Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

G1031446 - Biofísica (Materias optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 4.50
  • Total: 4.5
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Seminario: 18.00
  • Horas de Titorías: 2.25
  • Total: 38.25

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada
  • Áreas: Física Aplicada
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: null

Profesores

NomeCoordinador
SARMIENTO ESCALONA, FELIX MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIS_01OrdinarioClase Interactiva SeminarioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo desta materia é facer coñecer e comprender os principios físicos que rexen os procesos dos seres vivos.
    Contidos
    INTRODUCIÓN. Exame conceptual de Biofísica. Complexidade en sistemas biolóxicos. Procesos de autoorganización en Bioloxía. INTERACCIÓNS INTRA- E INTERMOLECULARES. Forzas estabilizadoras de estruturas biomoleculares (cohesivas, enlace de hidróxeno, electrostáticas, estéricas, hidrodinámicas). Cambios conformacionles e de fase en biomoléculas. Caracterización estrutural de biomoléculas por métodos físicos (Electroforesis, Viscosimetría, Gradientes de densidade, Dispersión de luz, Espectroscopia UV-vis, Espectroscopía de fluorescencia, Dicroismo circular, Dispersión de raios X, Resonancia magnética nuclear).
    TERMODINÁMICA DE SISTEMAS BIOLÓXICOS. Teoría lineal: Difusión isotérmica, sedimentación, transporte a través de membranas (activo, pasivo). Teoría non-lineal: estructuraciones en sistemas biolóxicos, caos en sistemas biolóxicos.
    NEUROBIOFÍSICA. Estrutura das células nerviosas. Potenciais de acción. Propagación do impulso nervioso. Teoría do cable e modelo de Hodgkin-Huxley. Plasticidad sináptica. Regras de aprendizaxe. Neurona formal e redes neuronais artificiais. Redes de aprendizaxe non asistida: redes de Hopfield. Redes de aprendizaxe asistida: redes de retropropagación. Redes neuronais: cara a un modelo biofísico da memoria?.
    BIOFÍSICA DA RADIACIÓN. Radiación e a súa medida. Descrición e interpretación da acción da radiación. Efectos moleculares da radiación. Efectos da radiación en estruturas biomoleculares, membranas, biomoléculas, células e organismos. Protección da radiación.
    CIBERNÉTICA. Teoria da información e teoría da comunicación. Canle de información unidireccional. Comunicación bidireccional. Sistemas de control e regulación.


    Bibliografía básica e complementaria
    -AURENGO, A., PETITCLERC, T., Biofísica, McGrawHill, 2008.
    -DAUNE, M., Molecular Biophysics. Structures in motion, Oxford
    University Press, 1999.
    -GLASER, R., Biophysics, Springer, 2001.
    -HOPPE (Editor), Biophysics, Springer-Verlag, 1983.
    -KATCHALSKY, A., CURRAN, P. F., Nonequilibrium
    Thermodynamics in Biophysics, Harvard University Press, 1982.
    -LASKOWSKI, W., POHLIT, W., Biofísica, Omega, 1982.
    -MONTERO, F, MORAN, F., Biofísica. Procesos de auto-organización en Biología, Eudema, 1992.
    -PATTABHI, V., GAUTHAM, N. Biophysics, Alpha Science, 2002
    -REMIZOV, A., Física médica y biológica, Mir, 1991.
    -VAZQUEZ, J., Biofísica: Principios fundamentales, EYPASA, 1993.
    -VOLKENSTEIN, M. V., Biofísica, Mir, 1985.
    -WAIGH, T. A., Applied Biophysics. A Molecular Approach for Physical Scientics, Wiey & Sons, 2007.

    Competencias
    Preténdese que se adquira:
    -Capacidade de describir, mediante un principio ou lei física, os procesos que ocorren nos sistemas biolóxicos.
    -Destrezas na resolución de problemas específicos de Biofísica, onde o concepto de complexidade ten unha gran importancia.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas (18 horas) terán a seguinte temporalización (en horas): Introdución (1), Interaccións intra- e intermoleculares (3), Termodinámica dos sistemas biolóxicos (4), Neurobiofísica (4), Biofísica da radiación (3) Cibernética (3). O/a alumno/a disporá dunha copia do tema antes de iniciar a explicación deste. As clases interactivas (18 horas) contemplarán catro aspectos:
    a) Clases de resolución de problemas, resolvendo aqueles propostos nos boletíns, directamente relacionados coa teoría explicada.
    b) Seminarios de ampliación e profundización naqueles aspectos teóricos de maior dificultade.
    c) Deseño e estructuración de traballos complementarios ao contido da materia.
    d) Practicas de laboratorio.

    Sistema de evaluación
    Utilizarase os seguintes criterios de avaliación:
    1) Avaliación continua, no que se valorarán as seguintes actividades de aprendizaxe:
    a) Asistencia a clase: 20%
    b) Participación activa en tarefas propostas: 20%
    c) Realización e presentación de traballos: 40%
    d) Prácticas de laboratorio: 20%
    2) Caso de non superar a materia por avaliación continua realizarase un exame que constará de dous partes con igual peso, teoría e problemas. O valor do exame será dunha porcentaxe complementaria ás actividades non realizadas: (100% se non se realiza ningunha actividade, 80% se só se asiste a clase, 60% se se asiste e participa activamente, etc)


    Tempo de estudo e traballo persoal
    Tal como reflicte a memoria do Grao en Física, referido ao traballo persoal do alumno, o número de horas estimadas para estudo e traballo persoal é de 80, cuxa distribución é a seguinte:
    -Estudo autónomo individual ou en grupo: 30 h.
    -Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 10 h.
    -Programación/experimentación ou outros traballos en ordenador/laboratorio: 10 h.
    -Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 7 h.
    -Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 15 h.
    -Asistencia a charlas, exposicións ou outras actividades recomendadas: 3 h.
    -Outras tarefas (procura bibliográfica): 5 h.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase un estudo continuado desde o primeiro tema, o uso da tutoría como medio de aclaración de conceptos e sobre todo, como orientación da aprendizaxe e a utilización de abundante material bibliográfico para consolidar e ampliar o subministrado na en clase.