Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

G1031106 - Física Xeral II (Fundamentos de Física) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada, Física de Partículas
  • Áreas: Electromagnetismo, Física Teórica
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ADAM ., CHRISTOPH.NON
RODRIGUEZ CALVO, MANOEL.NON
Rodriguez Gonzalez, Juan Antonio.NON
ZAS ARREGUI, ENRIQUE.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02OrdinarioClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_03OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_04OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS06OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS07OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS08OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS09OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS10OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS11OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Presentar unha visión ampla e unitaria da Física que proporcione ao alumno coñecementos, perspectiva e motivación abondo para o estudo dos diferentes campos da física, xa divididos en materias temáticas nos seguintes cursos.

    Dentro deste contexto, Física II, tratará o estudo dos fenómenos ondulatorios, o electromagnetismo, a óptica, a relatividade e unha introdución ao átomo e ao núcleo atómico.

    Son obxectivos xerais deste curso:

    - Manexar os esquemas conceptuais básicos da Física: partícula, onda, campo, sistema de referencia, enerxía, momento, leis de conservación, etc.
    - Coñecer e comprender fenómenos físicos básicos, principalmente os relacionados co electromagnetismo e cos fenómenos ondulatorios, a óptica e os conceptos máis básicos da física moderna.
    - Iniciarse na formulación e resolución de problemas físicos sinxelos, identificando os principios físicos relevantes e usando estimacións de ordes de magnitude.
    - Uniformizar os diferentes niveis dos alumnos ao chegar ao Centro.

    Contidos
    FUNDAMENTOS DE ONDAS: Movemento harmónico simple. Ondas periódicas e harmónicas. Ecuación de ondas. Transporte de enerxía nunha onda. Ondas estacionarias. Ondas planas. Efecto Doppler. Ondas de choque. Reflexión: lei de Snell. Índice de refracción. Reflexión total. Difracción. Fenda dobre e rede de difracción.
    ÓPTICA XEOMÉTRICA: Dioptrio esférico. Lentes delgadas. Ecuación do construtor de lentes. Trazado de raios en lentes delgadas. Sistemas de lentes.
    ELECTROMAGNETISMO: Campo electrostático. Potencial eléctrico. Dipolo eléctrico. Teorema de Gauss. Conductores. Condensadores. Corrente eléctrica. Campo magnetostático. Forza de Lorentz. Lei de Biot e Savart. Lei de Ampère. Lei de Faraday. Inductancia. Xeradores e transformadores. Leis de Maxwell. Ondas electromagnéticas. Velocidade da luz no baleiro. Enerxía nunha onda electromagnética. Circuítos eléctricos de corrente continua e alterna.
    RELATIVIDADE ESPECIAL. Motivación da relatividade especial. Principios da relatividade. Transformacións de Lorentz. Consecuencias das transformacións de Lorentz. Transformacións inversas. Transformación de velocidades. Enerxía e momento relativista. Relación masa-enerxía.
    INTRODUCIÓN AO ÁTOMO E AO NÚCLEO ATÓMICO. Motivación da Mecánica Cuántica. Número e masa atómicos. Estabilidade: enerxía de enlace por nucleón. Fusión e fisión. Radioactividade. Taxa de desintegración e vida media. Os niveis do átomo de Bohr.

    Bibliografía básica e complementaria
    Proponse un libro básico e un conxunto de material bibliográfico adicional que se considera suficiente para que o alumno teña acceso aos temas principais do curso dende diversos enfoques co fin de apoialo na aprendizaxe e a comprensión e para enriquecer a súa formación. Toda a bibliografía proposta está a disposición do alumnado na biblioteca da Facultade de Física.

    Inclúese tamén algún recurso docente de acceso libre por internet, que contén os applets onde se poden simular experimentos, problemas resoltos en pdf, circuítos eléctricos dende un punto de vista máis tecnolóxico...

    1.- Libro de texto básico

    - SEARS, F.W., ZEMANSKY, M.W., YOUNG, H.D. y FREEDMAN, R.A. Física Universitaria (1 y 2). Ed. Addison Wesley -Pearson (2009).

    2.- Libros de teoría complementarios

    - FRENCH, A.P. Vibraciones y Ondas: curso de Física del MIT. Ed. Reverté (2008).
    - FRENCH, A.P. Relatividad especial: curso de Física del MIT. Ed. Reverté (2008).
    - TIPLER, P.A. y MOSCA, G. Física para la Ciencia y la Tecnología (1 y 2). Ed Reverté (2005).
    - SERWAY, R.A. y JEWETT, J.W. Física (1 y 2). Ed. Thomson-Paraninfo (2005).
    - ALONSO, M. y FINN, E. Física. Ed. Addison-Wesley Iberoamericana, S.A. (1995).
    - BURBANO de ERCILLA, S.; BURBANO GARCÍA, E. y GRACIA MUÑOZ, C. Física. 32ª ed. Ed. Tebar (2003).
    - DIAS de DEUS, J.; PIMENTA, M. y otros. Introducción a la Física. Ed. McGraw-Hill España (2001).
    - EISBERG, R. y LERNER, L. Física. Fundamentos y Aplicaciones. Ed. McGraw-Hill España (1990).
    - FEYMAN, R.P.; LEIGHTON, R.B. y SANDS, M. Física. Ed. Addison Wesley Iberoamericana (1987).
    - GETTYS, W.E.; KELLER, F.J. y SKOVE, M.J. Física para Ciencias e Ingeniería (I y II). McGraw-Hill España (2005).
    - HEWITT, P.G. Física Conceptual (I y II). Ed. Prentice Hall (2004).
    - de JUANA, J.M. Física General (I y II). Ed. Pearson-Prentice Hall (2003).
    - LEA, S.M. y BURKE, J.R. Física. La naturaleza de las cosas (1 y 2). Ed. Paraninfo (2001).
    - RUBIO ROYO, F. Física. Conceptos Básicos (I y II).Ed. Interinsular Canaria (1988).
    - GLASGOW, S.L. From Alchemy to Quarks: the study of physics as a liberal arts. Ed. Pacific Grove (1994).

    3. Libros de problemas

    - ALCARAZ i SENDRA, O.; LÓPEZ LÓPEZ, J. y LÓPEZ SOLANAS, V. Física. Problemas y ejercicios resueltos. Pearson Prentice Hall (2006).
    - BUECHE, F.J. y HECHT, E. Física General. Problemas y ejercicios. Ed. McGraw-Hill, Serie Schaum (2001)
    - BURBANO de ERCILLA, S.; BURBANO GARCÍA, E. y GRACIA MUÑOZ, C. Problemas de Física.27ª ed. Mira Ed. (2000).
    - GONZÁLEZ HERNÁNDEZ, F. A., La Física en problemas. Ed. Tebar (1997).
    - HSU, H.P. Análisis Vectorial. Ed. Addison Wesley (1987).
    - SPIEGEL, M.R. Análisis Vectorial y una introducción al Análisis Tensorial. Ed. McGraw-Hill (1991).

    4. Recursos na rede

    - http://www.usc.es/campusvirtual/index.php
    - http://www.sc.ehu.es/sbweb/fisica/default.htm
    - http://axxon.com.ar/rev/139/c-139Divulgacion.htm
    - http://www. cec.uchile.cl/~cutreras/apuntes/

    Competencias
    Con esta materia, os alumnos deberán adquirir as seguintes destrezas específicas:

    - Relacionar conceptualmente os fenómenos físicos coas leis fundamentais e adquirir intuición sobre as limitacións.
    - Aplicación de ferramentas matemáticas á comprensión e interpretación dos fenómenos físicos.
    - Resolución de problemas sinxelos e toma de contacto coa simplificación como ferramenta para entender os sistemas complexos
    - Controlar as unidades e á análise dimensional como forma de comprobar os resultados.
    - Aproximar e estimar ordes de magnitude.

    En canto ás competencias relacionadas coa forma en que o estudante se relaciona co seu ámbito social, tratarase de que os alumnos adquiran

    - Habilidade na busca de información a partir da bibliografía de referencia.
    - Hábito do uso de novas tecnoloxías na busca de información.
    - Capacidade de traballo en grupo na resolución de problemas.
    - Capacidade de aprendizaxe en equipo.
    - Habilidade na exposición e presentación de resultados.

    Metodoloxía da ensinanza
    A materia está estruturada en 4 horas de clases semanais durante o segundo cuadrimestre. Consistirán de dúas clases expositivas nas que se expoñerán os contidos do programa. Durante as clases interactivas, dous á semana, resolveranse problemas, discutiranse exemplos e realizaranse outras actividades relacionadas co desenvolvemento do temario para os que se requirirá unha participación activa dos estudantes.
    A materia estará disponible na USC virtual, onde se publicarán diversos materiais relacionados coa mesma.
    Sistema de evaluación
    A avaliación consta de dúas partes, unha avaliación continuada e unha avaliación a través dun exame final.

    A avaliación continuada realizarase a través de actividades complementarias como entrega de boletíns de problemas, controis intermedios e/ou exposicións orais de problemas ou temas de traballo nas clases interactivas de grupos reducidos. Para que un alumno teña dereito a que se lle avalíe de forma continuada é obrigatoria a asistencia (só se tolerará unha ausencia máxima do 20% das clases e actividades complementarias programadas).

    O exame final é obrigatorio para todos os alumnos e ten lugar os días e nos lugares previstos polo decanato da Facultade de Física. Constará principalmente de problemas e cuestións relacionadas con estes.

    A nota definitiva dos alumnos será a maior entre a nota do exame final e a que resulte de ponderar a nota do exame final cun peso do 70% coa nota das actividades complementarias cun peso do 30% restante. Esta ponderación só pode facerse no caso dos alumnos cumprisen os requisitos de asistencia, no caso contrario os alumnos obterán como nota a avaliación do exame final exclusivamente.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    A materia ten un total de 6 créditos ECTS distribuídos ao longo de todo o cuadrimestre. A carga de traballo total é de 150 horas, distribuidas como segue:

    Docencia:
    Clases expositivas: 24 h
    Clases interactivas: 24 h
    Titorías: 3 h

    Traballo persoal do alumno:
    Estudo autónomo individual ou en grupo: 75h
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 15h
    Outros: avaliación de traballos, exames,… 9h

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ter superado previamente o curso de Física Xeral I. Os coñecementos previos principais que se supoñen son:

    - Cálculo vectorial elemental composición, produto escalar e vectorial.
    - Concepto e familiaridade con derivación e integración.
    - Funcións trigonométricas e relacións entre elas.
    - Nocións sobre o número complexo, concepto de módulo e argumento e produto de complexos.
    - Concepto de Campo de forzas e nocións sobre gradiente, teoremas de Gauss e teorema de Stokes.
    - Leis de Newton e conceptos de dinámica dunha partícula.
    - Conceptos de traballo, enerxía e potencia.
    - Movemento harmónico simple e lei de Hooke.
    - Lei de Coulomb para cargas puntuais.
    - Lei de Ohm.
    - Nocións elementais de óptica xeométrica para lentes sinxelas.