G1031107 - Química (Formación básica de contido transversal) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 4.00
- Clase Interactiva Seminario: 20.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Química Física
- Áreas: Química Física
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaOBXECTIVO XERAL:
Perséguese que os alumnos adquiran un nivel de coñecementos teóricos e experimentais básicos en Química, así coma a súa relación ca Física. Trátase de coñecer o impacto da Química na Física e viceversa. Comprender a importancia da aplicación dos coñecementos da Física nesta rama afín de coñecemento e do campo de aplicación na investigación tanto na súa faceta teórica coma experimental.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:
Familiarizar ó alumno cs conceptos básicos da Química, tales coma aspectos fundamentais de termodinámica clásica, de equilibrio químico e de enlace químico, que serán de gran utilidade para materias de cursos posteriores do grao.
Que o alumno comprenda o papel da Química dentro do panorama científico actual.
Perséguese que o alumno se familiarice cos temas dos que se ocupa a Química, así coma cos métodos desenvolvidos por esta rama da ciencia para dar solución ós problemas ós que se enfronta.
Coñecer a aplicación das leis da Química a casos particulares, así coma a súas limitacións.
ContidosOs temas que se van tratar nas clases expositivas e interactivas son os seguintes:
TEMA 1. PROPIEDADES DA MATERIA:
Introducción ós problemas dos que se ocupa a química: materia e transformacións.
Átomo, elementos químicos: Táboa periódica. O concepto de Mol e o número de Avogadro. Utilización práctica do concepto de mol. Compostos químicos: formulación e nomenclatura. Propiedades periódicas: Tamaño, Ionización electrónica, afinidade electrónica.
Formulación.
TEMA 2: ESTRUCTURA ATÓMICA:
Interpretación e representación dos orbitais. Átomos polielectrónicos: configuración electrónica.
TEMA 3. AS REACCIÓNS QUÍMICAS:
Reaccións en disolución, cálculo de concentracións, reactivo limitante. Reaccións ácido-base, de precipitación, redox. Axuste de reaccións redox.
TEMA 4: ENLACE QUÍMICO:
Estruturas de Lewis. Formas das moléculas. Enerxías de enlace. Hibridación. Teoría de orbitais moleculares.
Líquidos, sólidos e forzas intermoleculares (funcións potencial de interacción).
TEMA 5. FUNDAMENTOS DO EQUILIBRIO QUÍMICO:
Constantes de equilibrio químico. Ley de Le Chatelier. Criterios de espontaneidade (Entropía, Entalpía e Energía de Gibbs). Coeficientes de actividade.
TEMA 6. EQUILIBRIO QUÍMICO EN DISOLUCIÓN:
Teorías de Arrhenius e Bronsted-Lowry. Escala de pH. Ácidos/bases fortes/débiles. Ións como ácidos/bases. Ácidos e bases de Lewis. Efectos sobre o equilibrio ácido-base: ión común, disolucións reguladoras, neutralización e curvas de valoración.
Constante do produto de solubilidade. Precipitación.
TEMA 7. ELECTROQUÍMICA:
Potenciais de eletrodo, potenciais estándar e potenciais de célula
Ecuación de Nerst. Pilas, baterías e células de combustible. Electrólise. Corrosión.
TEMA 8. QUÍMICA ORGÁNICA:
Introdución ós compostos orgánicos e as súas estruturas. Alcanos, alquenos e alquinos.
Hidrocarburos aromáticos. Alcoles, fenoles e éteres. Aldehídos y cetonas. Ácidos carboxílicos, ésteres, amidas e aminas.
Polímeros
A distribución dos contidos dos temas nas distintas modalidades de clases presenciais (expositivas, titorías e interactivas: pizarra e prácticas de laboratorio) comunicaranse ó alumno ó principio do curso.
Bibliografía básica e complementariaPara facilitar o seguimento das clases polos alumnos, utilizarase como libro de texto:
R. H. Petrucci, F. G. Herring, J. D. Madura, C. Bissonnette, Química General, Pearson Educación, 10ª Edición 2011. Este libro dispón dunha axuda en rede moi completa.
Ademais recomendase a consulta doutros libros de química xeral:
- R. Chang, Química, McGraw Hill, 10ª Edición, 2010.
- P. W. Atkins, L. Jones, Principios de Química, Editorial Médica Panamericana, 5ª Edición, 2010.
- M. A. Domínguez Reboiras, Química: La ciencia básica, Thomson Editores, 2006.
CompetenciasAs materias de formación básica do grao de Física, entre as que se atopa a Química, teñen diferentes competencias xerais. As competencias que se pretende que o alumno adquira nesta materia serán a capacidade para a resolución de problemas (analizar críticamente un problema e formular posibles solucións), análise de situacións complexas, a capacidade de traballar en equipo, aprender a buscar e comparar información de varias fontes, etc.
A competencia específica que o grao contempla para esta materia é a de desenvolver destrezas de modelado. Esta competencia refírese a que os alumnos sexan capaces de realizar o esencial dun proceso e establecer un modelo de traballo do mesmo así como realizar aproximacións co obxectivo de reducir o problema hasta un nivel manexable. Ademais, búscase que o alumno se familiarice cos temas dos que se ocupa a química, así coma cos métodos desenvolvidos por esta rama da ciencia para dar solución ós problemas ós que se enfronta.
Metodoloxía da ensinanza Os contidos da materia impartiranse nunha serie de clases expositivas, interactivas y de titorías:
AS CLASES EXPOSITIVAS impartiranse ó grupo completo e nelas daranse a coñecer ó alumno contidos fundamentais da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o programa e os obxectivos principais do mesmo. Ò final de cada tema farase un breve resumo dos conceptos mais relevantes e proporanse novos obxectivos que permitirán interrelacionar contidos xa estudados cos do resto da materia e outras materias afíns. Durante a exposición de contidos proporanse problemas que exemplifiquen os conceptos desenvolvidos. Para facilitar o seguemento por parte dos alumnos destas clases expositivas daráselles o material docente necesario na aula virtual do curso.
AS CLASES INTERACTIVAS impartiranse en grupo reducido e distribúense do xeito seguinte:
-Clases de pizarra. Estarán dedicadas á resolución de problemas e cuestións que clarifiquen os contidos desenvolvidos nas clases expositivas. Ó principio do cuadrimestre darase ó alumno unha relación de problemas/cuestións co obxectivo de que intente a súa resolución previa ás clases.
-Prácticas de laboratorio. Faranse 2 prácticas de dúas horas de duración cada unha, en laboratorios da Facultade de Química. O profesor entregará ós alumnos un guión de cada unha das prácticas ó principio do curso, de forma que os alumnos teñan tempo de preparar os conceptos teóricos e realizar os cálculos necesarios para levalas a cabo antes de chegar ó laboratorio. Os obxectivos que se perseguen con estas clases prácticas son (i) que o alumno fixe conceptos teóricos aprendidos nas clases expositivas e seminarios; (ii) que o alumno se familiarice co el material de laboratorio e cos problemas prácticos que surxen ól planificar e desenvolver un experimento.
AS CLASES DE TITORÍAS impartiranse en grupos moi reducidos. As horas de titorías adicaranse á resolución de exercicios un pouco máis complexos que os que se fan nas clases interactivas, onde o alumno teña que relacionar diferentes conceptos manexados durante o curso. Pretendese tamén mediante estas titorías facer un seguimento individualizado da aprendizaxe da materia.
Ol alumno disporá das titorías convencionais para resolver dúbidas que surxan durante o estudio. Estas titorías faranse de forma presencial en horarios indicados por cada profesor.
Sistema de evaluaciónO sistema de avaliación basease na formación continua do alumno. Valorarase o traballo diario do alumno e para esto farase un seguimento do mesmo. As dimensións avaliadas expoñense a continuación:
- Asistencia ás clases expositivas, interactivas, titorías e prácticas.
- Participación activa nas clases interactivas de pizarra (resolución dos problemas propostos nos boletíns, discusión dos resultados, etc…)
- A exposición e discusión dos temas propostos para as clases de titorías.
- Realizar os test que se propoñan
O cómputo destas actividades de avaliación continua na calificación final será do 40% (nota EC). Ademais os alumnos realizarán un exame ( ben ordinario, realizado a finais de maio,ou ben extraordinario, realizado en xullo) que computará o 60% restante da calificación final (nota EX). Establecese unha puntuación mínima neste exame dun 3 sobre 10 para poder realizar a media ca nota da avaliación continua.
A calificación do alumno non será inferior a do exame final, nin a obtida ponderada coa avaliación, polo tanto:
A nota final será a mais alta de:
a)Nota EX
b)0,6 × nota EX + 0,4 × nota EC
Tempo de estudo e traballo persoalCada alumno debe axustar o tempo de estudio segundo a dificultade que atope na comprensión dos conceptos que se explican na asignatura.
Á materia de Química do Grao de Física correspóndenlle en total 6 créditos ECTS. A distribución de créditos segundo os distintos tipos de clases e a equivalencia en horas de traballo do alumno recóllense na seguinte táboa:
ACTIVIDADE HORAS FACTOR HORAS HORAS
PRESEN TRABALLO TOTAIS
Clases expositivas 22 1,5 33 55
Clases interactivas 24 2,0 48 72
Titorías 3 5,0 15 18
Exámes 2 1,5 3 5
TOTAL 51 99 150
Recomendacións para o estudo da materiaOs alumnos deberían ter feito un curso de química no último curso do bacharelato.
Recoméndase que os alumnos realicen todas as actividades programadas para a avaliación continua. O traballo diario do alumno axudaralle a consolidar mellor os coñecementos, a adquirir destreza na resolución de problemas e a desenvolver as capacidades de síntese dos aspectos máis importantes dos temas preparados por eles mesmos. Ademais, as probas de autoavaliación serán de grande utilidade para que o alumno identifique que conceptos ten claros e cales non. Tamén lle axudarán a adquirir habilidade na resolución de cuestións e problemas a partir dos seus coñecementos teóricos da materia.
ObservaciónsA materia impartirase en castelán.
Os profesores responsables da materia son:
Juan Crugeiras Martínez (coordinador). Departamento de Química-Física.Facultade de Química. (juan.crugeiras@usc.es)
Marina Nieto Suárez. Departamento de Química-Física. Centro de Investigación en Química Biológica y Materiales (CIQUS). (m.nieto@usc.es)