P1091205 - Nanomateriais de base polimérica (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física da Materia Condensada
- Áreas: Física da Materia Condensada
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAs propiedades e as posibilidades tecnolóxicas dos materiais manométricos (ou nanomateriais) dependen predominantemente da súa composición, tamaño, estrutura superficial e interaccións entre partículas. O obxectivo principal desta materia é familiarizar aos alumnos con este tipo de materiais. Para isto daranse a coñecer as principais novidades científicas no campo dos nanomateriales. Ao finalizar o curso, o estudante deberá comprender os aspectos fundamentais do concepto de nanopartícula e a tecnoloxía asociada a el; os tipos de sistemas (partículas, nanofíos, nanotubos e superficies; e as aplicacións tecnolóxicas destes sistemas.
ContidosO contido da materia desenvolverase da forma que se detalla a continuación.
Temario/Epígrafes
1. Introdución
2. Comportamento fásico, transicións e fenómenos de autoensamblaxe en polímeros
3. Copolímeros de bloque
4. Coloides poliméricos
5. Xeles e redes poliméricas
6. Polímeros naturais con importancia nanotecnolóxica
7. Nanocompostos
Bibliografía básica e complementariaBlock Copolymers in solution. Fundamentals and applications.
Ian W. Hamley
Wiley VCH. 2004
Principles of NANOTECNOLOGY
G. A. Mansoori
Word Scientific 2005
The physics of block copolymers
Ian W. Hamley
Oxford Science Publications, 1998
Block Copolymer in Nanoscience
Massimo Lazari, Guojun Liu, Sébastien Lecommandoux,
Wiley-VCH, 2006
Block Copolymer as a Tool for Nanomaterial Fabrication
Massimo Lazari, M. Arturo López Quíntela
Advanced Materials 15, 1583, 2003
Biological Sofá Materials
Ian Hamley, Valeria Castelletto
Andgevandte Chemie 46, 4442, 2007
CompetenciasCompetencias específicas
- Familiarizar aos alumnos cos nanomateriais de base polimérica.
- Aplicar con propiedade os coñecementos de Física, Química e Bioloxía ao estudo deste tipo de materiais.
- Desenvolver a capacidade para construír modelos que idealicen a realidade científica, acordes a este nivel.
- Desenvolver a capacidade de análise e de resolución de problemas básicos.
- Que o alumno se familiarize coas técnicas experimentais relacionadas no estudo destes materiais.
Competencias xerais
As relacionadas co desenvolvemento da materia:
- Manexo de recursos bibliográficos e informáticos.
- Manexo de material científico.
- Habilidade no tratamento de datos.
Metodoloxía da ensinanza a) Clase de pizarra en grupo grande.
Impartiranse os conceptos teóricos de cada tema con apoio de medios audiovisuais, utilizando a pizarra como instrumento de aclaración e de complementariedade.
Ao finalizar o tema expoñeranse cuestións relacionadas con el. Iranse propondo distintos pasos para a súa resolución. Se o alumno é capaz de expoñela por se mesmo, continuarase co seguinte paso, en caso contrario analizarase de forma detallada.
O obxectivo é que o alumno aplique os coñecementos adquiridos á resolución de problemas relacionados cos nanomateriais de base polimérica.
b) Clases e titorías de pizarra en grupo reducido.
Clase fundamentalmente práctica na que se resolverán os problemas e exercicios propostos. É fundamental aquí a participación do alumno xa que vai permitir a realización de parte da súa avaliación continua. Nas titorías levaranse a cabo a aclaración de dúbidas sobre aspectos teóricos e prácticos que o alumno poida ter, así como a supervisión, presentación, exposición, debate ou comentarios de traballos propostos ou de calquera outra actividade exposta, realizadas tanto de forma individual como en grupo. Esta actividade por parte do alumno incluirase na súa avaliación continua.
c) Titorías en grupos moi reducidos ou individualizadas.
Prestarase atención individualizada ao alumno que o necesite.
Sistema de evaluaciónAvaliación continua (25%)
Obxectivo: avaliar o proceso de aprendizaxe do alumno.
Trátase de desenvolver a creatividade e a imaxinación así como mostrar os beneficios do traballo en grupo.
Os estudantes de forma individual e/ou en grupo (cun máximo de tres integrantes) poderán ser avaliados pola exposición oral de pequenos traballos relacionados cun tema de interese ou materia complementaria a un tema do programa, así como calquera outra actividade relacionada coa materia que poida xurdir e que permita avaliar o proceso de aprendizaxe dos alumnos e a súa integración nun grupo.
Outro aspecto da avaliación continuada corresponde á realización de controis mediante a realización de probas que se resolvan individualmente ou en grupo e cuxo interese non será tanto a realización correcta das mesmas senón a súa discusión e formulación.
Avaliación individualizada (75%)
Obxectivo: avaliar os coñecementos individuais do alumno.
Para iso realizarase un exame final (en data programada polo centro).
Avaliación global
A cualificación final do alumno non será en ningún caso inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
Evaluación global
A cualificación será de SUSPENSO si o alumno non obten unha cualificación igual ou superior a 5 entre as tarefas de avaliación continua e o examen final.
A cualificación de "no presentado" outorgarase de acordo coas disposicions da normativa de permanencia nas titulacións de grao e posgrao vixente na USC.
Tempo de estudo e traballo persoalTRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO
Clases expositivas.Presentación e explicación dos temas 25 h
Clases prácticas 10 h
Prácticas 5 h
Titorías de traballos de curso 5 h
Total horas de traballo presencial do alumno 45 h
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 40 h
Deseño, preparación e elaboración dos traballos prácticos 15 h
Lecturas recomendadas 15 h
Preparación de presentacións orais, debates, etc. 5 h
Total de horas de traballo persoal do alumno 75 h
Recomendacións para o estudo da materiaÍnstase ao alumna/o a que curse previamente as materias obrigatorias do Master.