Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1101204 - Física de Partículas Avanzada (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 3.00
  • Total: 3.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 9.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
  • Horas de Titorías: 3.00
  • Total: 24.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física de Partículas
  • Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
Adeva Andany, Bernardo.NON
GALLAS TORREIRA, ABRAHAM ANTONIO.NON
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE.NON
SANTAMARINA RIOS, CIBRAN.SI

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego


  • Obxectivos da materia
    Proporcionar unha visión actual, de orientación fenomenolóxica, dunha serie de temas que se atopan na fronteira do coñecemento en Física de Partículas Elementais. Os temas non pretenden cubrir todo o campo, e están ligados sobre todo, aínda que non exclusivamente, coas últimas xeracións de aceleradores.
    Contidos
    Contidos
    I) SIMETRÍAS DISCRETAS. Paridade e conxugación de carga. Descrición dos experimentos clave relativos a estas simetrías, dende as referencias clásicas ata a actualidade. Polarización lonxitudinal de electróns beta, asimetrías na desintegración de muóns e de neutróns polarizados, violación de paridade en átomos, dispersión inelástica de electróns polarizados e desintegración do positronium. Reversión temporal e invariancia CPT. O operador de reversión temporal T e a súa relación cos momentos dipolares eléctricos. Experimentos clave na busca de momento dipolar eléctrico no neutrón, muón e electrón. Experimentos sobre CPT en trampas de Penning (electrón-positrón e protón–antiprotón).

    II) FÍSICA ELECTRODEBLE. O mecanismo de Higgs no Modelo Estándar. Desintegracións dos bosóns W y Z. Os efectos electrodebles na aniquilación e+e-. A matriz de CKM. As correntes neutras con cambio de sabor. Datos actualizados sobre os elementos da matriz CKM. Física de neutrinos. Masas e oscilacións dos neutrinos. Neutrinos de Majorana. Desintegración dobre beta sen neutrinos. Violación CP en mesóns K, D y B. A matriz de masas mesón-antimesón. O desenrolo temporal das oscilacións para mesóns neutros. A amplitude de transición no Modelo Estándar, tanto K0 como B0. O Hamiltoniano efectivo e a violación CP. Diagramas tipo penguin. A amplitude de transición para mesóns D0 . Masa e diferencia de vidas medias para mesóns Bs. Partículas de Higgs. Os acoplos do bosón de Higgs. Tests de precisión da teoría. Canles de desintegración. Produción do Higgs en colisionadores electrón-positrón e en colisionadores hadrón-hadrón. Outros esquemas de ruptura de simetría.

    III) BÚSQUEDA DE NOVAS PARTÍCULAS NO LHC. Os experimentos ATLAS e CMS. Descrición xeral, obxectivos físicos e complementariedade. os sistemas magnéticos. Os detectores centrais. A calorimetría. Os detectores de muóns. A arquitectura do trigger e a arquitectura da computación. Busca do bosón de Higgs no LHC: inclusiva, a través da fusión de bosóns vectoriais e da produción asociada con pares top-antitop. Física de quarks b no LHC. Os acoplos Yukawa do quark b nas 3 xeracións no experimento LHCb.

    IV) FÍSICA DO ESPÍN DO PROTÓN. As funcións de estrutura polarizadas. Regras de suma para a función de estrutura g1. Lepto-produción hadrónica y contribución gluónica polarizada Delta(g). Cuestións abertas sobre o espín do protón.

    Bibliografía básica e complementaria
    Perspectives on LHC Physics G. Krane, A. Pierce World Scientific (2008)
    Fundamentals of Neutrino Physics C. Giunti, Chung W. Kim, Oxford U. Press (2007)
    Discrete Symmetries and CP Violation M. Sozzi Oxford Graduate Texts (2006)
    The Spin Structure of the Proton S.D. Bass , World Scientific (2008)
    Electroweak Theory Emmanuel A. Paschos, Cambridge University Press (2007)


    Competencias
    Coñecemento previo de signaturas propias da especialidade de Física de Partículas, como Teoría Cuántica de Campos I, Física de Partículas I e II, Aceleradores e Detectores, Física Nuclear, e Astrofísica e Gravitación.
    Metodoloxía da ensinanza
    Discutiranse co profesor aspectos relacionados cos distintos temas, baseados na lectura da bibliografía existente.
    Sistema de evaluación
    Realizaranse exposicións orais de aspectos concretos dos temas.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    Esta é unha signatura de 3 créditos ECTS. Os alumnos atenderán a unhas 24 horas de clase presencial, incluíndo titorías. O tempo de estudio autónomo estimado é de aproximadamente 50 horas.
    Recomendacións para o estudo da materia
    Lectura atenta da bibliografía indicada de libros de texto, así como das referencias a publicacións orixinais que alí se sinalen.