Saltar ao contido principal
Inicio  »  Centros  »  Facultade de Física  »  Información da Materia

P1101209 - Técnicas de Programación, Simulación e Análise de Datos (Módulo II: Materias Optativas) - Curso 2013/2014

Información

  • Créditos ECTS
  • Créditos ECTS: 6.00
  • Total: 6.0
  • Horas ECTS
  • Clase Expositiva: 18.00
  • Clase Interactiva Laboratorio: 24.00
  • Horas de Titorías: 6.00
  • Total: 48.0

Outros Datos

  • Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007
  • Departamentos: Física de Partículas
  • Áreas: Física Atómica, Molecular e Nuclear
  • Centro: Facultade de Física
  • Convocatoria: 1º Semestre de Titulacións de Grao/Máster
  • Docencia e Matrícula: Primeiro Curso (1º 1ª vez)

Profesores

NomeCoordinador
ALVAREZ POL, HECTOR.NON
HERNANDO MORATA, JOSE ANGEL.NON
SABORIDO SILVA, JUAN JOSE.NON

Horarios

NomeTipo GrupoTipo DocenciaHorario ClaseHorario exames
Grupo /CLE_01OrdinarioClase ExpositivaSISI
Grupo /CLIL_01OrdinarioClase Interactiva LaboratorioNONNON
Grupo /TI-ECTS01OrdinarioHoras de TitoríasNONNON

Programa

Existen programas da materia para os seguintes idiomas:

  • Castelán
  • Galego
  • Inglés


  • Obxectivos da materia
    Preténdese que o alumno acade un coñecemento introductorio das principias ferramentas e métodos de computación-programación usadas na actualidade nos experimentos de física nuclear e física de partículas. O nivel acadado polo alumno permitiralle entender sin difcultade os programas escritos por especialistas e diseñar por él mesmo programas sinxelos. Espérase que ó término do curso terá os suficientes coñecementos para ser capaz de aprender a usar, de forma autónoma, o software utilizado nos grandes experimentos de física nuclear e de partículas
    Contidos
    • Programación Orientada a Obxectos: implementación en C++ e/ou Python.

    • Técnicas de simulación con GEANT4.

    • Técnicas de análise de datos con ROOT.

    • Introducción ás tecnologías de computación GRID.
    Bibliografía básica e complementaria
    • Data Analysis Techniques for High-Energy Physics. R. Frühwirth et al. Cambridge Monographs on Particle Physics, Nuclear Physics and Cosmology.

    • Numerical Recipes in C++. The Art of Scientific Computing. William H. Press et al. Cambridge University Press, 2002.

    • Scientific and Engineering C++. John J. Barton, Lee R. Nackman, Lee R. Nackman. Addison Wesley Professional, 1994.

    • Learning Python. Mark Lutz, David Ascher. O'Reilly, 1999.

    • http://geant4.web.cern.ch/geant4. Geant4 is a toolkit for the simulation of the passage of particles through matter.

    • http://root.cern.ch. An Object Oriented Framework For Large Scale Data Analysis

    Competencias
    Este curso debe proporcionarlle ao alumno a capacidade de:

    • Diseñar pequenos programas usando linguaxes de programación orientada a obxectos, como o C++ e/ou Pyhton.
    • Entender e introducir cambios/melloras en grandes programas escritos por especialistas.
    • Diseñar, usando GEANT4, un programa de simulación dun experimento pequeño de física nuclear ou de partículas.
    • Usar ROOT como ferramenta de análise de datos.
    • Usar, de xeito introductorio, os servicios de computación que se poñen ao servizo dos ususarios a través das tecnoloxías de computación GRID.

    Metodoloxía da ensinanza
    As clases dividiranse en sesións expositivas, nas que se lles presentará aos alumnos os conceptos esenciais por medio de diapositivas. Sesións interactivas en grupos pequenos, nas que os alumnos resolverán supostos prácticos ca axuda do profesor. E sesións tutoriais nas que, individualmente ou en grupos moi reducidos, se atenderá individualmente a cada alumno.
    Sistema de evaluación
    Faráse unha evaluación continuada do alumno para garantizar unha progresión axeitada na adquisición dos coñecementos e habilidades. Para eso o profesor discutirá nas clases interactivas as solucións propostas polos alumnos aos casos prácticos plantexados.
    Tempo de estudo e traballo persoal
    O tempo de traballo na aula en presencia do profesor é de 48 horas distribuídas do seguinte xeito:

    • 18 horas de clase expositiva en grupo grande.
    • 24 horas de clase interactiva en grupos reducidos.
    • 6 horas de tutoría para cada alumno.

    O tempo de traballo persoal autónomo do alumno estímase aproximadamente en 100 horas.

    Recomendacións para o estudo da materia
    Resulta moi importante que o alumno teña un hábito regular de estudio e dedique un certo porcentaxe de traballo de cada semana a esta asignatura. Débese recalcar, asimesmo, a necesidade de que o alumno asista a todas as clases e que elabore por sí mesmo as solucións aos casos prácticos propostos. Para que o aprendizaxe sexa real non basta con leer as solucións que outros elaboren.