G1031327 - Óptica II (Fundamentos de Física) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 24.00
- Clase Interactiva Seminario: 24.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada
- Áreas: Óptica
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia1.-Aprehender os fundamentos (conceptos, principios e propiedades) da interferencia óptica e da coherencia óptica, e coñecer e saber formalizar diferentes procesos de interferencia óptica por división da fronte de onda e por división de amplitude tanto simple como múltiple.
2.-Aprehender os fundamentos da difracción óptica e coñecer e saber formalizar, baixo distintas aproximacións fundamentais, diferentes procesos de difracción óptica.
3.-Aprehender os fundamentos do tratamento difraccional da imaxe óptica xunto cos seus aspectos fotométricos fundamentais.
Contidos-Fundamentos da Interferencia: sinal analítica complexa; función de correlación; coherencia espacial e temporal.
-Interferencia por Division da Fronte de Onda. Interferencia simple: experiencia de Young e outros dispositivos interferenciais; interferencia de feixe múltiple: traslación dunha abertura no seu plano.
-Interferencia por Division da Amplitude de Onda: interferencia simple e múltiple en láminas; interferómetros de dous feixes: interferómetro de Michelson e outros dispositivos; interferómetro Fabry-Perot: poder cromático de resolución.
-Multicapas: multicapas antirreflectantes e de alta reflectancia; filtros interferenciais.
-Teoría Escalar da Difracción: principio de Huygens-Fresnel, zonas de Fresnel e curva de vibración; teorías de Kirchhoff e de Sommerfeld-Rayleigh.
-Difracción de Fraunhofer: aproximación de campo lonxano; difracción de Fraunhofer por distintas aberturas; poder de resolución.
-Redes de Difracción: ecuación da rede; poder cromático de resolución; superposición de ordes.
-Difracción de Fresnel: aproximación de campo próximo; integrais de Fresnel e espiral de Cornu; difracción de Fresnel por distintas aberturas e obstáculos.
-Teoría Difraccional da Imaxe: a formación da imaxe como un proceso de dobre difracción; método de contraste de fase.
-Estudo Enerxético e Psicofisico da Radiación: magnitudes radiométricas e fotométricas; fontes lambertianas; rendemento fotométrico dun instrumento óptico.
-Instrumentos Opticos: estudo xeométrico, físico e fotométrico dos instrumentos ópticos.
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica de Teoría:
-Optica, E.Hecht y A.Zajac, Fondo Educativo Interamericano, 3ª ed., 2000.
-Optica, J.Casas, Librería Pons, Zaragoza, 1994.
-Introduction to Modern Optics, G.R.Fowles, H.Rinehart-Winston Inc., 2nd ed., 1975.
-Optics, A.N.Matveev, MIR Publishers, 1988.
-Física (Vol.1), R.P.Feynman, Addison Wesley Iberoamericana, 1987.
Bibliografía Básica de Problemas:
-Teoria y Problemas de Optica, E.Hecht, McGraw-Hill, 1976.
-100 Problemas de Optica, P.M.Mejías y R.Martínez, Alianza Editorial, 1996.
-Problemas de Fisica General: Optica, D.V.Sivujin, Reverté, 1984.
Bibliografía Avanzada:
-Principles of Optics, M.Born and E. Wolf, Pergamon Press, 7th ed.(expanded), 2002.
-Diffraction, Fourier Optics and Imaging, O.K.Ersoy, John Wiley & Sons, Inc., 2007.
-Optica Avanzada. M. L. Calvo (coord.), Ariel Ciencia, 2002.
Competencias-Saber distinguir os diferentes tipos de fenómenos interferenciais, saber formalizalos e saber utilizalos para desenvolver pequenas aplicacións metrolóxicas segundo o tipo de interferómetro.
-Coñecer as propiedades e aplicacións dos principais elementos ópticos difractivos: placas zonais, redes de difracción, etc.,
-Coñecer a utilidade de instrumentos ópticos básicos e saber decidir sobre o seu uso ou incorporación noutros sistemas ópticos.
-Adquirir bases sólidas para o Máster de Fotónica e Tecnoloxía do Láser, ou outros Másteres que precisen coñecementos fundamentais de óptica física.
Metodoloxía da ensinanza -Organización das clases: clases expositivas onde se presentarán os aspectos teóricos conceptuais e formais da óptica física e clases interactivas co obxecto de afondar nos aspectos teóricos e de adquirir destrezas para o prantexamento e resolución de exercicios e problemas. Na medida do posible amosarase a relación da óptica con outras materias da titulación.
-Método de exposición-interacción: aos alumnos váiselles fornecendo dun material (en pdf, ppt, fotocopias, etc.) onde se recolle o desenvolvemento dos contidos teóricos que se explican na aula así coma exercicios e problemas para o traballo persoal do alumno, subliñando que non son apuntamentos senón un material de seguimento das clases tanto expositivas como interactivas.
-Actividades de reforzo: despois de impartidos contidos suficientes proporáselles aos estudantes a resolución de exercicios e/ou problemas, e mesmo, na medida do posible, a realización de traballos e/ou actividades, que lles axuden a asimilar e a afondar nos contidos da materia.
Sistema de evaluación-Avaliación mediante exame final escrito sobre os contidos da programación docente na data fixada no calendario oficial de exames do centro. Computará o 70% na nota final.
-Avaliación mediante actividades consistentes na realización de exercicios e/ou problemas e/ou traballos que computará o 30% na nota final.
-A cualificación final será a máis alta entre: a do exame final e a resultante da suma do 70% da nota do exame final co 30% da nota da avaliación de actividades.
Tempo de estudo e traballo persoal-Tempo estudo/Traballo persoal:
1.-Horas presenciais:
-Expositiva/Interactiva: 48 horas
-Avaliación: 7 horas (exame e actividades)
2.-Horas non presenciais:
-Teoría/Práctica: 55+40=90 horas
3.-Total volume de traballo: 150 horas
Recomendacións para o estudo da materia-Recoméndase repasar os conceptos básicos de ondas recibidos na titulación.
-Recoméndase un estudo ao día da materia (teoría e exercicios) para o seu axeitado seguemento, así como non memorizar a materia senón atender á súa comprensión.
-Requisitos previos recomendados: Física Xeral I-II. Métodos Matemáticos I-VI e Optica I; asemade recoméndase estar matriculado da materia de Técnicas Experimentais III.