
| Trámites posibles | Dende | Ata |
|---|---|---|
| null | ||
| Matrícula de continuación no máster | 03/09/2013 | 06/09/2013 |
| Admisión no máster de alumnos con estudos estranxeiros | 09/07/2013 | 31/07/2013 |
| Listaxe de admitidos en mestrado | 06/09/2013 | |
| Consulta de vacantes en estudos de máster | 09/09/2013 |
Importante: esta información corresponde ao vindeiro curso académico
Denominación do título: Máster Universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Centro onde se imparte:
Facultade de Filosofía
Praza de Mazarelos.
15782
Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia: 53/2008 do 13 de marzo (DOG do 28/03/2008)
Data de publicación no BOE: 07/01/2012
Data da última acreditación:
Responsable do título:
Coordinador do título: MARTINEZ VIDAL, MARIA DE LA CONCEPCION
Condicións da docencia:
Título interuniversitario:
SiListaxe de profesores da titulación
Horarios do Máster Universitario en Lóxica e Filosofía da Ciencia [pdf - 40 kb]
Xerais:
Desenvolver a capacidade de integrar os coñecementos e destrezas prácticas das diferentes asignaturas do posgrao para resolver situacións reais relacionadas coa Lóxica e a Filosofía da Ciencia, así como con outras disciplinas relacionadas. Reforzar o hábito de plantexar interrogantes. Ante un problema preguntar polo número de solucións, a relación entre elas, cómo afectaría as condicións iniciales alguna modificación. Desenvolver a madurez necesaria no proceso de abstracción para abordar problemas reais e plantexar modelos e solucións de forma razoada e correcta. Reforzar o hábito de desenvolvemento das diferentes alternativas, cuestionando as características, riscos eviabilidade de cada unha, para cada problema planteado.
Específicos:
Pretende dotar aos seus titulados dun coñecemento de alto nivel nas distintas disciplinas da área de lóxica e filosofía da ciencia nos problemas teóricos e prácticos que teñen actualmente expostos, así como das distintas corrientes e tradicións da lóxica, a filosofía da ciencia e outras disciplinas incluídas baixo este epígrafe. Aspira a:
Ofrecer coñecementos especializados sobre ps problemas clásicos e actuais da investigación en lóxicas formais, así como información sobre as posibles aplicacións da lóxica no ámbito da informática.
Ofrecer coñecementos especializados sobre os problemas tradicionales e actuais da filosofía da linguaxe, e sobre as súas conexións coa lingüística, así como sobre as aplicacións que ten a filosofía da limguaxe no procesamento automático de linguaxes naturais.
Ofrecer coñecemento especializado sobre os problemas tradicionais e actuais da filosofía da mente e as súas conexións con outras disciplinas filosóficas.
Proporcionar coñecemento especializado sobre os seus máis e os seus menos clásicos e os actuais da filosofía da ciencia,as súas tradiciíns e problemas actuais, as súas implicacións intelectuais, culturais e sociais, así como as súas aplicacións metodolóxicas á investigación en ciencias naturais e sociais.
COMPETENCIAS XERAIS:
- Demostrar coñecementos que se basean nos asociados tipicamente ao primeiro ciclo e fomentarase o traballo orixinal e innovador dos estudantes e a creación dunha conciencia crítica do coñecemento;
- Deberán saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornos novos o pouco coñecidos relacionados coa súa área de estudo;
- Terán que ser capaces de integrar coñecementos e enfrentarse á complexidade de formular xuízos.
- Deberán saber comunicar as súas conclusións a públicos especializados ou non e dun xeito claro e sen ambigüidades.
- Terán que posuír as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito autodirixido e/ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
Ao finalizar estes estudos terase alcanzado:
a) Alta capacidade crítica e analítica.
b) Capacidade para a argumentación complexa.
c) Capacidade de lectura compresiva, análise, interpretación e crítica de textos filosóficos e científicos en polo menos duas das principais linguas nas que se expresa actualmente a ciencia e a cultura.
d) Competencia adecuada para a elaboración e traballos de investigación sobre as materias da área. Coñecementos especializados sobre diversas áreas da filosofía da ciencia.
e) Coñecementos, da lóxica da linguaxe e da filosofía da mente.
Investigación e docencia.
Créditos totais:
Transferencia e recoñecemento de créditos:
Recoñecemento de créditos: consiste na aceptación por unha universidade dos créditos que foron obtidos nunhas ensinanzas oficiais, na mesma ou noutra universidade, e que son computados noutras ensinanzas distintas para os efectos da obtención dun título oficial.
Transferencia de créditos: implica que nos documentos académicos oficiais acreditativos das ensinanzas seguidas por cada estudante se incluirán a totalidade dos créditos obtidos en ensinanzas oficiais cursadas con anterioridade, na mesma ou noutra universidade, que non teñan conducido á obtención dun título oficial.
A USC regula estas dúas figuras na seguinte normativa publicada na web:
Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos
Adaptacións: Non se contemplan
Número de prazas de novo ingreso: null
Demanda do ano anterior:
Perfil de ingreso: Non se contempla
Criterios de acceso e admisión:
Todas as titulacións universitarias
Acceso:
Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
Número mínimo de créditos ECTS de matrícula por estudante e período lectivo: 1.- O alumnado de primeiro curso por primeira vez a tempo completo ten que matricular 60 créditos.
Un 15% do alumnado poderá cursar estudos a tempo parcial (30 créditos).
2.- Continuación de estudos : libre cun máximo de 75 créditos
Calendario de preinscrición e de matrícula: Cada ano establécese un calendario para a matrícula en estudos de grao e máster na USC, que comeza en xullo e remata en outubro. Cando estea aprobado este calendario (arredor do mes de maio) poderás consultalo nesta web. Como orientación, podes consultar o calendario do curso actual na Oficina de Información Universitaria.
Oficina de información universitaria
Criterios de suspensión do título: Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con: • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación. • A supresión gradual da impartición da docencia. • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Traballo Fin de Grao/Máster:
Plan de Acción Titorial:
Prácticas en empresas:
Mobilidade: A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa): Portal Internacional
Normas de permanencia: O Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobou a normativa de permanencia para os estudos oficiais de grao e máster nesta institución mediante acordo tomado na súa sesión do 5 de xuño de 2012. Esta normativa recolle aspectos fundamentais da vida académica como son: os tipos de matrícula (a tempo completo e tempo parcial), o réxime de permanencia (os requisitos de aproveitamento esixibles para a continuidade dos estudantes na Universidade), o réxime de convocatorias, a regulación do progreso académico (nº máximo de créditos en que poden matricularse, obriga de matricular materias suspensas de cursos anteriores, requisitos para a inscrición e superación dos traballos fin de grao). Pódese consultar a normativa completa nesta ligazón: Normativa de permanencia USC
Normas de avaliación: O Consello de Goberno da USC aprobou na súa sesión do 15 de xuño de 2011 a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Nesta normativa recóllese o compromiso da Universidade de realizar unha oferta académica anual, elaborada coa intervención dos departamentos, centros e comisións académicas dos másteres. Nela indícase o contido mínimo das guías docentes das materias, os criterios e sistemas de avaliación e a súa publicidade, a regulación das probas de avaliación e o seu proceso de revisión e reclamación, así como a posibilidade de establecer un sistema de apoio titorial extraordinario en determinadas condicións. O texto completo da norma pode consultarse en: Normativa de avaliación
Resultados:
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5031201 | Lóxicas de Orde Superior | 5.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5031206 | Lóxicas para a Rede | 5.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5031207 | Computación Teórica: O Estado da Cuestión | 5.00 | OP | 1SG | 1 | OF/MR | P5031208 | Conceptos e Técnicas para o Análise dos Argumentos. | 5.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5031211 | Concepcións Obxetivistas da Información: Lóxica e Ontoloxía | 5.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5031220 | Lóxicas non Clásicas | 5.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5031228 | E-Ciencia: da Intelixencia Artificial ao Middleware. Uns apuntes Epistémicos | 5.00 | OP | 1 | NI/NM | P5031229 | Programación Lóxica | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OFERTA.1 | P5031230 | Razonamento Explicativo | 5.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5031231 | Cuantificadores e Constantes Lóxicas | 5.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX | P5031234 | Historia e Filosofía da Lóxica | 5.00 | OP | 1SG | 1 | EX/MX | P5031235 | Demostración Automática para Extensións da Lóxica Clásica | 5.00 | OP | 2SG | 1 | OF/MR | P5031246 | A Semántica Bidimensional e os seus Problemas Filosóficos | 5.00 | OP | 2SG | 1 | EX/MX |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5031102 | Traballo de Fin de Máster | 15.00 | OB | TFGM | 1 | OFERTA.1 |
|---|
| Código | Nome | Créditos | Carácter | Período | Curso | Docencia | P5031101 | Curso Metodolóxico e Complementario | 5.00 | OB | 1SG | 1 | EX/MX |
|---|
1SG 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
2SG 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
AN Anual de Titulacións de Grao/Máster
FB Formación Básica
OB Obrigatoria
OP Optativa
OFERTA.1 Primeiro Curso (1º 1ª vez)
EXMR Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Repetidores)
EXMX Sen Docencia (En Extinción)/Non Matriculable (Só Planos en Extinción)
NINM Sen Docencia (Non Implantada)/Non Matriculable
OFMR Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable (Só Repetidores)
OFNM Sen Docencia (Ofertada)/Non Matriculable
XTNM Sen docencia (Extinguida)/Non Matriculable