G1031425 - Técnicas Experimentais IV (Técnicas Experimentais) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 6.00
- Total: 6.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 8.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 40.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 51.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física da Materia Condensada, Física de Partículas
- Áreas: Física da Materia Condensada, Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaEsta materia ten dous partes ben diferenciadas, o laboratorio de Física Nuclear e de Partículas e o laboratorio de Física do Estado Sólido, aínda que os seus dous obxectivos principais son comúns:
- Familiarizar ao alumno coas técnicas experimentais básicas utilizadas en Física Nuclear e de Partículas e en Física do Estado Sólido.
- Complementar os coñecementos teóricos adquiridos nas materias de Física Nuclear e de Partículas e Física do Estado Sólido con coñecementos prácticos.
ContidosI. LABORATORIO DE ESTADO SÓLIDO
1. Determinación de estruturas cristalográficas por difracción de raios x.
2. Comprobación experimental da ley de Wiedemann-Franz.
3. Efecto Hall en metais.
4. Efecto Hall e magnetorresistencia en semiconductores dopados (n-Ge y p-Ge).
5. Gap de enerxía no Ge.
6. Propiedades de los supercondutores: Diamagnetismo perfecto, resistencia eléctrica nula, corrente crítica.
7. Fotoconductividade.
II. LABORATORIO DE FÍSICA NUCLEAR E DE PARTÍCULAS
1. Caracterización da radiación ionizante con detectores Geiger
2. Espectroscopía gamma
3. Estudo da difusión Compton
4. Caracterización do espín nuclear en medidas de coincidencia gamma-gamma
5. Estudo da radiación cósmica
Bibliografía básica e complementariaI. LABORATORIO DE ESTADO SÓLIDO
- L. Marton, Methods of Experimental Physics: Vol. 6 Solid State Physics, Academic Press, 1959.
- L. Marton, Methods of Experimental Physics: Vol. 1 Classical Methods, Academic Press, 1959.
- C. Sánchez del Río, Análisis de Errores, Ed. Eudema, 1989.
- C. Kittel, Introducción a la Física del Estado Sólido, Ed. Reverté (3ª edición española, 1993).
- N. W. Ashcroft and N. D. Mermin, Solid State Physics, Philadelphia : Saunders College, cop. 1976.
II. LABORATORIO DE FÍSICA NUCLEAR E DE PARTÍCULAS
- G.F. Knoll, Radiation detection measurement, John Wiley and Sons, New York (1979)
- T. Soulfandis, Measurements and detection of radiation, McGraw-Hill, New York (1983)
- W.R Leo, Techniques for Nuclear and Particle Physics Experiments, Springer-Verlag (1987)
CompetenciasCompetencias xerais:
- Capacidade de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados de problemas, científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos de Física Nuclear e de Partículas e Física do Estado Sólido.
Competencias específicas:
- Capacidade de comparar novos datos experimentais de Física Nuclear e de Partículas e de Física do Estado Sólido con modelos dispoñibles para revisar a súa validez e suxerir cambios que melloren a concordancia dos modelos cos datos.
- Familiarizarse cos métodos experimentais máis usados da Física Nuclear e de Partículas e da Física do Estado Sólido, ademais da capacidade de realizar experimentos de forma independente, así como describir, analizar e avaliar críticamente os datos experimentais.
Metodoloxía da ensinanza A metodoloxía de cada unha das prácticas explícase en seminarios previos ao comezo das clases de laboratorio, nos que se fará unha introdución teórica e presentación de cada unha das prácticas dispoñibles e, no seu caso, sobre normas de seguridade e manexo de fontes radioactivas. No laboratorio débese estudar a montaxe experimental, realizar a toma de datos e as análises preliminares de devanditos datos cos modelos teóricos propostos nos seminarios. Finalmente os alumnos terán a posibilidade de volver ao laboratorio durante unha sesión de recuperación, tras a finalización das sesións ordinarias.
Sistema de evaluaciónSerá condición necesaria para superar a materia a asistencia do alumno a todas as sesións de prácticas, así como ás clases de introdución que se impartirán con anterioridade ás sesións de laboratorio. A avaliación do alumno basearase en tres criterios:
- A actitude e interese mostrado polo alumno no laboratorio será un criterio fundamental á hora de avalialo.
- Memoria escrita sobre as prácticas realizas.
- Exame oral e/ou escrito de cada unha das partes sobre conceptos básicos da materia e o contido das memorias presentadas. Haberá, polo tanto, dous exames parciais correspondentes a cada parte da materia. A nota destes exames suporá o 60% da cualificación final da materia.
Tempo de estudo e traballo persoal Traballo presencial:
- seminarios previos: 8 horas (4 horas para cada Laboratorio)
- sesiónes de prácticas: 40 horas (20+20)
Traballo non presencial e individual
- preparación das memorias: 70 horas
- sesión extraordinaria de prácticas (no seu caso): 6 horas
- preparación do exame: 20 horas