Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1091208 - Materiais de interese biofísico e biotecnolóxico (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada
  • Áreas: Física Aplicada
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
PRIETO ESTEVEZ, GERARDO.NON
SARMIENTO ESCALONA, FELIX MIGUEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Familiarizar ao estudante con este tipo de materiais de enorme importancia na actualidade. Cómo se caracterizan e cómo inflúen as características moleculares nas súas propiedades físicas que os fan tan útiles polas súas aplicacións biofísicas e biotecnológicas.
    Contidos
    TEMA I. BIOPOLÍMEROS, PROTEÍNAS, ACiDOS NUCLÉICOS. Conformacións. Forzas intermoleculares. Estruturas. Caracterización por métodos físicos.

    TEMA II. MÁQUINAS MOLECULARES. Transducción de enerxía libre. Máquinas químicas. Dependencia forza-fluxo. Motor de proteínas.

    TEMA III. SISTEMAS DE LIBERACIÓN E TRANSPORTE. Preparación, caracterización e estabilidade. Interaccións con biomoléculas. Aplicacións non-médicas.

    TEMA IV. NANOTUBOS E NANOFIBRAS. Preparación, estrutura e propiedades. Aplicacións de interese biofísico e biotecnolóxico (sensores, absorción, liberación de fármacos, composites
    Bibliografía básica e complementaria
    DAUNE, M. Molecular Biophysics. Structures in motion. Oxford University Press, 1999.

    DRESSELHAUS, M. S.; DRESSELHAUS, G.; AVOURIS, Ph. (Eds.). Carbon nanotubes. Synthesis, Structure, Properties and Applications. Springer, 2000.

    LASIC, D. D.; BARENHOLZ, Y., (Eds.). Nonmedical Applications of Liposomes. CRC Press, 1996, Vol. I and II.

    MEYYAPPAN, M. (Ed.). Carbon nanotubes. CRC Press, 2005.

    OSTRO, M. J. (Ed.). Liposomes. Marcel Dekker, 1983.

    TUSZYNSKI, J. A.; KURZYNSKI, M. Introduction to Molecular Biophysics. CRC Press, 1998.

    Competencias
    O carácter de especialización da materia debe levar a que, a final de curso, o alumnado adquira as seguintes capacidades e destrezas:

    Capacidade de correlacionar estrutura molecular con función.

    Capacidade de interpretación e análise de resultados experimentais de caracterización estrutural.

    Destrezas no deseño teórico de estruturas para realizar unha dterminada función.

    Metodoloxía da ensinanza
    Desenvolvemento do temario teórico (clases maxistrais e seminarios) de forma paralela á parte práctica, durante dúas horas á semana nos meses de febreiro e marzo e dúas horas no mes de abril.

    Combinaranse os medios audiovisuais con explicacións na pizarra.

    O alumnado terá á súa disposición os correspondentes temas, así como boletíns de problemas e cuestións prácticas. Tamén se lle entregrán diferentes traballos de investigación relacionados cos temas para a súa interpretación e coñecemento.

    Sistema de evaluación
    A avaliación confórmase coas seguintes compoñentes:

    1. Contínua (50%). Corresponde á asistencia a clase, actividades dentro da aula, resolución de problemas, realización de prácticas de laboratorio.

    2. Elaboración a nivel individual e exposición pública dun traballo relacionado coa materia. Debate co profesor e o grupo (50%).

    3. Exame escrito, en caso de non superar satisfactoriamente os apartados (1) e (2).

    Tempo de estudo e traballo persoal
    Traballo presencial do alumno, 30 horas coa seguinte distribución:

    Clases expositivas, presentación e explicación dos temas: 17 horas
    Clases prácticas: 3 horas
    Prácticas de laboratorio: 7 horas
    Trutorías de traballos de curso: 3 horas

    Traballo persoal do alumno, 45 horas coa seguinte distribución:

    Estudo autónomo individual ou en grupo: 26 horas
    Deseño, preparación e elaboración dos traballos prácticos: 7 horas
    Lecturas recomendadas: 7 horas
    Preparación de presentacións orais, debates, etc.: 5 horas