
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Admisión e matrícula provisoria no máster | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Filosofía: Cuestións Actuais
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filosofía
Praza de Mazarelos.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 434/2009 do 3 de decembro (DOG do 15/12/2009)
Data de publicación no BOE: 24/08/2010
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: MARTINEZ CASTRO, RAFAEL VICTOR
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
NonListaxe de profesores da titulación
Atendendo a lexislación vixente e considerando as perspectivas actuais dos estudos de Filosofía, o título de Máster persegue os seguintes obxectivos:
Proporcionar unha formación sólida e especializada na Filosofía Actual, situando esta no conxunto dos saberes científicos e humanísticos, no tecido cultural e ante a práctica social do mundo contemporáneo.
Dado que se trata dun Máster de investigación que dá acceso ao doutoramento, un dos obxectivos básicos é o de familiarizar ao alumno coa metodoloxía e requirimentos da investigación filosófica.
Xerar nos estudantes capacidade de análise e de crítica, así como unha actitude proactiva, que lles permita resolver problemas e formular alternativas.
Fornecer a capacidade de aprender con autonomía, formando os seus propios criterios e estratexias de aprendizaxe.
Espertar o interese polo coñecemento dos problemas da filosofía actual para os estudantes poderen proseguir a súa formación de modo autónomo e con carácter permanente.
Competencias xerais
1) Que posúan e comprendan os coñecementos propios da Filosofía Contemporánea e as súas raíces históricas, incluíndo as súas doutrinas, teorías, métodos e aplicacións, a través dos textos académicos e das achegas das investigacións recentes.
2) Que saiban aplicar eses coñecementos como investigadores para identificar, formular e resolver problemas no ámbito da Filosofía actual.
3) Que sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas e ofrecidas pola Filosofía, tanto a un público xeral como entendido en temáticas filosóficas.
4) Que estean capacitados para unha dinámica de auto-aprendizaxe dos temas filosóficos ou doutros campos do saber, cun elevado grao de autonomía e interdisciplinariedad.
5) Que teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos desde a Filosofía actual.
Competencias específicas
1) Coñecer as disciplinas, as teorías, os métodos, as aplicacións e as correntes propias da Filosofía actual, coñecendo as súas raíces históricas e as súas formulacións contemporáneas.
2) Saber trasladar eses coñecementos ao ámbito da investigación filosófica, de maneira que se poida ampliar e desenvolver o coñecemento sobre as cuestións actuais da Filosofía.
3) Estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos adquiridos no Máster e os que están directa ou indirectamente relacionados.
4) Saber aplicar eses coñecementos dentro e fóra do ámbito filosófico á súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
5) Capacidade para organizar a información, tomar decisións, expor e resolver problemas.
6) Desenvolvemento do razoamento crítico e o compromiso ético.
7) Sentido social, fomentando a cooperación e a mediación.
8) Capacidade de reacción e espírito construtivo: proactividade, inventiva, creatividade, laboriosidade e adaptabilidade en contextos cambiantes, problemáticos e/ou adversos.
A experiencia acumulada co programa de doutoramento de Filosofía demostrounos que moitos profesores de Filosofía, tanto de ensino medio como de universidade, necesitan seguir investigando e formándose en cuestións actuais da materia.
Ademais deste compromiso coa formación de doutores, descubrimos que moitos docentes de Filosofía dos centros de formación non-universitaria buscan nos estudos de posgrao o complemento dos estudos realizados no seu día na Universidade. Ademais do valor do título de doutor para a súa promoción profesional, ou para cumprir as súas expectativas de coñecemento a través da investigación, a formación que o Máster lles proporciona contribúe a unha actualización do coñecemento adquirido no seu día na titulación de Grao que cursaron.
Para rematar, comprobamos que existe un interese interdisciplinar polos aspectos filosóficos que serven de base á sociedade actual, unha sociedade global, denominada frecuentemente da información ou do coñecemento e cuxos problemas son tamén globais.
Co Máster Oficial en "Filosofía: Cuestións Actuais", cuxo precedente inmediato é o programa de doutoramento de Filosofía, pretendemos formar os estudantes nos principais temas da Filosofía do século XX e dos comezos do século XXI. Cuestións que, en moitos casos, son obxecto de reflexión e debate neste momento e teñen a súa proxección nos programas formativos da filosofía no ensino secundario e no bacharelato.
Coñecer os problemas actuais é o primeiro paso para poder contribuír, nun segundo momento, á súa resolución. Un aspecto que evoca o papel da filosofía como reflexión crítica e transformadora da sociedade, sen perder de vista a centralidad da construción do sentido persoal e social dos individuos que a integran.
Créditos totais: 60.00
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 20
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Para axudar aos novos estudantes coas dificultades que poida atoparse á hora de comezar os seus estudos de Posgrao en Filosofía, deseñouse un plan de acollida que contempla as seguintes accións:
-Sesión informativa específica: o primeiro día do curso membros da Comisión académica explican os detalles sobre o funcionamento do Máster e os espazos onde vai desenvolverse, e algunhas orientacións xerais sobre o plan de estudos.
-Sesión informativa xeral: así mesmo, a primeira semana de curso, o equipo decanal do Centro realiza unha sesión informativa xeral sobre o funcionamento da facultade.
-Servizo de participación e integración universitaria: a Universidade de Santiago conta cun servizo de participación e integración universitaria (SEPIU) que traballa na integración de persoas con discapacidade e presta apoio para o desenvolvemento das adaptacións curriculares, así como un protocolo para a integración na comunidade universitaria.
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións por orde de preferencia:
1º) Licenciatura en Filosofía
2º) Todas as titulacións das áreas de Humanidades e Ciencias Sociais
3º) Outras titulacións universitarias
Consultar a información actualizada en cada convocatoria anual de matrícula.
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Co Traballo fin de Máster preténdese introducir os estudantes na metodoloxía da investigación en Filosofía: Cuestións Actuais; familiarizar o/a alumno/a na procura, selección e manexo de fontes de información adecuadas, e capacita-o no deseño e execución dun traballo de investigación en todas as súas fases:
- Elección dun tema
- Formulación dunha hipótese de traballo
- Adquisición de bibliografía
- Lectura e aproveitamento da información
- Desenvolvemento analítico e de argumentos que permitan comprender e explicar o tema investigado.
- Redacción (etc.).
Os contidos do traballo determinaranse de acordo coa temática xeral do Máster, os intereses dos estudantes e a orientación do titor-director do traballo
Plan de Acción Titorial: Asignaráselle a cada alumno/a un/a titor/a personalizado que se encarga de velar e aconsellar sobre a súa progresión nos estudos e nas súas primeiras experiencias investigadoras. a) Planifícanse, ao principio de curso, como mínimo dúas entrevistas (unha por cuadrimestre) co seu profesor-titor, a quen informa do seu grao de satisfacción académica e de calquera outro aspecto relativo aos seus novos estudos de posgrao.
A titorización comeza o primeiro día do curso e prosegue durante todo o curso académico. Con este sistema preténdese ter unha relación moi próxima con o/a alumno/a para que teña a máxima información e dispoña da orientación que precise.
Ademais das titorías presenciales, cada alumno posúe unha chave de acceso personalizada para incorporarse á denominada USC virtual, plataforma de ensino a distancia da Universidade, en que poderá realizar todo tipo de consultas académicas, así como manter un información actualizada sobre a dinámica do curso e materiais dispoñíbeis.
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5121101 | O léxico filosófico e os xéneros literarios: a propósito do concepto da amizade | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121102 | As fontes filosóficas: problemas de edición e interpretación | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121201 | As linguas como ferramentas da investigación | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121202 | Da universidade Medieval ao EEES: Cuestións metodolóxicas | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5121103 | Epistemoloxía pragmatista | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121104 | Metafísica da complexidade: cara a unha metafísica da ciencia contemporánea | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121105 | Hermenéutica do discurso filosófico | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121106 | Filosofía e linguaxes da arte | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121203 | A xustificación empírica do coñocemento | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121204 | A xustificación a priori do coñecemento | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121205 | A linguaxe dos sentimentos: filosofía e afectividade | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121206 | Linguaxe e computación | 3.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5121107 | A cuestión das identidades e o diálogo intercultural | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121108 | As dimensións simbólicas da cultura | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121109 | Cidadanía e democracia | 3.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5121110 | Fenomenoloxía da intersubxectividade animal e fenomenoloxía ecolóxica | 3.00 | OB | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121207 | O discurso nacionalista: pensamento e identidade en Galicia | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121208 | A cuestión relixiosa: fe, filosofía e ciencia | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121209 | Investigación, coñecemento de xénero e teoría feminista | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5121210 | Os valores e a cultura da paz | 3.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5121111 | Traballo fin de Master | 15.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable