Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Benvida do Sr. Decano

Benvida do Sr. Decano

decano

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Con gran pracer teño a honra de vos dar a benvida á Facultade de Física da USC. Un centro docente que dende hai máis de trinta anos imparte a titulación de Física, da que teñen saído centos de alumnos egresados, hoxe en tarefas profesionais que abranguen a docencia, a investigación ou sectores como as finanzas, a banca, a electrónica, aeronáutica e moitos outros. Unha formación fundamental e polivalente na máis básica das ciencias para uns tempos que demandan grande capacidade de reciclaxe. Impártense ademais cinco másteres que comprenden materias como a Física de Partículas, a Ciencia de Materiais, a Fotónica e a Tecnoloxía do Láser ou a Ciencia de Coloides e Interfases, xunto coas Enerxías Renovables e a Sustentabilidade Enerxética. Asimesmo estanse a implantar nestes intres dobres titulacións de Física e Química e de Física e Matemáticas en estreita colaboración cos outros centros da USC implicados.
 
Un centro por outra banda fortemente investigador, que ven mantendo o liderato dentro da Comunidade Autónoma de xeito sostido dende hai anos grazas ó traballo dos grupos de investigación adscritos ós departamentos do centro: Física Aplicada, Física da Materia Condensada e Física de Partículas. Con liñas de investigación activas en campos como a Nanotecnoloxía, a Física de Altas Enerxías, a Física Teórica, a Física de Materiais ou a Biofísica.
 
As nosas infraestruturas contan cun edificio central e unha ampliación no edificio do Monte da Condesa, aulas docentes plenamente equipadas coa máis avanzada tecnoloxía de información e comunicación, dúas aulas de informática con 50 postos de traballo para alumnos, aula de videoconferencia, etc.
 
Pero sen dúbida, o noso gran capital son as mulleres e os homes que se adican á docencia, á investigación, a administración e servizos, e os estudantes que se forman nas nosas aulas. A esa comunidade sempre inqueda, sempre en renovación teño a honra de dar a benvida.
 
Luis Miguel Varela Cabo
Decano da Facultade de Física

 

1º e 2º ciclo (en extinción)