P1091203 - Nanomateriais (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física da Materia Condensada
- Áreas: Física da Materia Condensada
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA Nanociencia é unha disciplina de recente creación que trata de explicar o comportamento de materiais do tamaño do nanometro, así como aproveitar, con fins tecnolóxicos, as súas peculiares propiedades estruturais, electrónicas, magnéticas, ópticas, etc (Nanotecnoloxía). O obxectivo desta materia é describir ao alumno algunhas destas propiedades, facendo un percorrido polas nanoestruturas de maior interese, desde clusters libres ata nanofíos e nanocristais (“quantum dots”).
Contidos1. Clusters libres. Propiedades estruturais. Estabilidade térmica.
2. Clusters soportados en substratos. Propiedades estruturais e magnéticas.
3. C60 e outros fullerenos.
4. Nanofíos. Propiedades de transporte térmico e electrónico.
5. Nanocristais.
Bibliografía básica e complementaria"Nanoparticles", Edited by Gunter Schmid, 2004, WILEY-VCH Verlag GmbH and Co. KGaA, Weinheim.
"Microcluster Physics", by Satoru Sugano and Hiroyasu Koizumi, 1998, Springer-Verlag, Berlin.
"Nano-Engineering in Science and Technology", by Michael Rieth, 2003, World Scientific Publishing Co. Pte. Ltd.
"Structure and Properties of Atomic Nanoclusters", by Xullo A. Alonso, 2005, Imperial College Press.
CompetenciasCoñecer as propiedades básicas de diversos tipos de nanomateriais, diferentes modelos que se utilizan hoxe en día para o seu estudo e as súas posibles aplicacións tecnolóxicas.
Metodoloxía da ensinanza O programa desenvolverase en 15 horas expositivas nas que se presentarán os diferentes temas, 5 horas de clases prácticas, 7 horas de titorías e 3 horas de actividades de avaliación.
Sistema de evaluaciónA cualificación final do alumno virá determinada polos dous factores seguintes:
a) Participación e aproveitamento dos seminarios teóricos (avaliación continua).
b) Nivel de coñecementos reflectido no desenvolvemento e exposición do traballo de investigación proposto (aínda que este traballo realizarase seguindo as directrices do profesor encargado da materia, valorarase moi positivamente a iniciativa persoal que adopte o alumno na preparación do mesmo).
Tempo de estudo e traballo persoalEstudo autónomo individual ou en grupo: 25 horas
Deseño, preparación e elaboración dos traballos propostos: 15 horas
Preparación das presentacións orais, debates, etc: 5 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno: 45
Recomendacións para o estudo da materiaEstudar a bibliografía que recomendan os profesores encargados da materia, consultándolles todas as dúbidas que se expoñan.