Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

G1031104 - Bioloxía (Formación básica de contido transversal) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Fisioloxía Vexetal
  • Áreas: Fisioloxía Vexetal
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
DIAZ GUEDE, TERESA.NON
Lopez Rodriguez, Maria Angeles.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    -Proporcionar aos alumnos os coñecementos básicos da bioloxía actual e a súa relación con outras ciencias, entre elas a física.

    -Dar a coñecer aos estudantes a importancia da aplicación dos coñecementos da física á bioloxía, e as posibilidades que a bioloxía pode ofrecer aos físicos en moitas facetas teóricas e prácticas.

    -Coñecer a composición química da materia viva, así como a estrutura e propiedades das biomoléculas.

    -Estudar a compartimentación celular, abordando secuencialmente o estudo da estrutura dos orgánulos celulares e relacionándoa coa función que realizan.

    -Comprender as rutas metabólicas con especial atención aos dous principais procesos metabólicos: a fotosíntese que permite o almacenamento de enerxía solar en forma de enlaces químicos e a respiración que permite aos seres vivos adquirir a enerxía necesaria para as seus funcións vitais.

    -Entender os mecanismos de transmisión da información xenética, así como a expresión desta información en carácteres observables. Comprender os mecanismos que determinan a variabilidade xenética nas poboacións.

    -Ter un coñecemento básico da organización e funcionamento dos seres vivos, así como das súas interaccións con outros organismos e o medio ambiente.

    -Entender os procesos evolutivos e o seu papel central como mecanismo explicativo nas distintas ramas da bioloxía.

    Contidos
    1.- INTRODUCCION Á BIOLOXÍA. O IMPACTO DA FÍSICA NA BIOLOXÍA.
    2.- BREVE DESCRICIÓN DAS PRINCIPAIS BIOMOLÉCULAS. Carbohidratos, lípidos, proteínas e encimas, acedos nucleicos. Análise estrutural.
    3.- A CÉLULA E A ORGANIZACIÓN CELULAR. Estrutura xeral da célula. Estrutura e función dos compoñentes celulares.
    4.- BIOENERGÉTICA E METABOLISMO. Concepto de metabolismo e redes metabólicas. Obtención e transformación da enerxía polos seres vivos (fotosíntese e respiración)..
    5.- XENETICA. Conceptos e procesos básicos. Transmisión da información xenética e proceso evolutivos. Biotecnoloxía.
    6.- HISTORIA DA VIDA. A orixe da vida. Clasificación de seres vivos. Historia evolutiva dos grandes grupos de organismos: arqueas, bacterias e eucariotas.
    7.- BIOLOXIA DE ORGANISMOS. Multicelularidade e coordinación en plantas e animais. Diversidade de modelos de organización. Fundamentos de Fisioloxía. Interacción co medio e transmisión de sinais. Sistema nervioso.
    8.- ECOLOXIA. Conceptos básicos. Comunidades e ecosistemas. Redes tróficas e ciclos de nutrientes. Cambio climático.

    Bibliografía básica e complementaria
    BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
    - Campbell, N. A. y Reece, J.B. (2007) Biología 7ª e. Editorial Médica Panamericana
    - Freeman, S. (2009) Biología. Pearson Addison Wesley

    BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
    - Alberts, B; Johnson, A.; Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, K. ; Walter, P. (2004) Biología molecular de la célula. 4ª edic. Omega.
    - Alberts, B; Bray, D.; Hopkin, K.; Johnson, A.;Lewis, J.; Raff, M.; Roberts, K.; Walter, P. (2005) Introducción a la biología celular. 2ª edic. Editorial Medica Panamericana.
    - Cooper, G. M.; Hausman, R. E. (2010) La célula. Marbán Libros, S. L. Madrid.
    - Cowen, R. (2005) History of life. 4ª ed. Blackwell Publishing.
    - Curtis H.; Barnes, N.S.; Schnek, A.; Massarini, A. (2008) Biología. 8ª edic. Ed. Panamericana.
    - Freeman, S. (2002) Análisis evolutivo. 2ª ed. Prentice Hall.
    - Hill, R.W.; Wyse, G.A.; Anderson, M. (2006) Fisiología animal. Editorial Medica Panamericana.
    - Lewin, B. (2008) Genes IX. 9ª ed. McGraw-Hill.
    - Lüttge, U.; Kluge, M.K.; Bauer, G. (1993) Botánica.Interamericana McGraw-Hill.
    - Molles, M.C. (2006) Ecología : conceptos y aplicaciones. 3ª ed. McGraw-Hill.
    - Nelson D. L.; M. M. Cox., Lehninger, A.L. (2006) Principios de Bioquímica. 4ª edic. Omega.
    - Paniagua R; M. Nistal; M.P. Sesma; M. Álvarez-Uría; R. Anadón; B. Fraile ;F.J. Sáez. (2007) Citología e Histología Vegetal y Animal, 4ª edic. McGraw-Hill.
    - Raven, P. H.; Johnson, G. B.; Losos, J. B.; Singer, S R. (2005) Biology. 7ª edic. McGraw-Hill.
    - Sadava, D.; Heller, H.C.; Orians, G.H.; Purves, W.H.; Hills, D.M. (2009) Vida. La ciemcia de la Biología. 8ª ed. Editorial Médica Panamericana.
    - Smith, A.M., Coupland, G., Dolam, L., Harberd, N., Jones J., Martin, C., Sablowski, R., Amey, A. (2009) Plant Biology. Garland Science, New Yourk, USA. ISBN 978-0-8153-4025-6.
    - Smith, T.M.; Smith, R.L. (2007) Ecología. 6ª ed. Pearson Educación.
    - Solomon E.P., Berg L.R., y Martin D.W. (2008) Biología. 8ª edic. McGraw-Hill.
    - Taiz L., Zeiger E. (2010) Plant Physiology. 5ª ed. Sinauer.
    Competencias
    1. Razoamento, argumentación e memorización de conceptos teóricos básicos de bioloxía.
    2. Capacidade de aplicación dos coñecementos teóricos á resolución de problemas prácticos.
    3. Analizar información a partir de diferentes fontes bibliográficas.
    4. Capacidade de traballo en grupo, mediante a formación de grupos dinámicos para a preparación de traballos.


    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas impartiranse en grupos grandes durante un total de 24 sesións dunha hora. Desenvólvense no aula correspondente, ao longo do primeiro semestre do curso académico, cunha periodicidade semanal de 2 horas. Durante estas clases os profesores explicarán os coñecementos elementais do programa empregando proxeccións co computador.
    As clases interactivas impartiranse en varios grupos reducidos durante 24 sesións dunha hora de duración por grupo. Desenvólvense igualmente no aula correspondente ao longo do primeiro semestre e cunha periodicidade de 2 horas semanais. Estas sesións permitirán achegar ao alumno coñecementos complementarios de algúns dos temas do programa. Para elo o profesor proporá o alumno controis escritos que incluirán problemas e cuestións teóricas e prácticas e que poderán ser corrixidos en común na aula. Tamén organizaranse grupos dinámicos de alumnos, que elaborarán traballos que poderán expor ao resto de compañeiros utilizando documentación previamente achegada polo profesor.
    Para rematar realizaranse ao longo do curso varias sesións de titorías de 45-60 minutos en grupos moi reducidos en horarios que serán fixados en común por profesores e alumnos ao comezo do curso académico. Durante as mesmas resolveranse as dúbidas que o alumno plantei tanto ao profesor como aos seus compañeiros.

    Sistema de evaluación

    A cualificación final do alumno será a maior das cualificacións obtidas nun dos seguintes métodos de avaliación:

    Método 1. Suma da nota do exame final e da nota obtida mediante a avaliación continua, Neste caso farase un único exame final na data oficial e a cualificación obtida neste apartado constituirá o 70% da nota global, sendo necesario acadar unha puntuación mínima do 40% da nota máxima deste apartado para sumar a cualificación obtida na avaliación continua.

    O 30% restante de cualificación obterase de acordo co seguinte método de avaliación continua:
    A asistencia e participación nas clases interactivas suporá un 5% da nota global.
    A valoración dos controis e/o traballos (presentación escrita e/ou oral) formulados nas clases interactivas suporán o 25% da nota global.

    Método 2. - A avaliación realizarase mediante un único exame final a realizar na data oficial, a cualificación obtida no devandito exame será a nota final da materia.

    En ambos casos, para superar a materia, requírese unha nota igual ou superior sl 50% da nota máxima.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Clase expositiva: 24
    Clase Interactiva: 24
    Traballo do alumno ECTS: 102
    Total: 150.0

    Recomendacións para o estudo da materia
    - Recoméndase que o alumno consulte cada tema previamente ás sesións independentemente do carácter das mesmas.
    - Para o estudo aconséllase facer táboas ou resumos que relacionen as diferentes partes da materia
    - Un estudo diario facilitará o seguimento das clases e a superación das probas de avaliación
    - Implicación e participación activa nas discusións que se susciten nas diferentes tipos de sesións
    - Manexar a bibliografía recomendada como complemento ás clases