
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión ao grao | ||
| Admisión para continuación dende univ. españolas | 01/07/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión para continuación dende univ. estranxeiras | Solicitude na unidade de xestión correspondente. Dende o 1 de xullo | 31/07/2013 |
| 6ª convocatoria CIUG | 16/10/2013 | 18/10/2013 |
| Matrícula de continuación para alumnos USC | 28/01/2014 | 07/02/2014 |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. españolas | Prazo de matrícula notificado individualmente ao alumno | |
| Matrícula de continuación para alumnos univ. estranxeiras | Matrícula en la unidad de gestión correspondiente hasta el 31 de Julio | |
| Listaxe de admitidos en continuación de estudos para alumnos de universidades españolas | 02/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Grao en Filosofía
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filosofía
Praza de Mazarelos.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: Decreto 385/2009 do 27 agosto (DOG 16/09/09)
Data de publicación no BOE: BOE do 5 de marzo de 2010
Data da última acreditación: 29/07/2009
Responsable do título:
Coordinador do título: GARCIA SOTO, LUIS MODESTO
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:Non
1) Proporcionar unha formación sólida en Filosofía, situando esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo. 2) Combinar a formación en Filosofía co ensino das habilidades necesarias para aplicar os coñecementos adquiridos á práctica profesional.
3) Xerar capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva.
4) Fornecer capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe, aplicábeis ademais ao longo da vida.
5) Fundamentar os principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais a igualdade entre as persoas, os principios de accesibilidade universal e desenvolvemento para todos, e os valores democráticos e dunha cultura de paz.
COMPETENCIAS XERAIS
1) Proporcionar os coñecementos propios da Filosofía (doutrinas, teorías, métodos e aplicacións).
2) Aplicar eses coñecementos para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía, a un nivel xeral e non especializado.
3) Capacidade de transmisión deses coñecementos, ideas, cuestións e solucións, tanto a un público xeral como interesado e/ou entendido en temáticas filosóficas.
4) Capacidade para continuar a súa formación, en Filosofía ou noutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía.
5) Habilidade para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía.
6) Difusión e aplicación dos principios do respecto e a promoción dos dereitos fundamentais das persoas, os valores democráticos e unha cultura de paz.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
1) Coñecer as disciplinas, teorías, métodos, aplicacións e correntes da Filosofía.
2) Saber explicar e estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos propios da Filosofía.
3) Saber ampliar e poder desenvolver ulteriormente eses coñecementos por medio da investigación.
4) Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico.
5) Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, reflexionar e deliberar en termos éticos.
6) Saber expresarse, comunicar, debater e dialogar.
7) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
8) Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
9) Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
10) Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos
En resumo, as saídas profesionais do título serían:
1) O ensino de materias filosóficas en todos os niveis da educación, en especial no ensino secundario, o bacharelato e a universidade.
2) A investigación e a creación filosóficas.
3) O desempeño dos variados postos das administracións públicas aos que cabe concursar co título de licenciado en Filosofía.
4) A xestión cívica (ONG’s, fundacións, etc.), editorial e cultural (mediadores culturais, etc.).
5) O asesoramiento e consultoría en bioética, responsabilidade corporativa, convivencia intercultural, mediación social, comunicación audiovisual, orientación persoal, etc.
Créditos totais: 240.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Recoñecemento actividades transversais:
Os estudantes poderán obter ata un máximo de 12 créditos polo recoñecemento das actividades contempladas no artigo 12.8 do RD 1393/2007 e das competencias transversais da USC. Considéranse competencias transversais para todas as titulacións de Grao da USC o coñecemento instrumental de (i) linguas estranxeiras; (ii) lingua galega, e (iii) tecnoloxías da información e da comunicación. En todo caso o máximo de créditos recoñecibles polas actividades do artigo 12.8 do RD 1393/2007 será de 6.
Adaptacións: A adaptación da anterior titulación está regulada polas resolucións reitoriais:
Resolución de adaptación ao Grao en Filosofía [pdf - 1105 kb][Actualizado: 9/9/10]
Número de prazas de novo ingreso: 65
Demanda do ano anterior: 5.052 nota de corte en preinscrición curso 2012-2013
Perfil de ingreso: Aínda que non se esixe ningunha formación previa específica, para o ingreso no grado en Filosofía recoméndase que a formación de o/a alumno/a sexa de perfil humanístico, sendo tamén válido o perfil científico (R.D. 1467/2007, BOE do 6 de novembro, polo que se establece a estrutura do bacharelato e fíxanse as ensinanzas mínimas).
Ademais, a título indicativo cabe sinalar algunhas calidades desexables de o/a futuro/a estudante do grao en Filosofía:
-Sensibilidade á diversidade de opinións, prácticas e modos de vida.
-Gusto pola claridade e rigor na exposición e na argumentación.
-Actitude crítica e inquisitiva para cuestionar ideas e suscitar preguntas.
-Inclinación á reflexión, o razonamento e o diálogo, tomando en conta ideas e modos de pensar pouco familiares.
Criterios de acceso e admisión: Os xerais para as titulacións de grao.
Non se contemplan condicións nin probas de acceso especiais
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
3.- A permanencia estará supeditada á superación do 50% dos créditos matriculados nos tres primeiros anos de estudos consecutivos ou alternos
Información sobre o curso ponte: Non se contempla
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Para iniciar estudos en titulacións de grao con límite de prazas, os alumnos de Galicia que rematan o ensino medio deben realizar Probas de Acceso, organizadas por unha comisión mixta entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas. Tales probas convócanse e realízanse nos meses de xuño e setembro. Podes consultar o calendario para este proceso na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
• A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
• A supresión gradual da impartición da docencia.
• Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: O Traballo de Fin de Grao poderase realizar unha vez superados 150 créditos,ou sexa, desde o segundo cuadrimestre do terceiro curso e, recomendablemente, durante o cuarto ano dos estudos.
Prácticas en empresas: Ao amparo do art. 12.6 do R.D. 1393/2007, os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico dun máximo de 6 créditos optativos pola realización de prácticas externas opcionais.
Plan de Acción Titorial:
A USC ten un programa de alumnos titores para as titulacións de grao, de forma que alumnos de últimos cursos, logo dunha formación que lles facilita a Universidade, realizan tarefas de orientación aos alumnos que inician os estudos.
Información programa alumnos titores:
Programa alumnos titores
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012.
Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao).
Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón:
Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións.
O texto completo da norma pode consultarse en:
Normativa de avaliación
Resultados:
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G5031103 | Hermenéutica de textos filosóficos | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G5031102 | Antropoloxía filosófica | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G5031107 | Introducción á Estética | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G5031104 | Introducción á antropoloxía cultural | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G5031108 | Antropoloxía e Filosofía do Xénero | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G5031101 | Argumentación e retórica | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 | G5031109 | Semiótica | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G5031106 | Pensamento filosófico e científico | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G5031105 | Introducción á Ética | 6.00 | FB | 2SG | OFERTA.1 | G5031110 | Introducción á Filosofía Política | 6.00 | FB | 1SG | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G5031221 | Historia da Filosofía Antiga | 6.00 | OB | 1SG | G5031223 | Filosofía española e galega | 6.00 | OB | 2SG | G5031226 | Historia da Filosofía Medieval | 6.00 | OB | 2SG | G5031222 | Teoría do coñecemento I | 6.00 | OB | 1SG | G5031227 | Metafísica I | 6.00 | OB | 2SG | G5031229 | Antropoloxía simbólica | 6.00 | OB | 2SG | G5031225 | Lóxica elemental | 6.00 | OB | 1SG | G5031230 | Filosofía da linguaxe I | 6.00 | OB | 1SG | G5031224 | Ética I | 6.00 | OB | 1SG | G5031228 | Filosofía Política I | 6.00 | OB | 2SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G5031321 | Historia da Filosofía Moderna | 6.00 | OB | 1SG | G5031326 | Historia da Filosofía Contemporánea: Século XIX | 6.00 | OB | 2SG | G5031341 | Filosofía Helenística e do Renacemento | 6.00 | OP | 1SG | G5031342 | Filosofías Orientais | 4.50 | OP | 2SG | G5031345 | Filosofía e Ecoloxía | 4.50 | OP | 2SG | G5031346 | Filosofía alemá na época da Ilustración | 4.50 | OP | 1SG | G5031322 | Teoría do Coñecemento II | 6.00 | OB | 1SG | G5031327 | Metafisica II | 6.00 | OB | 1SG | G5031328 | Estética | 6.00 | OB | 2SG | G5031325 | Filosofía da Linguaxe II | 6.00 | OB | 2SG | G5031324 | Filosofía da Ciencia I | 6.00 | OB | 1SG | G5031344 | Filosofía e Intelixencia Artificial | 6.00 | OP | 2SG | G5031323 | Ética II | 6.00 | OB | 2SG | G5031343 | Bioética | 4.50 | OP | 1SG |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Docencia | G5031424 | Correntes actuais da Filosofía | 6.00 | OB | 2SG | G5031444 | Introducción á Fenomenoloxía | 4.50 | OP | 2SG | G5031445 | Hermenéutica Filosófica | 4.50 | OP | 2SG | G5031422 | Filosofía da Historia | 6.00 | OB | 1SG | G5031442 | Historia e Filosofía das Relixións | 6.00 | OP | 1SG | G5031448 | Filosofía e Teorías das Artes | 4.50 | OP | 2SG | G5031447 | Antropoloxía Aplicada | 4.50 | OP | 2SG | G5031421 | Filosofía da Lóxica | 6.00 | OB | 1SG | G5031446 | Clásicos da Filosofía Analítica | 6.00 | OP | 2SG | G5031443 | Filosofía da mente | 6.00 | OP | 1SG | G5031423 | Filosofía da Ciencia II | 6.00 | OB | 1SG | G5031441 | Filosofía moral e política contemporánea | 4.50 | OP | 1SG | G5031425 | Filosofía Política II | 6.00 | OB | 2SG | G5031426 | Traballo fin de grao | 7.50 | OB | TFGM |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable