P1091201 - Caracterización e propiedades físicas de fluídos con actividade superficial (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física Aplicada
- Áreas: Física Aplicada
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materia Establecer a importancia do estudo das interfases e aplicar os principios da termodinámica de superficies a esta clase de sistemas.
Describir as substancias que poden afectar ás propiedades físicas das interfases (tensioactivos) e analizar as súas aplicacións.
Clasificar os sistemas dispersos, describindo e mencionando as súas aplicacións.
Determinar experimentalmente os parámetros que caracterizan as propiedades físicas de fluídos con actividade superficial.
ContidosTERMODINÁMICA DE SISTEMAS CON INTERFASE.
Descrición fenomenolóxica. Panorama xeral da importancia das interfases. Tensión superficial e enerxía libre superficial. Ecuación de Gibbs-Duhem. Ecuación de Young-Laplace. Ascenso capilar. Ángulo de contacto e mollado. Métodos experimentais para determinar tensión superficial e ángulo de contacto. Cohesión, adhesión e esparexemento. Adsorción. Ecuación de adsorción de Gibbs. Isotermas de adsorción. Ecuacións de estado de superficie. Modelos de adsorción (ideal, Volmer, van der Waals, virial, Langmuir, Langmuir Estendido, BET,…)
AXENTES TENSIOACTIVOS.
Axentes tensioactivos. Clasificación. Aplicacións: deterxencia, lubricación, humectación, flotación, extracción, nucleación,…)
SISTEMAS DISPERSOS.
Clasificación. Fenómenos cinéticos (difusión, sedimentación…). Presión osmótica. Viscosidade. Interfases electrificadas. Dobre capa eléctrica. Electrocapilaridade.
ANÁLISES DE SUPERFICIES.
Técnicas experimentais de análise superficial. Este contido teórico está apoiado por prácticas de laboratorio.
Bibliografía básica e complementaria* Kaoru Tsujii, “Surface Activity. Principles, Phenomena, and Applications” Academic Press, 1988.
* Arthur W. Adamson and Alice P. Gast, “Physical Chemistry of Surfaces” John Wiley & Sons, 1997.
* Neil Kensington Adam, “The Physics and Chemistry of Surfaces” Dover Publications, 1968.
* Milton J. Rosen, “Surfactants and Interfacial Phenomena” John Wiley & Sons, 1989.
* Bo Jönsson, Björn Lindman, Krister Holmberg and Bengt Kronberg, “ Surfactants and Polymers in Aqueous Solution” John Wiley & Sons, 1998.
* Joaquín Catalá de Alemany, “Física general”, Valencia, 1977.
CompetenciasO curso dará unha visión ampla e específica dos aspectos máis relevantes relacionados cos fenómenos de superficie e sistemas dispersos.
Preténdese que os alumnos adquiran coñecementos, tanto básicos como aplicados, relacionados cos fenómenos de superficie e sistemas dispersos que existan no seu contorno.
Coñecer as principais técnicas experimentais empregadas no campo dos fenómenos superficiais.
Metodoloxía da ensinanza Tal e como establecen as directrices do máster, haberá unha serie de horas expositivas (normalmente faranse cadrar coa primeira das dúas horas de clase) e as restantes serán interactivas. Estas englobarán distintas actividades que requirirán en xeral dun estudo e preparación previos por parte do alumnado: discusión e resolución de boletíns de cuestións, resolución de problemas por parellas, exposicións curtas dos alumnos e debates. Tamén se programarán prácticas de laboratorio durante as horas de traballo interactivo.
O alumnado atopará moi diverso material de apoio para a aprendizaxe da materia na súa correspondente aula virtual (plataforma Campus Virtual da USC). Potenciarase a participación activa dos estudantes nela, así como a súa contribución ao enriquecemento de contidos mediante ferramentas como o foro.
Sistema de evaluación Oportunidade ordinaria do cuadrimestre: A avaliación dos alumnos realizarase tendo en conta a asistencia ás clases presenciais e a participación nelas (25%), a resolución de problemas nas clases de seminario (25%), as prácticas de laboratorio realizadas (25%) e a presentación, ben de xeito individual ou en grupo, dalgún problema de investigación actual relacionado con este campo (25%).
Oportunidade extraordinaria de recuperación: En función das razóns que concorresen para a non superación da materia na convocatoria ordinaria, os profesores poderán optar, ben pola realización dun exame escrito, ben polo encargo de tarefas non presenciais (algunhas das cales poderían requirir exposición oral), ben por unha combinación de ambos os dous instrumentos.
Tempo de estudo e traballo persoalAsistencia a clases expositivas/interactivas 9 h / 8 h
Realización de prácticas no laboratorio 4 h
Traballo persoal con recursos bibliográficos e informáticos 25 h
Asistencia a titorías 3 h
Deseño, preparación e elaboración dos traballos 15 h
Preparación de presentacións orais, debates, etc. 5 h
Recomendacións para o estudo da materiaTratar de levar a materia ao día, tanto para conseguir un mellor aproveitamento das clases presenciais como para acadar unha mellor puntuación nas diversas actividades interactivas.
Facer uso do material dispoñible na Aula Virtual da materia. Aconséllase acceder a esta plataforma con regularidade, para estar ao tanto das posibles novidades e das mensaxes no foro.
ObservaciónsAs clases serán impartidas en lingua galega (1ª parte, Pilar Brocos, coordinadora) e castelá (2ª parte, Alfredo Amigo).