P1091204 - Materia Branda (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física da Materia Condensada
- Áreas: Física da Materia Condensada
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaA materia consta de dúas partes diferenciadas: unha primeira parte teórica na que se establecen os fundamentos termodinámico-estatísticos dos fluidos cargados complexos, e unha segunda parte na que se estuda dende unha perspectiva fenomenolóxica determinados aspectos dos sistemas coloidais, que comprenden a práctica totalidade da materia blanda. En particular, na primeira parte analizaránse as teorías de campo medio de disolucións iónicas, tanto homoxéneas (electrólitos) como inhomoxéneas (polielectrólitos, dispersións coloidais, etc.), así como as teorías de ecuacións integrais. Na parte final da materia estúdanse aspectos físicoquímicos de procesos de autoensamblaxe molecular que dan lugar a nanoestructuras coloidais de asociación.
Contidos1.- Teoría clásica de campo medio de disolucións iónicas: teorías de Debye-Hückel e Gouy-Chapman.
2.- Extensións da teoría clásica: modelo de Bjerrum, radio finito dos ions.
3.- Teorías de ecuacións integrais: MSA, PY, HNC.
4.-Teoría de campo medio exacta de disolucións iónicas: magnitudes renormalizadas.
5.- Teorías de polielectrólitos.
6. Natureza dos sistemas coloidais. Estabilidade coloidal. Coloides de asociación.
7. Determinación experimental e caracterización termodinámica de concentracións críticas en coloides de asociación.
Bibliografía básica e complementaria- J. -P Hansen, I.R. McDonald, Theory of Simple Liquids, 3ª Edicion, Academic Press, Amsterdam, 2006.
- R.A. Robinson, R.H. Stokes, Electrolyte Solutions, 2ª Edicion, Butterworths, Londres, 1959.
- L. M. Varela, M. García, V. Mosquera, Physics Reports, 382, 1-111 (2003).
- J. O'M. Brockris, A. K.N. Reddy, Modern electrochemistry. Vol. 1, Ionics / Plenum Press, Nueva York, 2000.
- P. -G. de Gennes, Scaling Concepts in Polymer Physics, Cornell University Press, Ithaca, 1996
- Physical Chemistry of Polyelectrolytes, Surfactant science series, vol. XIII, editado por Tsetska Radeva, Marcel Dekker, Nueva York, 2001.
- R.J. Hunter, Foundations of Colloid Science, 2ª Edición, Oxford University Press, USA, 2001.
CompetenciasO programa formativo de Materia Blanda facilitará a adquisición polos estudantes das seguintes competencias/destrezas específicas concretas:
• Coñecemento das principais técnicas teóricas e experimentales de tratamento dos sistemas que constitúen a denominada materia branda: fluídos cargados complexos, coloides, en particular de autosociación, polímeros, etc.
• Coñecemento das tecnologías e sistemas experimentais empregados na investigación dentro do ámbito da Materia Branda.
• Coñecemento e destreza no manexo das técnicas experimentais básicas de uso máis frecuente neste ámbito da Materia Condensada.
• Demostrar unha boa capacidade de comprender e criticar a literatura científica da súa área de especialización.
• Capacidade de identificar unha cuestión ou hipótese significativa sobre un tema ou problema e formular os obxectivos, deseño e seguimento dun proxecto para abordar a súa solución.
• Demostrar unha boa capacidade de comunicación oral e escrita para presentar dun xeito eficaz, con soltura e confianza, os resultados dun traballo experimental para a súa avaliación crítica por colegas ou revisores.
• Demostrar unha boa capacidade de divulgación científica fronte a un público non especializado, prestando unha atención especial ás implicacións sociais dos avances científicos.
• Demostrar unha boa comprensión dos aspectos éticos do exercicio profesional.
Así mesmo, o programa formativo de Materia Branda fomentará o desenvolvemento e consolidación de competencias xenéricas “transversais” que son consideradas fundamentais para a futura actividade profesional dos Graduados, entre as que cabería destacar:
- Comprensión do valor e dos límites do método científico.
- Capacidade de razoamento crítico e autocrítico.
- Capacidade de análise e de síntese.
- Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
- Capacidade de resolver problemas complexos.
- Capacidade de xerar novas ideas (creatividade).
- Iniciativa e espírito emprendedor.
- Capacidade de auto-avaliación e recoñecemento da necesidade da mellora persoal continua.
- Capacidade de actualizar o coñecemento de forma autónoma.
- Habilidade para traballar en equipos multidisciplinares.
- Capacidade para buscar, analizar e xestionar a información, incluíndo a capacidade de interpretación e avaliación.
- Destreza no manexo das ferramentas informáticas básicas.
- Compromiso ético.
- Comunicación oral e escrita en español e en inglés.
Metodoloxía da ensinanza -Lección maxistral.
-Prácticas tuteladas de laboratorio.
-Seminarios presenciais
-Discusión tutorizada sobre resultados da literatura científica.
-Elaboración e presentación final dun traballo persoal.
Sistema de evaluaciónA calificación final do alumno virá determinada por dous factores fundamentais:
a) Participación, nivel de implicación e aproveitamento dos seminarios teóricos (evaluación continua).
b) Nivel de coñecementos acadado, posti de manifesto no desenvolvemento do traballo de investigación tutorizado.
c) Examen final da materia para o que non teña superado a avaliacióncontinua.
Tempo de estudo e traballo persoal- 30 horas de lección maxistral.
- 10 horas de prácticas autorizadas no laboratorio
- 5 horas de seminarios
- 30 horas de traballo persoal do alumno
Recomendacións para o estudo da materia1. O estudo constante, o seguimento e interiorización ó día dos coñecementos introducidos durante as clases teóricas e de seminario, permitiránlle ó alumno un bo rendemento na materia e a optimización do seu tempo, pois poderá tirar un maior proveito das clases presenciais.
2. Consultar a bibliografía recomendada.
3. Utilizar as tutorías individualizadas e os seminarios dos profesores da materia para a realización dos traballos propostos.