Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

G1031342 - Física da Enerxía (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 4.50
  • Clase Interactiva Seminario: 13.50
  • Horas de Titorías: 2.24
  • Total: 38.24

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Física de Partículas, Electrónica e Computación
  • Áreas: Física Aplicada, Física da Materia Condensada, Física Atómica, Molecular e Nuclear, Electrónica
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
Fernández Pérez, Josefa.NON
GARCIA LOUREIRO, ANTONIO JESUS.NON
LOPEZ AGUERA, Ma ANGELES.NON
RODRIGUEZ AÑON, JOSE ANTONIO.SI
TABOADA ANTELO, PABLO.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON
Grupo /TI-ECTS02OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    A Física das Enerxías é unha materia nova encadrada nun área científica interdisciplinar onde conflúen a física, a bioloxía, a química, a enxeñería e as matemáticas principalmente, e que na actualidade constitúe un amplo e dinámico campo de trabajo docente e investigador, como o demostra o feito que unha institución de referencia como o Massachusetts Institute of Technology (MIT) a considerara no seu programa formativo e fora presentada como unha primicia mundial (http://physicsofenergy.mit.edu/) para o Curso 2009-2010. SO seu obxectivo principal de estudio son todos os procesos enerxéticos cos obxectivos claros de mellorar os rendementos e a diversificación das fontes enerxéticas como premisa básica para o sostemento da sociedade tecnolóxica actual. Polo tanto seu valor formativo no Grao de Física é fundamental.
    Consta de catro partes ben diferenciadas, ou bloques formativo-temáticos, e que se trataron tratado de construír de xeito intuitivo sobre a base dun proceso natural de presentación de coñecementos moi transversais e de evolución do aprendizaxe. Así temos:
    1. O primeiro bloque, formado por 3 temas, é introductorio está constituído polo TEMA 1. Introducción, o TEMA 2. Bases de enerxética, e o TEMA 3. Fontes de enerxía. A idea principal é presentar a materia e as bases en enerxética que van permitir ó alumno comprender o resto do temario e relacionalo cos coñecementos adquiridos durante a súa formación.
    2. O segundo bloque está constituído polo TEMA 4. Fundamentos de transferencia e almacenamento de enerxía. Neste bloque se propoñen as premisas básicas para comprender a conversión, o almacenamento, a conservación, e a transferencia da enerxía.
    3.O bloque terceiro está constituído polo TEMA 5. Eficiencia e xestión enerxética en diferentes procesos industriais. Este bloque é transversal ós dous primeiros e axuda a ter unha idea global de multitude de procesos enerxéticos en diferentes procesos industriais.
    4. O derradeiro bloque formativo está constituído por dous temas de complemento moi xerais, transversais e pensados para que o alumno vexa a aplicabilidade do que se lle transmitiu durante a materia. Así temos o TEMA 6. A enerxía e o medioambiente, e o TEMA 7. Situación actual das enerxías renovables en España e en Galicia e Revisión de proxectos emblemáticos. Nestes temas se presentan os problemas relacionados coa mala xestión das enerxías convencionais e os problemas ambientais globais que están producindo á vez, e en forma de opcións, se presentan diferentes propostas actuais e proxectos futuros en enerxías renovables, e se relacionan con problemas ambientais globais.
    Contidos
    TEMA 1. INTRODUCCIÓN. A dúbida enerxética na sociedade tecnolóxica actual, enerxía e sostibilidade.
    TEMA 2. BASES DE ENERXÉTICA. Unidades e escalas, enerxía mecánica, enerxía térmica, enerxía electromagnética, enerxía biolóxica e química, entropía e temperatura, máquinas térmicas.
    TEMA 3. FONTES DE ENERXÍA. Mecánica cuántica, forzas fundamentais, enerxía no Universo, nuclear (forzas nucleares, fusión, fisión, reactores, ciclos de combustible e seguridade), solar (enerxía do sol, fusión e emisión de corpos negros, espectro solar na Terra, avaliación potencial, instalacións de aproveitamento, semiconductores, células fotovoltaicas e eficiencia), fontes enerxéticas biolóxicas e fósiles, eólica (dinámica de fluídos, forza do vento, avaliación de recursos, deseño de aeroxeradores e de parques eólicos), enerxía xeotérmica, enerxía hidráulica (ríos, mareomotriz, mareotérmica e forza das olas), pilas de combustible e a tecnoloxía do hidróxeno.
    TEMA 4. FUNDAMENTOS DE TRANSFERENCIA E ALMACENAMENTO DE ENERXÍA. Conversión, almacenamento, conservación, e transferencia de enerxía.
    TEMA 5. EFICIENCIA E XESTIÓN ENERXÉTICA EN DIFERENTES PROCESOS INDUSTRIAIS.
    TEMA 6. A ENERXÍA E O MEDIOAMBIENTE. Cambio climático e perigo nuclear.
    TEMA 7. SITUACIÓN ACTUAL DAXYECTOS EMBLEMÁTICOS.
    Bibliografía básica e complementaria
    Energías renovables. Jaime González Velasco. Editorial Reverté. 2009. Barcelona.

    Energy and Climate Change. David A. Coley. John Wiley & Sons, Ltd. 2008. England.

    Alternative Energy Demystified. Stan Gibilisco. McGraw Hill. 2007. New York.

    Sustainable Energy-without the hot air. David J. C. MacKay. UIT Cambridge Ltd. 2009. Cambridge.

    http://physicsofenergy.mit.edu/

    http://www.inega.es/inega/2007/web/portada.php

    http://www.idae.es/index.php

    http://www.mityc.es/energia/es-ES/Paginas/index.aspx

    http://www.energy.gov/

    Competencias
    COMPETENCIAS

    Recuperar os coñecementos adquiridos nas materias experimentais nos cursos anteriores da súa formación e, debido á transversalidade da mesma, relacionar esta materia coas demais do Grao co obxectivo que o alumno motívese e vexa a utilidade desta no seu labor diario e preparación para o seu futuro profesional.
    Para iso haberá que axudar ao alumno a pór en práctica diferentes técnicas de aprendizaxe, expresión oral e escrita, e a afacerse á procura de temas na rede e acceso ás aulas de informática dos centros, bibliotecas, hemerotecas e outras instalacións de interese para a súa formación integral.
    Introducción do alumno en cuestións de Física das Enerxías como un inicio para o posgrao tendo en conta o Master en enerxías Renovables e Sostibilidade Enerxética que se está a impartir na Facultade.
    Así mesmo ao alumno supónselle a capacidade necesaria para afrontar o proceso de aprendizaxe teórica e práctico propio do Grao. Espérase que o alumno presente interese polo Grao elixido, e as inquietudes típicas dun alumno nunha carreira de ciencias experimentais, como a capacidade de análise e síntese, e o seu interese polo medioambiente e as innovacións tecnolóxicas que se solapan nesta materia.
    Intentar que os alumnos sexan os principais responsables do seu propio proceso de aprendizaxe e que no traballo diario adquiran unha actitude disciplinada e rigorosa.
    Cultivar a súa curiosidade científica, capacidade de observación e habilidade experimental fronte a un problema determinado que se lles presente. Propor problemas reais e solucións aos mesmos dun xeito científico.

    DESTREZA/HABILIDADES
    Razoar as cuestións que se propón ao longo do curso, adquirindo axilidade mental para a súa proposta razoable de acordo co método científico mediante o manexo conxunto de de coñecementos adquiridos nas materias cursadas durante o Grao. Manexo con destreza de determinadas técnicas de cálculo e algoritmos de resolución de problemas, e diferentes técnicas de uso cotián na Física das Enerxías e que teñen un fundamento físico.
    Adquirir facilidade de comprensión nas cuestións que se expón ao longo do curso e axilidade mental para a súa formulación razoable.
    Formulación de problemas reais e como enfrontarse a eles dun xeito científico.

    REQUISITOS PREVIOS ACONSELLABLES
    Ter cursadas as materias dos tres primeiros cursos do Grao. Así mesmo, sería recomendable un coñecemento básico de inglés. Tamén sería recomendable un coñecemento a nivel de usuario en informática para familiarizarse coas novas tecnoloxías á hora de dar calidade ás exposicións orais públicas, programas de tratamento de datos para analizar os datos obtidos no traballo de laboratorio, e navegación por Internet para ter o acceso mais directo e rápido á maior información posible.
    Valoraranse as habilidades na busca de material para o desenvolvemento dos temas, a capacidade de síntese na elaboración de traballos e o dominio dos temas.


    Metodoloxía da ensinanza
    Desenvolvemento do temario teórico en 20 clases de encerado en grupos grandes e 6 clases de encerado en grupos reducidos. De xeito paralelo se desenvolverán os seminarios durante as titorías en grupo reducido sen ordenador e en outras sesións có Profesor (12 clases) e outras actividades formativas (7) entre as que se contabilizan as titorías en grupos reducidos con ordenador e titorías individualizadas.
    A parte teórica desenvólvese con axuda de diferentes medios audiovisuais (transparencias, power-point, etc.) que xeren unha proposta atractiva dos contidos e faciliten a comprensión dos mesmos.
    Os alumnos poderán ter acceso aos temarios e ás cartillas de cuestións e problemas a través da web da materia na USC virtual.
    Sistema de evaluación
    O proceso de avaliación elixido baséase nunha avaliación continua ou un exame final en caso de non cumprir os criterios marcados para a evaluación continua. De forma mais explícita temos:

    1. Evaluación continua. Os criterios a seguir son a asistencia regular a clase, entendendo por regular unha asistencia superior 0 80 % das clases (terá unha valoración do 10 %), realización das actividades propostas na materia (valoración do 30 %), exposición oral dun traballo que se fará en grupo (valoración do 50 %), e aptitude en clase (valoración 10 %).
    2. De non cumprir calquera dos requisitos anteriores o alumno someterase a un examen. A calificación obtida neste examen será a que o alumno obteña como nota definitiva no proceso de avaliación da aprendizaxe.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Horas presenciais: 45
    Clases de encerado en grupo grande: 20
    Clases de encerado en grupo reducido: 6
    Titorías en grupo reducido sen ordenador/laboratorio: 6
    Titorías en grupo reducido con ordenador/laboratorio: 5
    Titorías en grupos moi reducidos o individualizadas: 2
    Outras sesións co profesor: 6


    Horas non presenciais para preparar cada un dos apartados anteriores: 67,5
    Estudio autónomo individual ou en grupo: 20
    Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 8
    Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 8
    Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante: 10
    Preparación de presentacións orais, debates ou semellante: 10
    Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 1
    Outras tarefas propostas polo profesor: 10,5

    Total horas: 112,5
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase asistir ás clases e intervir activamente nelas.
    Asistir ás titorías para resolver dúbidas e desenvolver os seminarios propostos para a sús exposición.
    Traballar en grupo desde o primeiro día en todos e cada un dos puntos (estudo teórico, resolución problemas e cuestións, traballo a presentar e defender, etc.).
    Resolver as cuestións e os problemas entregados nas cuartillas.
    Utilizar o libro que en cada capítulo aconséllase como principal para non perder tempo na procura noutros.
    Asistir continuamente ao longo do curso xa que durante as clases vaise esbozando o exame final nos debates e nás preguntas propostas.