Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

G1031228 - Termodinámica e Teoría Cinética (Fundamentos de Física) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 24.00
  • Clase Interactiva Seminario: 24.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 51.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada
  • Áreas: Física Aplicada
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernández Pérez, Josefa.NON
PINTOS BARRAL, Ma MERCEDES.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02HorariosClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /CLIS_02OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Os contidos fixados para esta materia pemitennos agrupar os obxectivos a acadar no seu desenvolvemento en tres bloques diferenciados entre si, aínda que nitidamente interrelacionados.

    Unha vez establecidos e discutidos os fundamentos e o formalismo xeral desta rama da Física na materia Fundamentos de Termodinámica, o primeiro obxectivo que se expón é mostrar como aplicar devandito formalismo ao estudo de diversos sistemas, non só polo interese particular que poidan presentar cada un deles, mais tamén coma ilustración tanto da capacidade de aplicación do método desenvolvido a numerosos problemas prácticos, e mesmo da relación que ten esta parte da ciencia con experiencias coñecidas e a súa incidencia sobre outras ramas da física en particular e da ciencia en xeral.

    Outro dos obxectivos é mostrar coma se pode aplicar o formalismo termodinámico a sistemas que se atopen en estados fora do equilibrio, aínda que non moi afastados deste. A teoría desenvolvida para a descripción destes procesos coñécese xeralmente coma Termodinámica dos procesos irreversibles.

    Para rematar, e aínda que o carácter fenomenolóxico da termodinámica permite establecer numerosas propiedades dos sistemas físicos sen facer uso de conceptos relativos á estrutura microscópica dos corpos, para un estudo máis completo e profundo de determinados procesos faise necesario recorrer a unha descrición microscópica (molecular ou estatística) dos sistemas. A descrición molecular pretende acadar unha interpretación das propiedades termodinámicas macroscópicas observables a partires da análise do movemento desordenado das moléculas, aínda que está suxeita a simplificacións inevitables coma calquera modelo de estrutura da materia. A este método coñéceselle como Teoría cinética dos gases. Mostrar os fundamentos desta teoría e aplicala ao gas ideal, constitúe o terceiro dos obxectivos desta materia.

    Contidos
    Segundo os descriptores, ver páx. 38 da Memoria para a solicitude de verificación do Grao en Física
    http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/sxopra/descargas/Memoria_Grao_Fisica_ANECA.pdf)
    1. GASES IDEAIS
    Ecuación térmica de estado do gas ideal
    Ecuación calórica de estado do gas ideal
    Transformacións adiabáticas dun gas ideal
    Tranformaciones politrópicas dun gas ideal
    Mextura de gases ideais

    2. GASES REAIS
    Comportamento dos gases reais. Coordenadas críticas.
    Estrangulación adiabática. Coeficiente Joule-Kelvin
    Ecuacións térmicas de estado: van der Waals e virial
    Ley dos estados correspondentes. Diagramas de compresibilidade xeneralizados
    Mextura de gases reais

    3. TRANSICIÓNS DE FASE
    Condicións de equilibrio para sistemas heteroxéneos multicompoñentes. Regla das fases de Gibbs
    Clasificación das transicións de fase
    Transicións de fase de primeiro orde: ecuación de Clausius-Clapeyron
    Aplicación da ecuación de Clausius-Clapeyron a sistemas monocompoñente

    4. SISTEMAS REACTIVOS
    Reaccións químicas. Grao de avance
    Calor de reacción
    Condicións de equilibrio en sistemas reactivos. Regra das fases
    Constante de equilibrio
    Principio de Le Châtelier

    5. SISTEMAS ELÉCTRICOS E MAGNÉTICOS
    Consideracións xenerales acerca dos sistemas eléctricos e magnéticos
    Ecuación fundamental e potenciais termodinámicos
    Coeficientes calóricos e térmicos
    Efectos electrocalórico e magnetocalórico

    6. TERMODINÁMICA DOS PROCESOS IRREVERSIBLES
    Procesos irreversibles
    Forzas e fluxos. Postulados da TPI lineal
    Ecuacións de balance e de continuidade
    Efectos termoeléctricos. Ecuacións fenomenolóxicas

    7. TEORÍA CINÉTICA DOS GASES PERFECTOS
    Modelo de gas perfecto
    Ecuación de estado do gas perfecto
    Consecuencias da ecuación cinética do gas perfecto

    8. FUNCIÓNS DE DISTRIBUCIÓN
    Función de distribución de velocidades
    Función de distribución de enerxías
    Principio de equipartición da enerxía
    Verificación experimental da ley de distribución

    9. FENÓMENOS DE TRANSPORTE
    Frecuencia de colisión
    Percorrido libre medio
    Transporte de cantidade de movemento. Viscosidade
    Transporte de enerxía. Conductividade térmica
    Transporte de masa. Difusión


    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía básica
    CALLEN, HERBERT B. Termodinámica : introducción a las teorías físicas de la termostática del equilibrio y de la termodinámica irreversible . Madrid: AC, 1981

    BIEL GAYE, JESÚS Curso sobre el formalismo y los métodos de la termodinámica. Vol I y II Barcelona: Reverté, 1997-1998

    AGUILAR PERIS, JOSÉ Curso de termodinámica Madrid: Alhambra Universidad, 2001

    Bibliografía complementaria
    PELLICER GARCÍA, JULIO. 100 problemas de termodinámica. Madrid: Alianza. 1996

    GARCÍA-COLIN SCHERER, LEOPOLDO. Problemario de termodinámica clásica México : Trillas, 2003.

    ANNEQUIN, R. Ejercicios de ciencias físicas. Termodinámica Barcelona: Reverté, 1979

    Recursos na rede
    http://tigger.uic.edu/~mansoori/Thermodynamics.Educational.Sites_html
    http://termograf.unizar.es/www/index.htm


    Competencias
    Competencias específicas
    - Capacidade de aplicar con propiedade os argumentos e métodos da termodinámica ao estudo dalgúns sistemas de interese práctico, sendo conscientes dos principios nos que se fundamentan, e mesmo dos límites da súa aplicabilidade.
    - Capacidade de aplicar o formalismo termodinámico a sistemas fora do equilibrio.
    - Capacidade para construir modelos que idealicen a realidade física, acordes a este nivel.
    Capacidade de análise e de resolución de problemas básicos, aplicando con rigor e creatividade os coñecementos adquiridos.
    - Capacidade de razoamento crítico e de asociación que posibiliten a aprendizaxe continua.

    Competencias xerais
    - Capacidade de organización e de planificación.
    - Capacidade de análise e de síntese.
    - Manexo de recursos bibliográficos e informáticos.
    - Manexo de material científico.
    - Capacidade para o traballo en equipo.
    - Habilidade no tratamento de datos.

    Metodoloxía da ensinanza
    a) Clase de lousaa en grupo grande.
    Expoñeranse de forma dedutiva os contidos teóricos de cada tema complementando o desenvolvemento na lousa co apoio de medios informáticos/audiovisuais e de material dispoñible na aula virtual, como instrumentos de aclaración e de complementariedade.

    b) Clases de lousa en grupo reducido.
    Clases fundamentalmente prácticas na que se resolverán os problemas e exercicios propostos nos boletíns, postos a disposición do alumnado con antelación dabondo a través da aula virtual. O obxectivo é que o alumnado aplique os coñecementos teóricos adquiridos á resolución de problemas, o que lle vai axudar a asimilar os contidos desta materia. É fundamental eiquí a participación do alumnado, xa que esta participación formará parte da súa avaliación continua.

    c) Tutorías en grupos moi reducidos ou individualizadas.
    Están orientadas á resolución de dúbidas e dificultades concretas de carácter teórico, conceptual e/ou práctico, prestando unha atención individualizada á alumna ou ao alumno que o necesite.

    Sistema de evaluación
    Avaliación continua (25%)
    Obxectivo: avaliar o proceso de aprendizaxe da/o alumna/o.
    Esta avaliación basearase no control de asistencia a clase, participación activa nestas, así como pola realización de diversas actividades programadas e postas en coñecemento do alumnado ao inicio do período de docencia: pequenos exames, entrega de problemas propostos para a súa resolución...

    Avaliación individualizada (75%)
    Obxectivo: avaliar os coñecementos individuais da/o alumna/o.
    Para iso realizarase un exame final (na data programada polo centro), que consistirá nunha parte relativa aos seis primeiros temas e outra parte relativa aos tres últimos temas. Cadansúa destas partes será avaliada de forma independente, con cualificacións entre 0 e 10. A cualificación do exame final obterase como media ponderada de ámbalas dúas partes (2/3 a primeira parte e 1/3 a segunda parte), sempre que se obtivese un mínimo de 3,5 puntos en cada unha delas.

    Avaliación global
    A cualificación final do alumno non será en ningún caso inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua. A cualificación mínima para superar a materia será de 5 puntos.

    A cualificación será de Non presentada/o só no caso de que a/o alumna/ou non realice ningunha das actividades propostas na avaliación continua, nin se presente a ningunha das dúas partes do exame final da materia.

    Para a convocatoria de xullo, manteranse as cualificacións obtidas na avaliación continuada (de tela realizado) así como as partes da proba final na que obtivese unha cualificación mínima de 7.


    Tempo de estudo e traballo persoal
    TRABALLO PRESENCIAL EN EL AULA Horas
    Clases de lousa en grupo grande 24
    Clases de lousa en grupo reducido 24
    Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas 3
    Total horas traballo presencial na aula 48 >> 8h presenciais/ECTS

    TRABALLO PERSONAL DA/DO ALUMNA/O Horas
    Estudio autónomo individual ou en grupo 72
    Asistencia a titorías 3
    Escritura de exercicios ou outros traballos 15
    Total horas traballo persoal da/do alumna/o 90

    Observacións
    Ínstase ao alumnado a que curse previamente as materias de Fundamentos de Termodinámica e Métodos Matemáticos I-IV.