Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

G1031325 - Fundamentos de Instrumentación Electrónica (Técnicas Experimentais) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Electrónica e Computación
  • Áreas: Electrónica
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Brea Sánchez, Víctor Manuel.SI
CABELLO FERRER, DIEGO.NON
GOMEZ GONZALEZ, LORENZO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLE_02HorariosClase ExpositivaSINON
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_02OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_03OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /CLIL_04HorariosClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS03OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS04OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS05OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Analizar e deseñar sistemas electrónicos de adquisición datos e a sua visualización no computador mediante software de instrumentación.
    Contidos
    Tema 0. Instrumentación Electrónica en Física

    Tema 1. Amplificación
    Concepto
    Clasificación de amplificadores
    O amplificador operacional. Circuitos co amplificador operacional
    O amplificador de instrumentación

    Tema 2. Filtrado
    Tipos de filtrado. Clasificación de filtros
    Filtros con amplificadores operacionais

    Tema 3 Conversión de Datos
    Teorema do muestreo
    Circuitos de muestreo e retención
    Conversión A/D. Caracterización estática e dinámica
    Conversión D/A

    Tema 4. Tarxetas de Adquisición e Software de Adquisición
    Criterios de selección dunha tarxeta de adquisición
    Adquisición de datos mediante LabVIEW

    Prácticas Comúns
    Deseño de circuitos amplificadores con el ua741 y el INA118
    Deseño dun filtro co filtro universal UAF42
    Caracterización dun conversor A/D
    Adquisición e tratamento de datos de temperatura obtidos cun termopar tipo J con LabVIEW

    Práctica Extra en Equipo
    Bibliografía básica e complementaria
    Bibliografía Básica
    Miguel A. Pérez García y otros, Instrumentación Electrónica, Thomson 2004.
    Adel S. Sedra y Kenneth C. Smith, Circuitos Microelectrónicos, McGraw-Hill 1998.
    Sergio Franco. Diseño con Amplificadores Operacionales y Circuitos Integrados Analógicos, McGraw-Hill 2002.

    Bibliografía Complementaria
    Ramón Pallás Areny, Sensores y Acondicionadores de Señal, Marcombo 1998.
    Competencias
    Á marxe doutras competencias comúns a outras asignaturas do grado como pode se-la análise e resolución de problemas, nesta materia os alumnos traballarán de maneira específica as segintes competencias xenéricas e específicas.


    Competencias Xenéricas
    Competencias de comunicación oral e escrita. Os estudiantes aprenderán a redactar informes científicos, e tamén a defendelos mediante exposicións orais.
    Búsqueda de información. Os estudiantes aprenderán a recabar información para resolver un problema; neste caso unha práctica de laboratorio extra en equipo e de maior entidade que as prácticas comúns
    Traballo en equipo


    Competencias Específicas
    Capacidade de entender e analiza-las necesidades dun sistema de adquisición ou acondicionamiento de datos e a sua visualización mediante un PC a través de software de instrumentación.
    Metodoloxía da ensinanza
    Na docencia de tipo expositivo serán maioría as clases maxistrais impartidas polo profesor. Cada clase comezará lembrando brevemente o exposto nas clases anteriores, segirá co desenrolo da materia propiamente dita, e finalizará cun resumo do que se impartirá nas segintes clases. As clases de pizarra en grupos reducidos involucrarán máis ó alumno, realizando exercicios en pizarra. Ademáis, os alumnos expondrán de forma oral un traballo desenrolado en equipo. Nas clases de laboratorio será o alumno o que diseñe e implemente a práctica.
    Sistema de evaluación
    A continuación detállanse os distintos módulos da asignatura, e o peso en porcentaxe de cada un deles con respecto á nota final da asignatura. Contémplanse dous métodos de evaluación, continua, cun peso do 20% da nota final, e exame final escrito que representa o 80% restante da asignatura. Considérase que un alumno se presenta á convocatoria de curso cando defende a práctica extra en equipo e de maior envergadura que as prácticas comúns.


    Continua
    Presentación dunha práctica de laboratorio diferente das prácticas comúns- 20%

    Exame final escrito
    80%

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Estimánse aproximadamente 3 horas de traballo persoal do alumno por cada hora de docencia. Ése sería o tempo que necesitaría un alumno medio para optar á máxima nota da asignatura.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Non hai nengún segredo. Asistir a clase, involucrarse, parcitipar, facer uso das horas de tutoría, e estudiar diariamente.
    Observacións
    Os conceptos adquiridos nesta asignatura son de total utilidade en calquer plano da Física experimental nos que se recollan datos mediante instrumentación electrónica.