P1091211 - Materiais de baixa dimensionalidade e nanoestructurados (Optativo) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física da Materia Condensada
- Áreas: Física da Materia Condensada
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 2º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaIntrodución á física dos materiais que presentan efectos de baixa dimensionalidade debido á competición entre lonxitudes características. Presentaranse tanto unha introdución dos conceptos xerais como varios casos concretos representativos, por exemplo as películas delgadas e os superconductores nanoestructurados. Salientaranse os aspectos experimentais da síntese e caracterización dos materiais e da análise das súas propiedades.
Contextualización dos requisitos previos: Os requisitos de matriculación son os xerais do máster. Recomendase poseer coñecementos de física estadística elemental e de estado sólido a nivel básico, aínda que non son extrictamente imprenscindibles para o aproveitamento e superación da materia.
Contidos1.- PROPIEDADES DOS MATERIAIS CON DIMENSIONALIDADE REDUCIDA.
Competición de lonxitudes (efectos de tamaño finito, lonxitudes de coherencia). Efectos sobre as propiedades de transporte, magnéticas e térmicas. Aplicación aos supercondutores. Outras aplicacións.
2.- TÉCNICAS DE SÍNTESES E CARACTERIZACIÓN DE PELÍCULAS DELGADAS E OUTROS MATERIAIS NANOESTRUCTURADOS.
Crecemento de películas delgadas por pulverización catódica. Outras técnicas de crecemento de películas delgadas. Litografías óptica e electrónica, e gravado iónico. Técnicas de caracterización por microscopías electrónica e de forza atómica, e difración de raios x. Aplicación aos supercondutores. Outras aplicacións.
Bibliografía básica e complementaria----BIBLIOGRAFIA BASICA:
-E.L. Wolf, Nanophysics and Nanotechnology, Wiley (2006).
----Complementaria: O alumno poderá consultar se así o desexa a seguinte BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA:
-D. Depla, S. Mahieu, Reactive Sputtering Deposition, Springer (2008).
-C.G. Stefanita, From Bulk to Nano, Springer (2008).
-R. Behrisch, W. Eckstein, Sputtering by Particle Bombardment, Springer (2007).
-J. Goldstein et al., Scanning Electron Microscopy and X-Ray Microanalysis, Springer (2003).
-E. Meyer, Scanning Probe Microscopy, Springer (2003).
-M. Ohring, The Materials Science of Thin Films, Academic Press (2002).
-Y. Murayama, Mesoscopic systems, Wiley (2001).
-A. Cornet, J.P. Deville, Physique et Ingénierie des Surfaces, EDP Sciences (1998).
-J.H. Davies, The Physics of Low-Dimensional Semiconductors, Cambridge University Press (1998).
-L. Reimer, Scanning Electron Microscopy: Physics of Image Formation and Microanalysis, Springer (1998).
-M. Tinkham, Introduction to Superconductivity, McGraw-Hill (1996).
--A guía docente da materia e os guións e resto de material para as actividades de laboratorio estarán dispoñibles públicamente antes do comenzo do curso académico no sitio web http://lbts.usc.es/wikidocente . Tambén no campus virtual da USC e nas páxinas web do máster (http://www.usc.es/posgrao/materiais ), nas datas en que aos xestores dos ordenadores deses servidores lles sexa posible (o acceso para estudantes ao campus virtual da USC require matricularse previamente na materia).
CompetenciasCoñecer as técnicas experimentais básicas de síntese e caracterización de películas delgadas e outros materiais con dimensionalidade reducida e as súas principais propiedades.
Metodoloxía da ensinanza Clases maxistrais, de problemas, e de laboratorio. Os alumnos realizarán traballos prácticos e escritos, e presentacións orais. Buscarase que a distribución das horas a dedicar a cada actividade formativa sexa aproximadamente como segue:
-Traballo presencial do alumno: Clases expositivas, e presentación e explicación dos temas: 12 horas. Clases prácticas: 3 horas. Prácticas: 10 horas. Tutorías de traballos de curso: 4 horas. Actividades de avaliación: 1 hora.
-Traballo persoal do alumno: Estudo autónomo individual ou en grupo: 15 horas. Deseño, preparación e elaboración dos traballos prácticos: 25 horas. Lecturas recomendadas: 2 horas. Preparación de presentacións orais: 3 horas.
É obrigatorio o uso da plataforma de campus virtual da USC.
Sistema de evaluaciónPara todos os alumnos, a cualificación de "non presentado" outorgarase de acordo coas disposicións da normativa de permanencia nas titulacións de grao e posgrao vixente na USC.
Para os criterios con respecto á asistencia ás clases, serán de aplicabilidade os criterios xerais dispostos na memoria da titulación e na "Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao espazo europeo de educación superior" vixente na USC (acordo de consello de Goberno de 25 de marzo de 2010).
--- OPORTUNIDADE ORDINARIA (alumnos non repetidores de cursos anteriores):
A nota final resultará da avaliación continua dos alumnos, que se fundamentará na realización por parte dos mesmos de varios traballos escritos, algúns deles relacionados cos traballos prácticos, e breves presentacións orais. Esta avaliación poderá así mesmo ser modulada, ata un máximo dun 25%, pola valoración por parte do profesor da participación activa do alumno nas actividades presenciais. É imprescindible a realización dos traballos escritos da parte experimental. É obrigatorio o uso da plataforma de campus virtual da USC.
---OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA DE RECUPERACIÓN (alumnos non repetidores de cursos anteriores):
A avaliación dos alumnos na oportunidade extraordinaria de recuperación seguirá os mesmos criterios que na ordinaria. O alumno poderá entregar novos traballos escritos para a evaluación continua. Para os traballos non renovados conservaranse as cualificacións anteriores.
---ALUMNOS REPETIDORES DE CURSOS ANTERIORES:
A avaliación dos alumnos repetidores seguirá os mesmos criterios que para os non repetidores. O alumno entregará novos traballos escritos para a evaluación continua. Para os traballos non renovados conservaranse as cualificacións anteriores.
Tempo de estudo e traballo persoalDe acordo coa seguinte distribución:
-Traballo presencial do alumno:
Clases expositivas. Presentación e explicación dos temas: 12 horas.
Clases prácticas: 3 horas.
Prácticas: 10 horas.
Tutorías de traballos de curso: 4 horas.
Actividades de avaliación: 1 hora.
-Traballo persoal do alumno:
Estudo autónomo individual ou en grupo: 15 horas.
Deseño, preparación e elaboración dos traballos prácticos: 25 horas.
Lecturas recomendadas: 2 horas.
Preparación de presentacións orais: 3 horas.
Recomendacións para o estudo da materiaÉ moi recomendable asistir ao maior número posible de clases presenciais e usar a bibliografía. É obrigatorio o uso da plataforma de campus virtual da USC.