
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| Matrícula vacantes | 12/09/2013 | 04/10/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia (2ªed)
Rama de coñecemento: artes e humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filosofía
Praza de Mazarelos.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Data de publicación no BOE:
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: MARTÍNEZ VIDAL, CONCEPCIÓN
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Horarios Master - curso 2013_14 [pdf - 563 kb][Actualizado: 10/9/13]
O principal obxectivo deste Máster é xerar coñecemento innovador sobre os problemas actuais do saber, as ciencias e a tecnoloxía desde as diferentes perspectivas integradas na Área de Lóxica e Filosofía da Ciencia e as disciplinas relacionadas.
A consecución deste obxectivo xeral formúlase a través dos seguintes obxectivos específicos:
-O estudo da argumentación, a súa avaliación e resolución de conflitos con especial atención aos problemas da racionalidade e o discurso como ámbitos prácticos da crítica cultural e a intermediación.
-O estudo da lóxica e do seu papel en áreas como a Matemática, as diversas tecnoloxías da información, Intelixencia Artificial, e en Filosofía e Lingüística, entre outras
-O estudo da Ciencia e a tecnoloxía, o seu desenvolvemento, procesos de implantación e a avaliación social dos seus efectos así como da súa historia.
-O estudo da relación entre linguaxe e mundo, os modelos cognitivos e as súas aplicacións á intelixencia artificial así como os problemas relativos á comunicación e as teorías da representación mental.
- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Os estudantes saberán aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
- Os estudantes serán capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Os estudantes saberán comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Os estudantes posuirán as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
O Máster en Lóxica e Filosofía da Ciencia ten un perfil eminentemente académico e investigador, é dicir, capacita os alumnos para realizaren actividades de investigación no contexto dos estudos de doutoramento ou proxectos de investigación tanto públicos como privados.
O máster mellora a capacitación xeral dos graduados en filosofía, e naquelas disciplinas relacionadas coa ciencia, para o exercicio da docencia en centros de ensino secundario e de bacharelato.
Ademais o Máster prové a Comunidade Autónoma de profesionais xeneralistas moi cualificados e con grande capacidade de adaptación a diversos postos de traballo, desde o sector empresarial dos recursos humanos á xestión cultural, pasando polas empresas editoriais e xornalismo científico, asesoramento e consultoría (en ciencia e innovación, comunicación e divulgación da ciencia, crítica cultural e intermediación).
Desenvolver a capacidade de integrar os coñecementos e destrezas prácticas das diferentes materias do máster para resolver situacións reais relacionadas coa Lóxica e a Filosofía da Ciencia, así como con outras disciplinas relacionadas. Reforzar o hábito de formular interrogantes. Ante un problema preguntarse polo número de solucións, a relación entre elas, como afectaría as condicións iniciais algunha modificación. Desenvolver a madurez necesaria no proceso de abstracción para abordar problemas reais e presentar modelos e solucións de forma razoada e correcta. Reforzar o hábito de formular diferentes alternativas, cuestionando as características, riscos e viabilidade de cada unha, para cada problema presentado.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: 10
Demanda do ano anterior: null
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Titulacións de acceso por orde de preferencia:
1º Lic. ou Grao en Filolofía
2º Resto de titulacións universitarias
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster: Características xerais:
- Traballo de investigación orixinal sobre algún tópico relacionado coa temática do máster.
- Deberá incluír un estado da cuestión, unha exposición do problema tratado, un desenvolvemento argumentado e xustificado, un apartado de conclusións e outro máis que conteña debidamente citadas as referencias bibliográficas.
- Deben expoñerse con claridade os obxectivos do traballo e a metodoloxía utilizada en función deses obxectivos.
- É recomendábel que a Tese de Máster poida servir de base para a realización posterior dun proxecto de Tese Doutoral.
- A extensión recomendada é dunhas 40 páxinas.
Plan de Acción Titorial: En canto ao sistema de titorías, orientación e apoio á aprendizaxe están previstos varios aspectos:
a) O plan de acollida para os estudantes que acceden por primeira vez ao Máster:
-unha reunión inicial dos estudantes cos responsábeis académicos;
-a formación como usuarios de recursos e infraestructuras (bibliotecas e aulas de informática);
-a presentación dos titores persoais.
b) O seguimiento do programa de estudos de cada estudante:
-Por parte dos profesores de cada materia; e
-por parte do titor persoal asignado ao estudante, coa posibilidade de fixar reunións de orientación
Prácticas en empresas: Non se contemplan
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032101 | Metodoloxía de investigación | 5.00 | OB | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032201 | Teoría de conxuntos | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032202 | Metalóxica I: completude e as súas consecuencias | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032203 | Metalóxica II: teoremas de limitación | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032204 | Lóxicas non-clásicas | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032205 | Lóxica modal avanzada | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032206 | Historia da lóxica | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032207 | Filosofía da lóxica I | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032208 | Filosofía da lóxica II | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032209 | Lóxica e informática | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032210 | Seminario de lóxica | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032211 | Lóxica e linguaxe | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032212 | Razoamento explicativo | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032213 | Lóxicas de orde superior | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032214 | Filosofía da matemática | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032215 | Teoría da argumentación: perspectivas e problemas | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032216 | Conceptos e técnicas para a análise dos argumentos | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032217 | Lóxica e argumentación | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032218 | Seminario de argumentación para profesores invitados | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032219 | A argumentación en contextos sociais e institucionais | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032219 | A argumentación en contextos sociais e institucionais | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032220 | Razoamento, argumentación e intelixencia artificial | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032221 | Falacias | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032223 | Filosofía da linguaxe I: problemas filosóficos da análise da linguaxe | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032236 | A argumentación na ciencia | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032224 | Filosofía da ciencia I: filosofía xeral da ciencia | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032226 | Historia da ciencia | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032225 | Filosofía da ciencia II: progreso e cambio teórico | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032227 | Filosofía das ciencias sociais | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032228 | Predición científica | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032229 | Ciencia, tecnoloxía e xénero | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032230 | Teorías da elección racional e racionalidade científica | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032231 | Filosofía da economía | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032232 | Seminario de filosofía da ciencia | 3.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032233 | Causalidade e tempo | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032234 | Ciencia, tecnoloxía e sociedade | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032235 | Comunicación da ciencia | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032236 | A argumentación na ciencia | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032237 | Ciencia e Política | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032238 | Política da ciencia e desenvolvemento científico | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032239 | Filosofía da tecnoloxía | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032253 | Ciencia e democracia | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032223 | Filosofía da linguaxe I: problemas filosóficos da análise da linguaxe | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032242 | Filosofía da mente I | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032211 | Lóxica e linguaxe | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032241 | Filosofía da linguaxe II. Significado, referencia e intencionalidade | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032243 | Filosofía da mente II. linguaxe e pensamento | 5.00 | OP | ANG | 1 | NI/NM | P5032244 | Epistemoloxía | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5032245 | Pragmática I | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OFERTA.1 | P5032246 | Pragmática II | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032247 | Filosofía da percepción | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032248 | Filosofía da conciencia | 5.00 | OP | 1SG | 1 | NI/NM | P5032249 | Significado, modalidade e coñecemento | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032251 | Filosofía das emocións | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM | P5032252 | Seminario de filosofía da linguaxe e da mente | 5.00 | OP | 2SG | 1 | NI/NM |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5032102 | Traballo fin de máster | 15.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable