P1101103 - Traballo Fin de Máster (Módulo III: Traballo Fin de Máster) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 24.00
- Total: 24.0
- Horas ECTS
- Clase Interactiva Seminario: 31.50
- Horas de Titorías: 94.50
- Total: 126.0
Outros Datos
- Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física de Partículas, Física de Partículas
- Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear, Física Teórica
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materiaAdquirir e poñer en práctica abelencias e coñecimentos relacionados co Máster por medio da realización dun traballo de profundización do estudio ou de investigación, vinculado a un ou máis dos grupos de investigación implicados na docencia do Máster. Nos casos nos que o alumno/a vaia continuar na fase de realización da tese de doutoramento procurarase que este traballo supoña a preparación e o inicio da tese.
ContidosOs alumnos/as deberán realizar o seu traballo dentro das líneas de investigación vixentes dos grupos de investigación implicados no Máster.
Bibliografía básica e complementariaSerá proporcionada por cada titor/a ao alumno/a, en función da temática do traballo fin de máster.
CompetenciasTodas as consideradas no Máster: xerais, específicas, transversais, especialmente as relacionadas co desenvolvemento do método científico: revisión bibliográfica, plantexamento de obxectivos, elaboración de hipóteses, deseño experimental, metodoloxía, mostraxes e toma de datos, análises e interpretación de datos, discusión de resultados, definición de conclusións, redacción de traballos científicos, exposición oral, etc.
Metodoloxía da ensinanza Os titores/as do Traballo Fin de Máster orientarán e avaliarán as distintas etapas do mismo: definición de obxectivos, estado actual do problema que se pretende resolver, metodoloxía, análise e interpretación de datos, resultados e discusión, conclusións, redacción de documentos científicos. Pola súa banda, os alumnos/as levarán a cabo o traballo en base ás premisas fixadas. Polo tanto, serán necesarias reunións, transmisión de material científico e instruccións, e tamén intervención práctica dos alumnos para aplicar as metodoloxías de realización pertinentes.
Sistema de evaluaciónOs alumnos/as realizarán un traballo que se plasmará nun documento escrito, e que será presentado polo alumno/a públicamente ante un tribunal de profesores/as do Máster.
Tempo de estudo e traballo persoalOs correspondentes ao número de créditos asignados.
Recomendacións para o estudo da materiaAs que fixe de forma individualizada o tutor/a para o alumno/a.