obtén unha calificación de ao menos 4,5 puntos sobre 10).
Tempo de estudo e traballo persoalO que corresponda segundo aos créditos da materia.
Recomendacións para o estudo da materia-Cómpre un alto nivel de compromiso, esforzo e traballo persoal que o alumno debe soster de forma periódica durante o curso.
-Cómpre ir desenvolvendo as prácticas e o seminario periódicamente.
-Cómpre asistir continuadamente ás clases, tanto teóricas como prácticas, e utilizar o horario de tutorías para resolver calquer dúbida e asunto referido a calquera dos módulos da materia.
-Cómpre que o alumno non asuma a realización do examen tendo traballado únicamente os “apuntes”. Resulta necesario que o alumno vaia configurando o temario-programa axudándose dos “apuntes”, pero traballando asimesmo a bibliografía que se lle indica para cada tema.
ObservaciónsNon hai.