Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1091210 - Magnetismo de sólidos (Optativo) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física Aplicada
  • Áreas: Electromagnetismo
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
BALDOMIR FERNANDEZ, DANIEL.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioSINON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Esta materia é un curso de introdución a un dos campos hoxendía máis activos da Física de materiais, o magnetismo. Partindo desde conceptos básicos de electromagnetismo e mecánica cuántica, discutiranse os fenómenos magnéticos básicos tanto desde un punto de vista experimental como teórico. Poñerase énfase nunha aproximación fenomenolóxica, sacrificando ás veces desenvolvementos máis precisos e complexos.
    Contidos
    INTRODUCIÓN: Momentos e campos. Teorema de Bohr-van Leeuwen e necesidade dunha descrición cuántica do magnetismo.
    MOMENTOS MAGNÉTICOS ILLADOS: Diamagnetismo e paramagnetismo.
    AXUSTE ENTRE MOMENTOS: Interacción dipolar magnética, interacción de intercambio. Intercambio directo, indirecto e dobre intercambio.
    ORDE E ESTRUTURAS MAGNÉTICAS: Ferromagnetismo, antiferromagnetismo, ferrimagnetismo.
    ORDE E RUPTURA ESPONTÁNEA DE SIMETRÍA: Modelos de transicións de fase magnéticas. Magnóns e teorema de Mermin-Wagner.
    MAGNETISMO E ESTRUTURA ELECTRÓNICA: Ferromagnetismo itinerante e antiferromagnetismo itinerante.

    Bibliografía básica e complementaria
    - "Magnetism in Condensed Matter", Stephen J. Blundell. Oxford University Press (2001). (A70-388 4).
    - “Magnetism: Fundamentals”, E. du Trémolet de Lacheisserie, Springer, 2005. (A41-224).
    - “Magnetism: from fundamentals to nanoscale dynamics”. J. Stöhr, H. C. Siegmann, Springer, 2006. (A41-223).

    Competencias
    Ao finalizala, os alumnos deberán estar preparados para describi-los tipos fundamentais de magnetismo e de seren capaces de aplica-los coñecementos teóricos para recoñecelos en sistemas reais.
    Metodoloxía da ensinanza
    As clases expositivas consistirán basicamente en leccións impartidas polo profesor, dedicadas á exposición dos contidos teóricos. As interactivas consistirán na resolución de problemas ou exercicios, sempre procurando a maior implicación do alumno, e na análise de experimentos. Con respecto ás titorías, atenderase aos estudantes para discutir cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
    Sistema de evaluación
    A avaliación continua realizarase en base á observacíon do traballo en clase. Ao final do curso realizarase, sobre un tema da bibliografía recente e de interese para a materia, un traballo en formato artigo para a súa presentación en clase, cuxo valor será polo menos do 40% da nota final.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Total horas de traballo presencial do alumno: 21 horas
    Total de horas de traballo persoal do alumno: 54 horas

    Recomendacións para o estudo da materia
    Recoméndase leva-la materia ao día así como repasar aqueles puntos doutras que presenten para o alumno algunha dificultade, facendo uso das titorías no horario establecido.