P1091207 - Introdución ao estudo dos biomateriais. Biocerámicas (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
- Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoObxectivos da materiaTrátase dun curso de introducción aos biomateriais, con particular atención ás biocerámicas. Pretende informar ao alumno sobre as características, tipos e funcións dos biomateriais (metais, polímeros, cerámicas e materiais compostos), desenvolvendo con máis extensión os coñecementos sobre Biocerámicas, a súa fabricación, propiedades e aplicacións, tanto por si mesmas, como formando parte de dispositivos e materiais complexos.
Contidos INTRODUCCIÓN.
1.- Biomateriais. Clasificacións. Desenvolvemento histórico.
2.- Interaccións biomaterial-tecido vivo.
3.- Aplicacións e mercados.
II: TIPOS DE BIOMATERIAIS.
4.- Metais. Tipos e características. Aplicacións.
5.- Polímeros. Tipos e características. Aplicacións.
6.- Cerámicas. Tipos e características. Aplicacións.
7.- Materiais compostos. Tipos e características. Aplicacións.
III: BIOCERÁMICAS.
8.- Procesamento cerámico.
9.- Biocerámicas inertes.
10.- Biocerámicas activas. Sínteses de fosfatos cálcicos.
11.- Biocerámicas activas. Procesamento de fosfatos cálcicos.
12.- Biocerámicas activas. Biovidrios e vitrocerámicas.
13.- Cementos e pastas inxectables.
14.- Dispositivos complexos.
15.- Enxeñería de tecidos para substitución e rexeneración óse
Bibliografía básica e complementariaBibliografía Básica
Biomaterials Science. Ratner, B. D. Elsevier. 2004.
Bibliografía complementaria
Bioceramics. Shackelford, J. F.Trans Tech Publications.1999.
An Introduction to Bioceramics. Hench, World Scientific Publishing Company L. 1994.
CompetenciasTrala realización do curso o alumno adquirirá distintas competencias relacionadas:
COMPETENCIAS ACADÉMICAS
1. Coñecemento dos biomateriais e da Ciencia y Tecnoloxías implicadas no seu deseño, fabricación e uso.
2. Comprensión da naturaleza, propiedades e características dos biomateriais e o deseño dos mesmos.
3. Comprensión das relacións natureza-procesamento-propiedades nos biomateriais.
4. Coñecemento a nivel medio dos distintos tipos de biomateriais cerámicos existentes, da súa obtención, procesamento, propiedades e usos.
COMPETENCIAS XERAIS.
A superación da materia contribuirá a mellorar as capacidades dos alumnos na identificación de relacións problemas-teoría-práctica, típicas da Ciencia de Materiais. Así mesmo, e de forma máis xeral, o curso mellorará a capacidade de trabalo en grupo dos alumnos, a habilidade para a redacción de memorias e informes técnicos e o seu coñecemento da industria real.
Metodoloxía da ensinanza O curso estructúrase sobre a base de 30 horas de clases teóricas e 15 horas de seminarios prácticos. As clases teóricas impartiranse na aula, conapoio de proxeccións de ordenador e transparencias, e as clases prácticas en seminarios e prácticas.
Os alumnos realizarán varios tipos de traballos:
• Un traballo, realizado en grupos de dous ou tres alumnos, referente a un material cerámico, que incluirá un resumo sobre a natureza, preparación e propiedades do material, os seus usos e o seu mercado.
• Unha memoria individual sobre o curso, na que se recolla: o programa da materia comentado, un resumen de prácticas e seminarios.
• Unha memoria de cada unha das visitas a fábricas realizadas.
No curso incluiranse visitas a fábricas e hospitais, estimadas nunhas catro por curso. Cada visita será preparada previamente cunha pequena exposición sobre a empresa, o seu proceso de fabricación, os seus productos e a súa situación no mercado. No caso de hospitais, impartirase unha conferencia específica por persoal do Centro e visitaranse quirófanos e demais instalacións.
Sistema de evaluaciónEmpregarase unha avaliación mixta, baseada en:
a) Cualificación obtida polo alumno nun exame final, consistente nun ou dous problemas e catro ou cinco preguntas cortas. Cualificación: sobre 10 puntos (teoría: 5 puntos; problema(s): 5 puntos. Non se admiten preguntas ou problemas en branco.
b) Cualificación conseguida na avaliación dos traballos realizados durante o curso.
c) Avaliación continua en prácticas, seminarios e visitas a fábricas.
O apartado "a" contrubuirá cun 80 % na nota final e os a partados "b" e "c" cun 10 % cada un deles
Tempo de estudo e traballo persoalEstimase un tempo total de traballo do alumno de arredor de 115 horas, distribuídas como sigue:
Clases teóricas: 30 horas.
Prácticas e seminarios: 15 horas.
Visitas a fábricas: 15 horas.
Realización de traballos e memorias: 25 horas.
Exame: 3 horas.
Estudio: 27.
Recomendacións para o estudo da materiaRelativas a materia.
- Coñecementos previos de Química e Física Xerais. Coñecementos de Bioloxía ou Medicina.
- Curso previo de Ciencia de Materiais e/ou de Cerámica.
Xerais.
Constancia ao longo do curso e asistencia a clases, seminarios e visitas a fábricas.