G1031426 - Astrofísica e Cosmoloxía (Estrutura da Materia) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 4.50
- Total: 4.5
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 18.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 6.00
- Clase Interactiva Seminario: 12.00
- Horas de Titorías: 2.25
- Total: 38.25
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
- Departamentos: Física de Partículas, Física de Partículas, Matemática Aplicada
- Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física Teórica, Astronomía e Astrofísica
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: null
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaFamiliarizar ao estudante coa composición, estrutura e escalas do Universo observable, dar a coñecer as principais técnicas de medición en astrofísica, os principais tipos de estrelas e as súas ecuacións de equilibrio e de evolución, así como o modelo estándar en cosmoloxía e as implicacións da expansión do Universo en distintos observables cosmolóxicos.
ContidosForma e dimensións da Terra. Elipsoide e xeoide. Coordenadas xeográficas. Esfera celeste. Coordenadas astronómicas. Movemento orbital da Terra. Eclíptica. Espectros estelares e a súa clasificación.
O Universo: Composición e escalas. Teoría da radiación. O corpo negro. O diagrama de Hertzsprung-Russel.
Ecuacións de equilibrio estelar. O teorema do virial. Evolución estelar: Escalas de tempos. Masa e radio de Jeans. A secuencia principal e alén da secuencia principal. Ananas brancas, xigantes vermellas, estrelas de neutróns e buratos negros.
Fundamentos de cosmoloxía: Principio cosmolóxico. Lei de Hubble e a expansión do universo. Principio de equivalencia e métrica do espazo-tempo. Ecuacións de Friedmann e modelos de universo.
Observacións: medidas de supernovas Ia, fondo cósmico de microondas e nucleosíntese primordial. Materia escura. Enerxía escura. Inflación. Historia térmica do universo. Big Bang.
Prácticas:
A esfera celeste. Coordenadas e Anuarios (Aula). Introdución á observación (Interactiva). O telescopio. Montaxe (Inter.)
Masas e temperaturas. Calibracións empíricas (Aula). Espectroscopía óptica (Aula). Obtención de espectros mediante un telescopio (Int). Análise espectral (Aula). Medidas estelares mediante CCDs (Int.)
Resolución numérica das ecuacións de equilibrio dunha estrela (na aula e como traballo persoal)
Bibliografía básica e complementariaAstronomía:
A. ABAD, J.A.DOCOBO e A.ELIPE :"Curso de Astronomía", Prensas Universitarias de Zaragoza, 2002
R.M.GREEN:"Spherical Astronomy" Cambridge University Press, 1985
D.GALADI-ENRIQUEZ e J.GUTIERREZ: "Astronomia General", Omega, 2001
Astrofísica:
B.W. CARROLL y D.A. OSTLIE, An Introduction to Modern Astrophysics. Addison Wesley Longman, 1996
E. BATANER, Introducción a la Astrofísica. Alianza Editorial. Ciencia y Tecnología
P.I. BAKULIN y otros. Curso de Astronomía General. Ed. Pueblo y Ciencia.
Cosmoloxía:
B. RYDEN, Introduction to Cosmology. Addison Wesley, 2003.
V. NARLIKAR, Introduction to Cosmology. Cambridge University Press 1993.
E.W. KOLB, M.S. TURNER, The Early Universe. Addison-Wesley, 1990.
CompetenciasCompetencias xerais: as establecidas na memoria de grao.
Competencias específicas:
Aprendizaxe das principais variables de medida en Astrofísica e Cosmoloxía.
Comprensión das ecuacións de equilibrio e de evolución estelar.
Comprensión dos principais acontecementos na evolución do universo e capacidade de interpretación das distintas observacións cosmolóxicas que levan ao establecemento do modelo cosmolóxico estándar actual.
Adquisición das técnicas de posicionamento e observación astronómica.
Metodoloxía da ensinanza O curso consta de clases teóricas expositivas que se complementarán con boletíns de problemas que serán discutidos na aula, facendo énfase nos problemas que xorden á hora de resolvelos e fomentando a participación dos alumnos. Así mesmo o curso consta de varias sesións de clases prácticas que se realizarán no observatorio astronómico da USC. Ademáis propoñerase un exercicio de resolución numérica do equilibrio estelar para que os alumnos o fagan como parte do traballo persoal.
Sistema de evaluaciónA cualificación final do curso será a suma ponderada da nota de evaluación ao longo do cuadrimestre baseada na participación do ou da estudante na aula e a realización de problemas e prácticas (40 %) e a nota do exame final (60 %).
Tempo de estudo e traballo persoalTempo de clases expositivas: 18 horas.
Tempo de clases de problemas e prácticas: 18 horas.
Tempo adicional estimado de traballo persoal: ao redor de 70 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaManexar con soltura conceptos doutras materias, entre elas a mecánica cuántica, mecánica estatística, termodinámica e física nuclear e de partículas. Seguir a materia de xeito constante, participando activamente nas clases tanto de teoría, formulando preguntas relevantes, coma nos problemas e nas prácticas. É interesante poseer coñecementos de informática, e en particular do programa Matlab.