P1101207 - Radioactividade Ambiental (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014
Información
- Créditos ECTS
- Créditos ECTS: 3.00
- Total: 3.0
- Horas ECTS
- Clase Expositiva: 9.00
- Clase Interactiva Laboratorio: 12.00
- Horas de Titorías: 3.00
- Total: 24.0
Outros Datos
- Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
- Departamentos: Física de Partículas
- Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear
- Centro: Facultade de Física
- Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
- Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)
Profesores
Horarios
Programa
Existen programas da materia para os seguintes idiomas:
CastelánGalegoInglésObxectivos da materia- Familiarizar o alumno cos procesos básicos da radiactividade que, de forma natural ou a través da acción do home, está presente no medio.
- Introducir as principais técnicas de medidas utilizadas.
- Dar a coñecer a gran variedade de aplicacións ambientais que se derivan do uso de radionúclidos.
- Facilitar nObjetivos da materia
- Familiarizar o alumno cos procesos básicos da radiactividade que, de forma natural ou a través da acción do home, está presente no medio.
- Introducir as principais técnicas de medidas utilizadas.
- Dar a coñecer a gran variedade de aplicacións ambientais que se derivan do uso de radionúclidos.
- Facilitar nocións sobre os programas de vixilancia radiolóxica que se desenvolven, resaltando o caso particular español.
- Informar acerca da normativa legal existente en materia de radiación natural, tanto no noso país coma en EU.ociones sobre os programas de vixilancia radiolóxica que se desenvolven, resaltando o caso particular español.
- Informar acerca da normativa legal existente en materia de radiación natural, tanto no noso país coma en EU.
Contidos1. Introdución.
- Concepto de radiactividade. Vidas medias. Unidades. Concepto de dose
- Partículas ionizantes- Perda de enerxía e poder de freado
- Radiación electromagnética- interacción da radiación electromagnética coa materia
- Isótopos radiactivos naturais, cosmogénicos, artificiais e materiais NORM
- Desintegración radiactiva: ecuacións xerais, equilibrio secular, equilibrio transitorio, non equilibrio
- Radiactividade natural e artificial: presenza e impacto no medio
2. Determinación de parámetros radiolóxicos en mostras ambientais
-Aspectos estatísticos específicos das medidas de radiactividade ambiental
-Instrumentación aplicada a medidas de radiación nuclear de moi baixo fondo
- Preparación de mostras e separación radioquímica. Realización dunha práctica
3. Detección dos principais isótopos radiactivos naturais e artificiais.
-Detección do Uranio e os seus descencientes
-Medidas de Radon. Realización dunha práctica de medida de actividade de radon en aire
-Detección de 137Cs, 90 Sr e tricio. Práctica de determinación de radiactividade en augas
4. Vixilancia ambiental
- Autoridade Competente
- Sistemas e redes de vixilancia. Implementación española
- Lexislación/ Normativa en materia de radiación ambiental
5. Aplicacións ao uso de radionúclidos en estudos ambientais
- Uso como trazadores.
- Aplicacións a cronoloxía, hidroloxía, xeoloxía
Bibliografía básica e complementaria- Introductiory Nuclear Physics, K. S. Krane , John Wiley & Sons
- Handbook of radioactivity analysis, M. F. L'Annunziata, Esevier 2003
- Man-made and natural radiactivity in environmental pollution and radiocrhonology, R. Tykva abd D. Berg, Kluwer Academic Press
- Curso sobre medidas de radiactividad ambiental del CEDEX
- Environmental radiactivity from natural, industrial and military sources, M. Eisenbud and T. Gesell. Academic Press Inc
- Environmental Radionulides: Tracers and Timers of terrestrial processes by K. Froehlich, Elsevier
- Isotopes in the Water cycle, by J.R Gat and K, Fiehlig, Springer
CompetenciasCoñecementos previos de física nuclear.
Nocións de Interacción radiación- materia
Metodoloxía da ensinanza Nesta materia combinaranse as clases expositivas con seminarios, prácticas no laboratorio e traballos.
Nas clases expositivas o profesor proporcionará aos alumnos a información necesaria para que estes alcancen un coñecemento profundo dos temas tratados.
A realización de prácticas realizarase no laboratorio de investigación do GENP-LAR utilizando detectores e técnicas de medida actuais.
Sistema de evaluaciónAvaliación contínua: asistencia, participación.
Realización das prácticas.
Realización de traballos monográficos
Tempo de estudo e traballo persoalUnhas 3 horas de traballo individual por hora lectiva.