Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1091104 - Propiedades eléctricas, magnéticas e ópticas en materiais (Materias Obrigatorias) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada
  • Áreas: Electromagnetismo
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BALDOMIR FERNANDEZ, DANIEL.SI
Fondado Fondado, Alfonso.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    O obxectivo principal desta materia é presentar as leis fundamentais que rexen as propiedades eléctricas, magnéticas e ópticas dos materiais tanto desde o punto de vista teórico como experimental.
    Contidos
    PROPIEDADES ELÉCTRICAS, MAGNÉTICAS E ÓPTICAS EN MATERIAIS.



    I. INTRODUCIÓN

    Darase unha idea xeral das bases do curso indicando como as propiedades eléctricas fundamentalmente están baseadas na resposta do material á aplicación dun campo eléctrico externo, do mesmo xeito que as magnéticas a un magnético e as ópticas á luz. Ademais indicaranse os distintos ordenes de magnitude destes distintos efectos físicos.



    I. PROPIEDADES ELÉCTRICAS.

    Dielectricidad e illantes:atómico, molecular e material masivo. Ferroelectricidad. Polarización para un campo eléctrico externo sinusoidal. Perdas eléctricas. Conductividad eléctrica. Lei de Ohm. Transporte termoeléctrico:efecto Seebeck, Thomson e Peltier.

    II. PROPIEDADES MAGNÉTICAS

    Diamagnetismo clásico de Langevin e de Landau. Paramagnetismo. Orde magnética colectivo: ferromagnetismo e ferrimagnetismo. Antiferromagnetismo. Magnetismo macrocópico: dominios magnéticos. Superparamagnetismo.



    III. PROPIEDADES ÓPTICAS

    Reflectancia óptica. Relacións de Kramers-Kronig. Excitones. Efecto Raman en cristais. Espectroscopia electrónica con Raios-X. Perdas electromagnéticas dunha partícula no sólido.

    Bibliografía básica e complementaria
    1. C.Kittel, Introduction to Solid State Physics,Wiley (8ª edición),2005.

    2. D.Jiles, Introduction to the electronic properties of materials, Chapman and Hall, 1994.
    Competencias
    O alumno debería coñecer as bases da Electrodinámica Clásica, a Mecánica Cuántica e o Estado Sólido.
    Metodoloxía da ensinanza
    Dado que hai alumnos con coñecementos básicos distintos, a estratexia consiste en presentar dun modo fenomelógico os contidos desta materia, para despois volver con máis rigor a mostrar a dedución desas fórmulas e a parte conceptual asociada.
    En paralelo reciben unhas clases de problemas específicos que clarifican e consolidan os coñecementos mostrados teoricamente por un segundo profesor.
    E finalmente un terceiro profesor preséntalles a parte experimental onde poden ver como funcionan estas leis físicas na práctica.
    Sistema de evaluación
    Exporáselles unha proba simple que mostre que coñecen a materia do curso no seu parte fundamental a fin de distinguir o distinto grao de coñecemento que posúen. Non ten porque ser un exame típico dado que non son moitos e sistematicamente asistiron a clase.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta é unha parte fundamental para seguir ben o curso. O tempo real depende das distintas formacións que se teña para os temas a desenvolver. O alumno debe ser o xuíz que saiba canto tempo lévalle a el entender a materia dada. Unha recomendación é que nunca debe ser menos tempo do que lle levou ao profesor en clase.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase ir ao día nos coñecementos que se van impartindo e ler en paralelo os temas nas referencias bibliográficas recomendadas. Se é posible débese estender o coñecemento a outras referencias que persoalmente estean máis próximas aos coñecementos do alumno. E todas as dúbidas ou preguntas que se lle presenten poden ser expostas aos profesores a fin de que sexan claramente resoltas.